DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o 20 de novembro de 2003 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto do acordo asinado día 20 de novembro de 2003 pola comisión negociadora do convenio

colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (50%), FECOMA-CC.OO. (50%) e FCM-CIG (0%), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2004 no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 epígrafes 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de decembro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo