DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 17 de marzo de 2004 Páx. 3.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Celta Prix, S.L. Sufi, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Celta Prix, S.L. Sufi, S.A. (código 2700911), da provincia de Lugo, asinado o día 19 de decembro de 2003, pola representación da mentada empresa e dos seus traballadores e de conformidad co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de xaneiro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Celta Prix Sufi, S.A. para o centro de traballo de Chantada, Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionaria dos servicios públicos de limpeza viaria e recollida de lixo do concello de Chantada: Celta Prix Sufi, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Chantada, no cal Celta Prix Sufi, S.A., realiza por concesión administrativa do Concello de Chantada, a limpeza viaria e recollida de lixo no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello de Chantada.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración do 3 anos, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2004 ó 31 de decembro de 2006.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2004, con efectos económicos desde a devandita data.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración do 3 anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2006, pactándose de común acordo que con antelación do 2 meses á data de expiración se considera automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio os salarios son os sinalados nas táboas que se anexan.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Durante a vixencia do convenio serán os sinalados nas táboas que se anexan.

Artigo 9º.-Complemento penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa anexa.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas e media, tendo dereito a media paga no mes de marzo, e 2 pagas completas nos meses de xullo e decembro respectivamente, nunha contía de salario base máis antigüidade; as devanditas pagas aboaranse do día 15 dos meses de marzo, xullo e decembro respectivamente.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional do 30 días naturais. O período vacacional será durante todo o ano, excepto o mes de agosto. Durante o primeiro trimestre do ano elaborarase un calendario que recollerá os períodos de desfrute de cada traballador. En tódolos casos, o traballador terá que coñecer con 2 meses de antelación os seus períodos de desfrute.

Artigo 12º.-Incapacidade temporal.

As contías de aboamento do diferencial entre a prestación e a percepción do traballador, que suplementará a empresa, será a seguinte: para o ano 2004, ata o 100% do salario que lle corresponda ó traballador en caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional; para o mesmo ano 2004 a empresa non suplementará cantidades polo concepto de enfermidade común. Para o ano 2005, o suplemento a cargo da empresa por accidente de traballo e enfermidade profesional será ata o 100%; e para o caso de enfermidade común ata o 80%. Para o ano 2006, os suplementos a cargo da empresa, tanto por accidente de traballo, como enfermidade profesional, ou enfermidade común, serán ata o 100%.

Artigo 13º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano as seguintes pezas:

Conductores:

Inverno:-1 pantalón.-1 camisa.-1 anorak.

-1 par de botas de seguridade.-1 xersei.-1 cazadora.-Luvas anticortes.

Verán:-1 pantalón.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.

Peóns:

Inverno:-2 pantalóns.-2 camisas.-2 xerseis.-1 cazadora.-1 anorak.-1 traxe de augas.-1 par de botas de seguridade.-1 par de botas de auga.-1 gorra de inverno.-Luvas anticortes.

Verán:-1 pantalón.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.-Gorra de verán.

A roupa de traballo entregarase:

-A roupa de verándo 1 ó 15 de maio.-A roupa de invernodo 15 ó 30 de setembro.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria que debe interpretar este convenio estará composta polo delegado de persoal e polo representante da empresa; ás reunións da comisión poderá asistir un asesor por cada unha das partes.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

Artigo 15º.-Garantía do posto de traballo.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre os que se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente artigo:

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de finalización, perdida, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físi-

cas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal fose a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ó citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores, con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incoroporasen á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos 4 meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, tendo cumpridos 64 anos dentro dos 4 últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima nela dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódolos supostos anteriormente recollidos deberán ser acreditados, de maneira que se dea fe e documentalmente, pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, e no prazo do 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante, ou a saínte, lle comunique de maneira que dea fe á outra empresa o cambio na adxudicación do servicio.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ó producirse a subrogación, desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento do outro período lle corresponde ó anterior adxudicatario, que o deberá efectuar na correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimiento para as partes ás que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente e traballador.

Se o cliente rescindise a contrata a unha empresa para deixar de presta-lo servicio, ou realizalo por si mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

No suposto de que unha ou varias contratas das que a actividade vén sendo desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto do seu posterior adxudicación, pasará a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizasen o seu traballo na empresa cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal for a súa modalidade de contrato de traballo, e todo iso mesmo cando con anterioridade traballasen noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subrogaranse así mesmo os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive, e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servicios resultantes.

