DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515), asinado o día 1 de decembro de 2003, pola representación da Asociación de Transporte de Viaxeiros e das centrais sindicais UGT (59,1%), CC.OO. (13,6%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 29 de decembro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo

2003-2004

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións deste convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados a actividades do transporte de viaxeiros por estrada de Lugo, así como o persoal que, en adiante, forme parte dos seus cadros de persoal.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo regula as relacións laborais entre as empresas dedicadas ó transporte de viaxeiros na provincia de Lugo e ó persoal que nelas preste os seus servicios, quedando excluídos das disposicións deste convenio as persoas que desempeñan cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio afecta a Lugo e provincia así como os centros de traballo situados nela, aínda que as empresas tivesen o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2004.

Artigo 5º.-Denuncia.

Rematada a vixencia deste convenio colectivo, enténdese automaticamente denunciado, sen necesidade de formalidade ningunha, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a sinatura doutro que os substitúa.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

En caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará a súa totalidade, sen eficacia práctica, negociándose todo o seu contido, quedando mentres vixente o anterior convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas, respectándose as condicións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as convidas, manténdose ad personam en canto excedan das pactadas.

En ningún caso serán absorbibles polas melloras estipuladas neste convenio os suplidos por gastos que as empresas viñan satisfacendo ós/ás seus/súas traballadores/as.

Artigo 8º.-Lexislación supletoria.

Tódolos aspectos que non estean desenvoltos neste convenio colectivo estarán ó disposto no Estatuto de traballadores, Real decreto 1561/1995, convenio da OIT nº 153 Regulado pola CEE nº 3820/1985 e 3821/1985, como norma supletoria e demais disposicións legais de xeral aplicación. A ordenanza laboral de transporte por estrada asumirase como corpo do convenio podendo ser modificados estes aspectos só se se acorda entre as partes en convenios posteriores.

Artigo 9º.-Xornada de traballo para o persoal de movemento.

A xornada ordinaria de traballo será de 1.800 horas anuais, en cómputo bimensual, considerándose como horas extraordinarias as que excedan da dita xornada; respectándose, en todo caso, a normativa vixente en materia de conducción.

O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias, agás dúas veces por semana, que poden chegar a 10 horas, sendo de aplicación os regulamentos da CEE 3820/1985 e 3821/1985, así como o Real decreto 1561/1995.

Descanso diario: once horas consecutivas, non obstante, pode reducirse o descanso diario de once a nove horas, tres veces por semana, pero á semana seguinte haberá de compensa-lo descanso non tomado. Tamén o descanso de once horas se pode subs

tituír por un descanso tomado en dous ou tres períodos durante as 24 horas, un dos períodos será como mínimo, de oito horas, entón o descanso diario pasa a doce horas.

Nos transportes interurbanos, ningún traballador poderá conducir de maneira inenterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de corenta e cinco minutos, e serán susceptibles de fraccionamento ó longo do tempo de conducción.

O posible exceso de horas de traballo efectivo no cómputo inferior ó bimestre poderá compensarse co tempo de descanso non tendo a consideración de extraordinaria sempre que non excedan da xornada establecida en cómputo bimestral.

Artigo 10º.-Definición do tempo traballo.

1. Para o persoal en movemento.

a) Traballo efectivo:

-A conducción durante a circulación do vehículo.

-Os traballos auxiliares que fagan en relación co vehículo, os viaxeiros ou a súa carga.

b) Tempo de presencia.

Será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa, tanto nos locais como no vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia as gardas, reténs, espectativas, avarías, (sempre que non participe de forma efectiva e material), esperas, comidas en ruta e outras similares nas que o/a traballador/ra, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de 40 horas bisemanais.

As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía que as horas ordinarias. Poderán, sen embargo, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas, neste caso poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

c) Tempo de espera.

Terá a consideración de tempo de espera aquel no que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

Computarase o 50% e aboarase como o tempo de presencia. Considerarase que o traballador non está suxeito a vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo por non estar á disposición de empresa.

As esperas en localidades de principio ou fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual do servicio, non computará para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia.

2. Para o resto do persoal.

O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Descanso semanal e festivo.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido; que por acordo ou pacto entre empresa e traballadores poderán acumularse mensualmente.

