DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 17 de marzo de 2004 Páx. 3.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o 20 de novembro de 2003 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 20 de novembro de 2003 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (41,6%), FECOMA-CC.OO. (43,9%) e FCM-CIG (7,9%), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2004 no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de decembro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 41,6%:

Adolfo Mosteirín Turia.

José Luis Castrillón López.

José Luis Combarro Infante.

Manuel José Fernández Rodríguez.

Por FECOMA-CC.OO. co 43,9%:

Ángel Barreiro Pérez.

José Antonio Cabo Martínez.

Jesús Varela Lodeiro.

José Manuel Brea Méndez.

Por FCM-CIG co 7,9%:

Iñaki García Gómez.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Carmen Antas Pérez.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

Luciano Méndez Lodos.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 20 de novembro de 2003, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, con obxecto de proceder á constitución da Comisión Mixta Deliberadora do Convenio de Edificación e Obras Públicas da Provincia de Lugo, coa representatividade que se indica, e recoñecéndose lexitimación para negociar, adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar constituída a Comisión Mixta Deliberadora do Convenio Colectivo Provincial de Edificación e Obras Públicas da Provincia de Lugo, que queda integrada polas representacións que figuran relacionadas á marxe, para negociación e elaboración de calendario laboral para o ano 2004.

Segundo.-Inicia-las deliberacións para elaboración do calendario laboral para o ano 2004, e adapta-la xornada laboral ás 1.750 horas establecidas no convenio.

Terceiro.-Despois dunha ampla deliberación acórdase a aprobación do calendario laboral para o ano 2004, que se achega á presente.

Cuarto.-Habilitar e autorizar expresamente a asesora da Comisión Negociadora, María Pilar Díaz Rodríguez co fin de realiza-las xestións necesarias para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación dos acordos adoptados no DOG e BOP.

E en proba de conformidade asínase a presente acta polos integrantes da Comisión Mixta Deliberadora, no lugar e data expresados no encabezamento.