No caso de que distintas contratas, servicio, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou en varias, a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo en que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos 4 meses anteriores e todo iso mesmo cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores que se encontren nos supostos 2 a 5, ambos inclusive e que prestasen os seus servicios nas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

A subrogación de persoal, así como os documentos que hai que facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división delas, así como nas agrupacións que daquela se poidan efectuar, mesmo tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas ou entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso mesmo cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por un lado e o empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación de persoal, nos termos indicados e iso con independencia tanto da aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, como de existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas á que é obxecto de sucesión.

A empresa saínte deberalle entregar á entrante os seguintes documentos:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das 4 últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia do TC-1 e TC-2 de cotización da Seguridade Social dos últimos 4 meses.

-Relación de persoal especificando: nome, apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada,

horario, modalidade de contratación e data de desfrute de vacacións. Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período do seu mandato.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

Respecto á xornada laboral páctase o seguinte:

Para o ano 2004: 40 horas semanais.

Para o ano 2005: 39 horas e 30 minutos.

Para o ano 2006: 39 horas.

Establécese unha libranza para tódolos traballadores, dun sábado ó mes.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

Para tódolos traballadores contratarase por parte da empresa unha póliza de seguro individual ou colectiva que cobre en caso de morte ou invalidez derivada de accidente laboral, por unha contía do 12.020,24 euros para os anos 2004-2006.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, salvo en casos de forza maior. Neste suposto establécese unha contía do 7 euros por hora extra realizada con revisión anual segundo táboas.

Artigo 19º.-Festivos.

Os festivos traballados aboaranse cun sobresoldo do 42 euros por día traballado.

Artigo 20º.-Festividad patronal.

A festividade de San Martín de Porres o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. En caso de coincidir en festivo ou en día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores anterior ou posterior.

Artigo 21º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

-15 días por matrimonio.

-2 días en caso de nacemento de fillo.

-2 días por enfermidade grave ou muerte de familiares ata segundo grao, por consanguinidade ou afinidade.

-4 días cando o motivo anterior necesite realizar desprazamento.

-1 días por traslado de domicilio habitual.

-5 días por asuntos propios, distribuídos da seguinte forma:

- Ano 2004: 2 días.-Ano 2005: 3 días.-Ano 2006: 5 días.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

Os permisos por asuntos propios non poderán ser desfrutados en sábado, só se poderá desfrutar dun permiso por día.

Artigo 22º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles unha revisión médica unha vez ó ano, que se realizará en Chantada. Os resultados da revisión seranlles entregados ó traballador.

Artigo 23º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade devengarase por trienios e quinquenios cunha contía do 30 euros mensual segundo a táboa.

PeríodosEuros

530

860

1390

16120

21150

24180

Artigo 24º.-Anticipos reintegrables.

A empresa creará unha bolsa do 3.000 euros cun límite do 300 euros por traballador/ano, co fin de lles facilitar ós traballadores anticipos sobre o seu salario. O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 12 pagas seguintes.

Artigo 25º.-Incremento salarial.

Durante a vixencia do convenio será o sinalado nas táboas que se anexan.

Artigo 26º.-Complemento nocturno.

O complemento nocturno valorarase segundo as táboas que se anexan.

Artigo 27º.-Complemento de actividade.

O complementode actividade valorarase segundo as táboas que se anexan.

Artigo 28º.-Pagamento de salarios.

Os salarios aboaranse de acordo ó legalmente previsto.

Artigo 29º.-Garantías sindicais.

Quédase ó legalmente previsto.

Cláusula adicional

As partes asinantes do convenio conveñen o aboamento dunha paga única, ou sexa por unha sola vez, de carácter lineal, que ten como causa o asinamento do convenio e por un importe do 300 euros para cada traballador.

Proposta táboa salarial

Táboa salarial ano 2004

CategoríasSalario b.Compl. transp.Compl. actividadeCompl. penosoCompl. noct.Total

14.51212298298

Conductor día657,6088,4002,19011.249,80

Conductor noite657,6088,4002,192,7412.066,51

Peón día605,2288,4002,02010.438,29

Peón noite605,2288,4002,022,5211.190,52

Festivo: 42.

Táboa salarial ano 2005

CategoríasSalario b.Compl. transp.Compl. actividadeCompl. penosoCompl. noct.Total

14.51212298298

Conductor día647,0590,6103,37011.865,75

Conductor noite674,0590,6103,374,2113.121,25

Peón día620,3590,6103,10011.006,58

Peón noite620,3590,6103,103,8812.161,79

Festivo: 42.

Táboa salarial ano 2006

CategoríasSalario b.Compl. transp.Compl. actividadeCompl. penosoCompl. noct.Total

14.51212298298

Conductor día690,8992,8705,52012.778,39

Conductor noite690,8992,8705,526,9114.838,06

Peón día635,8692,8705,08011.849,64

Peón noite635,8692,8705,086,3613.744,54

Festivo: 42.