As festas laborables que terán carácter retribuído e non recuperable, serán de catorce ó ano, das cales dúas serán locais, os traballadores que por calquera razón teñan que traballar nun destes 14 días, recibirán unha compensación de 6 A por cada día traballado, sen que isto supoña ningunha perda dos restantes dereitos que teña por traballar un día festivo.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas non se poidese desfrutar do día de festa correspondente ou no seu caso do descanso semanal, a empresa, poderá optar entre proporcionarlle un descanso compensatorio ó traballador dentro dos 30 días seguintes, ou aboarlle os salarios correspondentes cun incremento do 75%.

Todos aqueles traballadores que traballen a quendas, con descansos rotativos de dous días, terán que coincidir un deles en domingo, como mínimo unha vez ó mes, en cómputo bimensual.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio colectivo desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, de acordo coa normativa laboral vixente. O seu desfrute non se poderá iniciar en días nin de descanso semanal nin en días festivos.

Para os/as traballadores/as que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso de ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

No primeiro trimestre do ano acordarase o calendario de vacacións que se procurará pactar cos representantes legais dos traballadores/as, e en ausencia destes/as cos/as propios/as traballadores/as.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O/a traballador/a, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algúns dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave, ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento por tal efecto o prazo será de cinco días.

c) Un día por casamento de pais ou fillos do traballador.

d) Un día por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, coas peculiaridades que establece o Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación.

f) Dous días de asuntos propios con obrigatoriedade de comunicarllo á empresa con 48 horas de antelación.

Artigo 14º.-Formación profesional.

De xeito unánime vense recoñecendo a formación profesional continua dos/as traballadores/as ocupados, un valor estratéxico para mellora-la competitividade das empresas, por todo iso, e en cumprimento e desenvolvemento do Acordo Nacional da Formación Continua, subscrito o 16 de decembro de 1992, as partes acordan:

* Creación dunha comisión mixta paritaria no ámbito contractual, para a aplicación, seguimento e desenvolvemento do acordo mencionado anteriormente. A vixencia desta comisión será a da vixencia do acordo.

As súas funcións serán:

a) A promoción de plans, organización, xestión, distribución de fondos, ou, se é o caso, execución das accións formativas e xustificación destas, así como a regulación e concesión de permisos para a formación, previstos no texto do acordo nacional.

b) Calquera outra función que as partes acorden por unanimidade.

-No prazo dun mes, desde a sinatura do convenio, deberase constituí-la citada comisión, dotándose das súas propias normas de funcionamento.

-De acordo co previsto na disposición derradeira primeira do acordo nacional sobre formación continua, procédese a súa inserción como anexo a este convenio colectivo.

Artigo 15º.-Permiso de conducir.

Os/as conductores/as os que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta desta, se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 182 días, serán trasladados durante este tempo a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgúns dos servicios de que dispoña a empresa e seguirán percibindo o salario que lles corresponda á súa categoría.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas, no exceso sobre o permitido pola lei.

Artigo 16º.-Compensación no caso de baixa.

As empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidade temporal, e o salario deste convenio cando aquela está motivada por accidente de traballo con hospitalización; no caso de non producirse hospitalización, o complemento citado aboarase cun máximo de 70 días.

No caso de baixa por enfermidade común, as empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida e o 85% do salario.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito funcional deste convenio concertarán as seguintes pólizas:

a) Persoal de movemento.

Para estes traballadores haberá que aterse á póliza de seguros que establece a lei e o regulamento do seguro obrigatorio de viaxeiros, a contía desta, en caso de morte 36.060,73 euros e de 42.070,85 euros no caso de invalidez permanente, nos supostos de accidente producidos no autocar.

b) Resto do persoal.

Exclusivamente para o persoal de non movemento, contratarase unha póliza de seguros cunha entidade aseguradora que cubra a contía de 15.025,30 euros en caso de morte por accidente laboral e de 21.035,42 euros no caso de invalidez permanente absoluta, derivada así mesmo de accidente laboral.

Artigo 18º.-Gastos de traslado por falecemento en accidente de traballo ou incapacidade do traballador.

No caso de que un traballador, en comisión de servicio fóra da súa residencia habitual, morra ou quede imposibilitado para volver á súa residencia, a empresa farase cargo do traslado ata o seu domicilio acompañado de dous familiares, no caso de que estes gastos non estivesen cubertos por un seguro ou fora imputable a terceiros.

Artigo 19º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo na empresa, decidan voluntariamente xubilarse, de forma adiantada, sempre e cando exista acordo entrambos, terán dereito ó desfrute de vacacións retribuídas na duración que seguidamente se relaciona:

Ós 60 anos de idade: 10 meses.

