DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 17 de marzo de 2004 Páx. 3.667

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2003 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de hostalería.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2003 do convenio colectivo para o sector hostaleria (código 2700325), asinado o día 14 de novembro de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (46,5%), CC.OO. (32,6%), CIG (14%) e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de

maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de xaneiro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo