DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se regula a prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 47, do luns, 8 de marzo de 2004, cómpre a súa corrección:

Na páxina 3.028, columna dereita, liña 12, onde di: «Lei 9/2003, do 9 de xuño», debe dicir: «Lei 9/2003, do 29 de decembro».

Na páxina 3.029, columna esquerda, liña 20, onde di: «na Lei 8/2003, do 27 de decembro», debe dicir: «na Lei 8/2003, do 29 de decembro».

Na páxina 3.030, liña 2 do parágrafo 1 do artigo 6º -Lugar e prazo para a presentación de solicitudes, onde di: «...contado a partir do día da publicación desta orde.», debe dicir: «...contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde.»

Na páxina 3.031, anexo I, no cadro correspondente á documentación achegada segundo o esixido no artigo 5 da orde, onde di: «Certificado de convivencia», debe dicir: «Declaración xurada de convivencia co fillo».