Ós 61 anos de idade: 9 meses.

Ós 62 anos de idade: 7 meses.

Ós 63 anos de idade: 6 meses.

A solicitude deberá efectuala o traballador cun mes de antelación ó cumprimento da idade na que pretende acollerse a estes beneficios.

A xubilación será forzosa ó cumpli-lo traballador os 65 anos sen excepción, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridade Social sobre períodos de carencia, en atención ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Sempre que exista acordo previo e para cada caso concreto, entre empresa e traballador, este poderá acollerse á xubilación anticipada ós 64 anos que regula o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 20º.-Maternidade.

Excedencia: os/as traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso poñerá remate ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

Durante o primeiro ano, desde o comezo de cada situación de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e a que o dito período lle sexa computado para efectos de antigüidade. Rematado este, e ata a finalización do período de excedencia, serán de aplicación, salvo pacto colectivo ou individual en contra, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

Suspensión: no suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, ampliable por parto múltiple ata 18 semanas. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo, no caso de falecemento da nai.

No non previsto estarase ó disposto no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e a Lei 39/1999, do 5 de novembro, en canto ó seu contido que modifique normas de carácter laboral.

Lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ámbolos dous traballen.

Artigo 21º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

1. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase:

a) Pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

b) A quen desempeñe cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas, que así mesmo imposibiliten a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical.

2. O traballador/a cunha antigüidade dun ano na empresa, polo menos, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo/a mesmo/a traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O/a traballador/a excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 22º.-Viaxes para xubilados.

O persoal xubilado polas empresas deste convenio terá dereito a oito viaxes ó ano, incluído o seu cónxuxe, nos servicios da empresa na que prestase os seus servicios no momento da súa xubilación. Para tal efecto, as empresas afectadas estenderanlles os correspondentes pases ós beneficiarios que os soliciten.

Artigo 23º.-Roupas de traballo.

Tódalas empresas, á parte do uniforme que lles entregarán ós seus traballadores/as, entregarán especialmente ó persoal de taller, as seguintes pezas ó ano como mínimo: dúas fundas e calzado adecuado cando o traballo o requira. Os/as conductores/as que realicen viaxes interurbanas percibirán unha funda ó ano. As empresas entregarán ademais anualmente uniforme de verán e de inverno para todo o persoal.

Artigo 24º.-Salarios.

Para o ano 2003 establécese un incremento de 1.202 euros anuais no salario base, que se repartirá proporcionalmente entre as 15 pagas, que se corresponde con 80,13 euros mensuais.

Para o ano 2004, establécese un incremento de 1.051,77 euros anuais no salario base, que se repartirá proporcionalmente entre as 15 pagas, que se corresponde con 70,12 euros mensuais.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

No suposto de que o IPC real do anos 2003 e 2004 superase o incremento dos salarios neses mesmos anos, reunirase a comisión paritaria deste convenio para fixa-las novas táboas salariais.

Artigo 26º.-Antigüidade.

As contías que os traballadores/as viñesen percibindo a 31 de decembro de 2002 como concepto de antigüidade consolídanse como complemento persoal, non sendo compensables nin absorbibles, revalorizándose anualmente co incremento de prezos ó consumo (IPC) real do ano anterior, facéndose esta primeira revisión o 1 de xaneiro de 2005 co IPC real de 2004 a partir do 31 de decembro de 2003

non se xerará dereito ningún por concepto de antigüidade.

Os traballadores/as que durante o ano 2003 xeren unha escala superior no cálculo da antigüidade respectaráselles, recibindo como complemento persoal a cantidade resultante de aplica-lo porcentaxe que lles corresponda sobre as xa mencionadas táboas de 2002.

Para calcular a 31 de decembro de 2003 a antigüidade de cada traballador/as, sirva como referencia a seguinte táboa:

Con 2 anos, o 5% do salario base.

Con 4 anos, o 10% do salario base.

Con 9 anos, o 20% do salario base.

Con 14 anos, o 25% do salario base.

Con 15 anos, o 30% do salario base.

Con 19 anos, o 40% do salario base.

Con 24 anos, o 50% do salario base.

Con 29 anos, ou mais o 60% do salario base.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a tres pagas extraordinarias de participación en beneficios, xullo e Nadal.

O importe de cada unha delas será o correspondente a unha mensualidade equivalente a 30 días de salario máis complemento persoal, e aboarase respectivamente na segunda decena dos meses de marzo, xullo e decembro, salvo pacto en contrario.

Artigo 28º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun gran número de traballadores en paro tenderase á eliminación das horas extraordinarias. Así mesmo as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes existentes marcados pola lei, e o seu aboamento será segundo lei; en ningún caso o incremento será inferior o 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

Artigo 29º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá salvo que o salario establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, polo mínimo nun 25% sobre o salario base, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 30º.-Conductor-perceptor.

O conductor-perceptor cando desempeñe simultaneamente as funcións de conductor e cobrador percibirá ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial dun 20% máis sobre o seu salario base por cada día que realice ambas funcións.

O aboamento do referido complemento efectuarase a razón do 20% do salario base de œ día de traballo cando a realización simultanea de funcións de con

ductor e perceptor non supere as 4 horas diarias e a razón do 20% do salario base do día completo sempre que se superen as 4 horas diarias de desempeño simultáneo de ambas funcións; a distribución de tempo será facultativa pola empresa. A empresa que non desexe que o conductor-perceptor efectúe as funcións de cobranza, poderá establece-la fórmula que se vai aplicar, entón non percibirá a retribución por tal función.

Artigo 31º.-Complemento de presencia.

Dada a dificultade de determina-las horas de presencia, no caso individual, as partes acordan un pagamento global destas de 72,12 euros mensuais para os anos 2003 e 2004, sempre e cando, sumando as horas efectivas, tempo de presencia e tempo de espera, supera-la xornada laboral establecida, coa realización de horas de presencia e de espera, entendendo que ó supera-la xornada laboral con horas efectivas dará lugar ó pagamento das correspondentes horas estructurais ou extraordinarias. Este complemento non se aboará durante as vacacións e durante os períodos de baixa por enfermidade ou accidente, a excepción dos casos nos que a baixa sexa a consecuencia de accidente producido durante o tempo de traballo efectivo, presencia ou espera.

Artigo 32º.-Complemento de transporte.

Establécese con carácter extrasalarial un complemento de transporte para tódolos traballadores, consistente en 30,05 euros para os anos 2003 e 2004.

Artigo 33º.-Axudas de custo.

Dará dereito ó percibo da axuda de custo completa a realización dun servicio que obrigue o traballador a comer, cear e pernoctar fóra da súa residencia habitual.

A parte de axuda de custo correspondente á cea, percibirase cando o servizo realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual, ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20.00 horas e regrese despois das 22.00 horas.

A parte da axuda de custo correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor saia antes das 12.00 e retorne despois das 14.00. A parte da axuda de custo correspondente á pernoctación percibirase cando o servicio realizado obrigue a pernoctar fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o regreso se efectúe despois das 0.00 horas.

As axudas de custo que se van satisfacer para o persoal que se despraza do seu lugar de residencia habitual por necesidade do servicio serán as seguintes:

Servicios regulares: axuda de custo completa 27,15 euros para o ano 2003 e 28,10 euros para o ano 2004, desagregadas da seguinte maneira:

Ano 2003Ano 2004

Comida8,30 A 8,60 A

Cea8,30 A 8,60 A

Pernoctación10,55 A 10,90 A

Servicios discreccionais: axuda de custo completa, para todo o territorio estatal e Portugal, 50 euros. Para o ano 2003 e 53 euros para o ano 2004, desagregadas da forma seguinte:

Ano 2003Ano 2004

Comida14 A 15 A

Cea14 A 15 A

Pernoctación14 A 23 A

Para o estranxeiro, excepto Portugal, a axuda de custo será de 64,07 euros para o ano 2003 e de 66 euros para o ano 2004.

Artigo 34º.-Quebranto de moeda.

Establécese en 18,48 euros, para os anos 2003 e 2004, para todo o persoal que teña que manexar fondos ata 1.502,53 euros ó mes e en 21,05 euros para os anos 2003 e 2004 para o persoal que manexe fondos desde 1.502,54 euros ó mes.

Artigo 35º.-Atrasos de convenio.

Como queira que este convenio a efectos económicos retrotráese ó día 1 de xaneiro de 2003, os atrasos serán aboados polas empresas nun prazo máximo non superior a 90 días a partir da sinatura deste acordo, ou ós 30 días da publicación no BOP ou no DOG, sexa cal sexa a máis beneficiosa para o traballador/a.

Artigo 36º.-Seccións sindicais e delegados de persoal.

a) As partes asinantes deste convenio colectivo ratifican a súa condición de interlocutores válidos e recoñécense así mesmo como tales para instrumentar a través das súas organizacións unhas relacións laborais baseadas no respecto mutuo e tendentes a facilita-la resolución de cantos conflictos e problemas xurdan nas empresas do sector.

b) Os representantes sindicais poderán no ámbito da empresa ou do centro de traballo:

-Celebrar reunións logo de notificación ó empresario, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

-Recibi-la información que lle remita ó seu sindicato.

c) Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que lles poidan interesar ós afiliados e ós traballadores en xeral, a empresa poñerá á súa disposición no taboleiro de anuncios que se deberá situar dentro do centro de traballo nun lugar onde se garante un axeitado acceso a este dos/as traballadores/as.

d) Quen desempeñe cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organización sindicais más representativas, terán dereito a desfrutaren dos permisos non retribuídos precisos para o desenvolvemento das función sindical propias do seu cargo podéndose establecer por acordo limitación ó desfrute destes en función das necesidades do proceso productivo.

Artigo 37º.-Control da contratación.

Haberá que aterse ó disposto na Lei 2/2991, do 7 de xaneiro, dos dereitos de información dos representantes legais dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 38º.-Competencia dos membros do comité de empresa e delegados de persoal.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis vixentes, recoñéceselles ós representantes dos traballadores o dereito a seren informados pola dirección da empresa de:

1. Todos aqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral.

Así mesmo, serán informados e oídos pola empresa con carácter previo nos seguintes casos:

-Restructuracións do cadro de persoal.

-Peches totais ou parciais, definitivos ou temporais.

-Traslado de empresa total ou parcial.

-Implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo.

-Fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa.

-Sancións impostas a traballadores.

2. Toda a información facilitada polas partes entenderase como materia reservada e veranse obrigadas a gardar sixilo profesional.

Artigo 39º.-Acumulación de crédito horario.

O crédito horario retribuído, do que gozan os delegados de persoal ou membros do comité de empresa dunha mesma empresa, poderán acumularse nun ou varios deles, sempre que pertenzan á mesma central sindical, aínda que iso permita libera-la súa actividade laboral, total ou parcialmente, a calquera deles.

O acordo de acumulación e a designación da persoa ou persoas as que se lles van aplica-las horas retribuídas, serán comunicados polo responsable do sindicato baixo as listas ou siglas nas que foron elixidos os representantes dos traballadores que desexan acumula-las súas horas.

Artigo 40º.-Comisión paritaria.

Para interpretar o contido deste convenio, vixiar o seu cumprimento ou exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas ou funcións suscitados coma consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión paritaria, formada polas centrais sindicais e a organización empresarial asinantes deste convenio, en número de cinco por cada unha das partes.

A comisión paritaria reunirase, por petición de calquera das partes, nun prazo máximo de dez días.

As funcións ou actividades da comisión mixta paritaria serán previas, pero en ningún caso obstruirán a competencia da xurisdicción laboral.

Artigo 41º.-Contratación.

Desde a sinatura deste convenio colectivo, só se contemplará a posibilidade de contratación:

-Fixo.

-Fixo descontinuo.

-Eventual por circunstancias da producción como máximo 6 meses nun período dun ano.

-Relevo.

-Prácticas para persoal diplomado ou licenciado.

Artigo 42º.-Recoñecemento médico.

Os traballadores terán dereito a realizar un recoñecemento médico ó ano que correrá a cargo da empresa. Os conductores poderán realizalo cada oito meses.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución dos conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG as partes asinantes deste convenio durante a vixencia deste, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio manifestan o seu interese en formaliza-la negociación do convenio galego do transporte de viaxeiros para o ano seguinte.

ANEXO

CategoríaSalarios 2003

Día/mesAnual

Grupo I
Xefe de servicio1.096,4616.446,85
Inspector principal969,6214.544,23
Enxeñeiro e licenciado1.013,2415.198,64
Enxeñeiro técnico e auxiliar795,2511.928,72
ATS734,4511.016,68

Grupo II
Xefe de sección821,6312.324,44
Xefe de negociado768,7711.531,49
Oficial 1ª725,3210.879,80
Oficial 2ª692,6810.390,16
Auxiliar administrativo688,4010.325,94
Aspirante 16-17 anosSMISMI

Grupo III
Xefe de estación 1ª848,0812.721,21
Xefe de estación 2ª812,8412.192,53
Xefe de administración 1ª850,1212.751,81
Xefe de administración 2ª812,8412.192,53
Xefe administración en ruta780,8611.712,84
Vendedor de billetes673,6210.104,34
Factor22,7410.346,70
Encargado de consigna673,6210.104,34
Repartidor de mercadorías22,3310.160,15
Mozo22,3310.160,15
Xefe de tráfico 1ª854,6512.819,80
Xefe de tráfico 2ª812,8412.192,53
Xefe de tráfico 3ª777,5811.663,70
Inspector24,7311.252,15

CategoríaSalarios 2003

Día/mesAnual

Conductor24,3411.074,70
Conductor-perceptor24,3411.074,70
Cobrador22,4810.228,40
Encargado xeral 1ª848,0812.721,21
Encargado 2ª812,8412.192,53
Encargado de almacén777,5911.663,85
Engraxador lavacoches22,3310.160,15
Garda de noite22,3310.160,15
Garda de día22,3310.160,15
Mozo22,3310.160,15
Encargado 1ª848,0812.721,21
Encargado 2ª812,8412.192,53
Engraxador22,3310.160,15
Mozo de servicio22,3310.160,15

Grupo IV
Xefe de taller882,4113.236,17
Encargado contramestre767,4511.511,74
Encargado de almacén717,9310.769,00
Xefe de equipo25,5911.643,45
Encargado xeral751,5411.273,11
Oficial 1ª conductor-mecánico24,7311.252,15
Oficial 2ª23,5910.733,45
Oficial 3ª22,7610.355,80
Mozo de taller22,3310.160,15
Aprendiz 1º, 2º, 3º e 4º anoSMI

Grupo V
Cobrador facturas669,3810.040,72
Telefonista669,3810.040,72
Porteiro669,3810.040,72
Vixilante669,3810.040,72
Recepcionista22,4810.228,40
Limpadora (euro/hora)3,10
Mozo dos recados 16-17 anosSMISMI

CategoríaSalarios 2004

Día/mesAnual

Grupo I
Xefe de servicio1.166,5817.498,65
Inspector principal1.039,7415.596,03
Enxeñeiro e licenciado1.083,3616.250,44
Enxeñeiro técnico e auxiliar865,3712.980,52
ATS804,5712.068,48

Grupo II
Xefe de sección891,7513.376,24
Xefe de negociado838,8912.583,29
Oficial 1ª795,4411.931,60
Oficial 2ª762,8011.441,96
Auxiliar administrativo758,5211.377,74
Aspirante 16-17 anosSMISMI

Grupo III
Xefe de estación 1ª918,2013.773,01
Xefe de estación 2ª882,9613.244,33
Xefe de administración 1ª920,2413.803,61
Xefe de administración 2ª882,9613.244,33
Xefe administración en ruta850,9812.764,64
Vendedor de billetes743,7411.156,14
Factor25,0811.411,40
Encargado de consigna743,7411.156,14
Repartidor de mercadorías24,6711.224,85
Mozo24,6711.224,85
Xefe de tráfico 1ª924,7713.871,60
Xefe de tráfico 2ª882,9613.244,33
Xefe de tráfico 3ª847,7012.715,50
Inspector27,0712.316,85
Conductor26,6812.139,40
Conductor-perceptor26,6812.139,40
Cobrador24,8211.293,10
Encargado xeral 1ª918,2013.773,01
Encargado 2ª882,9613.244,33
Encargado de almacén847,7112.715,65
Engraxador lavacoches24,6711.224,85
Garda de noite24,6711.224,85
Garda de día24,6711.224,85
Mozo24,6711.224,85
Encargado 1ª918,2013.773,01
Encargado 2ª882,9613.244,33

CategoríaSalarios 2004

Día/mesAnual

Engraxador24,6711.224,85
Mozo de servicio24,6711.224,85

Grupo IV
Xefe de taller952,5314.287,97
Encargado contramestre837,5712.563,54
Encargado de almacén788,0511.820,80
Xefe de equipo27,9312.708,15
Encargado xeral821,6612.324,91
Oficial 1ª conductor-mecánico27,0712.316,85
Oficial 2ª25,9311.798,15
Oficial 3ª25,1011.420,50
Mozo de taller24,6711.224,85
Aprendiz 1º, 2º, 3º e 4º anoSMI

Grupo V
Cobrador facturas739,5011.092,52
Telefonista739,5011.092,52
Porteiro739,5011.092,52
Vixilante739,5011.092,52
Recepcionista24,8211.293,10
Limpadora (euro/hora)3,39
Mozo dos recados 16-17 anosSMISMI