DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de febreiro de 2004 pola que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos e as alumnas que cursaron as ensinanzas de bacharelato previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), transferiulle á Comunidade Autónoma competencia en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a de Santiago de Compostela, a da Coruña e a de Vigo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, define as características básicas do bacharelato, os seus obxectivos xerais, a súa organización en materias comúns, materias propias de modalidade e materias optativas. Así mesmo, a disposición transitoria quinta da Lei 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, determina que mentres non sexan dictadas ulteriores normas regulamentarias, serán de aplicación, en cada caso, as normas deste rango vixentes.

Pola súa parte, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición derradeira quinta, dispón que se manterá vixente o actual sistema de acceso ós estudios universitarios, mentres non sexa derrogada a Lei 30/1974, do 24 de xullo, sobre probas de aptitude para o acceso á universidade.

O Real decreto 986/1991, do 14 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 25 de xuño), establece no seu artigo 23.1º que as administracións educativas adoptarán as medidas necesarias para que a estructura e o currículo das ensinanzas organizadas con carácter experimental, ó abeiro do Real decreto 942/1986, do 9 de maio (Boletín Oficial del Estado do 14 de maio), comecen a ser adaptadas no curso 1992-1993 á nova ordenación do sistema educativo.

O Real decreto 1178/1992, do 2 de outubro (Boletín Oficial del Estado do 21 de outubro) establece as ensinanzas mínimas do bacharelato.

O Real decreto 3474/2000, do 29 de decembro (BOE do 16 de xaneiro de 2001), modifica o Real decreto 1700/1991, do 29 de novembro, polo que se establece a estructura do bacharelato, e o Real decreto 1178/1992, do 2 de outubro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do bacharelato.

De acordo coa distribución de competencias que deriva da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia e conforme o establecido no artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, correspóndelles ás comunidades autónomas establece-lo currículo dos distintos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades do sistema educativo.

En consecuencia do anterior e co artigo 5 do Real decreto 1178/1992, a Comunidade Autónoma de Galicia establece polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 31 de agosto), o currículo do bacharelato para esta comunidade autónoma, modificado polo Decreto 231/2002, do 6 de xuño (DOG do 15 de xullo), e a súa estructura pola Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regula a organización académica do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xullo).

O artigo 11 c) parágrafo 2º do Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro (BOE do 22 de xaneiro), polo que se regulan os procedementos para o ingreso nos centros universitarios, desenvolve o disposto no artigo 1 do Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro (BOE do 27 de outubro), modificado polo Real decreto 990/2000, do 2 de xuño (BOE do 3 de xuño), modificado, pola súa vez, polo Real decreto 1025/2002, do 4 de outubro (BOE do 22 de outubro), dispoñendo que os estudiantes que teñan superado o segundo curso do bacharelato regulado na Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) non poderán ser admitidos nos estudios universitarios sen a superación previa da correspondente proba de acceso.

Os exercicios da proba de acceso á universidade estructúranse tendo en conta o carácter do bacharelato reflectido tanto nos seus obxectivos, comúns

a tódalas modalidades, como nas materias comúns que tódolos alumnos e alumnas teñen que cursar e realizaranse en consonancia cos deseños curriculares base desta comunidade autónoma.

Como consecuencia da entrada en vigor da citada Orde do 4 de xullo de 2002, os currículos e estructura do bacharelato sobre os que versarán as probas de acceso á universidade na nosa comunidade autónoma a partir do ano académico 2003-2004 foron determinados pola Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 28 de maio).

En virtude do exposto, por proposta conxunta da Dirección Xeral de Universidades, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e facendo uso da autorización expresada na disposición derradeira segunda do Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro (BOE do 27 de outubro),

DISPOÑO:

Artigo 1º

A proba de acceso á universidade para os alumnos que sigan ensinanzas de bacharelato, establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, valorará con carácter obxectivo, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato, a madurez académica dos alumnos e os coñecementos adquiridos nas ensinanzas desta etapa.

Artigo 2º

A proba de acceso á universidade, que se realizará en chamamento único por convocatoria, calquera que sexa a modalidade cursada, versará sobre os contidos das materias do segundo curso do bacharelato, de acordo coa distribución establecida pola Orde do 4 de xullo de 2002 (DOG do 29 de xullo), tendo en conta o que se determina na Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 28 de maio).

Artigo 3º

1. Poderán participar na proba de acceso á universidade os alumnos que estean en posesión do título de bacharelato, establecido na Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo.

2. Anualmente celebraranse dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Cada alumno disporá dun número máximo de catro convocatorias para a superación da proba e considerarase superada cando o sexa por algunha das vías previstas no artigo 4º.1 desta orde. Non se considerará consumida convocatoria cando o alumno non se presentase a ningún dos exercicios.

Artigo 4º

1. Os alumnos e as alumnas, para realizaren a proba de acceso á universidade, poderán escoller algunha das seguintes vías a que están vinculadas as materias que se sinalan no artigo 5º, número 3:

-Vía científico-tecnolóxica.

-Vía ciencias da saúde.

-Vía humanidades.

-Vía ciencias sociais.

-Vía artes.

2. A vinculación entre estas vías e os estudios universitarios establécese no anexo a esta orde.

Artigo 5º

1. As probas de acceso á universidade constarán de dúas partes.

2. A primeira parte, de carácter xeral, versará sobre as materias comúns do segundo curso do bacharelato, apreciará a formación xeral do alumno e estará concibida para avaliar destrezas académicas básicas, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe e as capacidades para analizar, relacionar e sintetizar, expresar ideas e, así mesmo, o coñecemento dunha lingua estranxeira. Esta parte constará de catro exercicios dunha hora e media de duración.

a) Composición dun texto sobre un tema ou cuestión de carácter histórico ou filosófico a partir de diversas fontes documentais incluídas na proposta de exame. A composición deberá integra-los coñecementos do alumno e a información facilitada. Na devandita proposta ofertaránselle ó alumnado dúas probas de entre as cales elixirá unha.

No caso do alumnado que repita no ano académico 2003-2004 o segundo curso de bacharelato con tres ou menos materias ou que superase o bacharelato no ano académico 2002-2003 ou anteriores, este exercicio versará sobre un tema ou cuestión de carácter histórico.

b) Análise dun texto en idioma estranxeiro, da linguaxe común, non especializada. A partir do texto proposto o estudiante realizará un comentario persoal e responderá cuestións relacionadas co texto, que serán formuladas e respondidas por escrito no mesmo idioma, sen axuda de diccionario nin de ningún outro material didáctico. Na devandita proposta ofreceránselle ó alumno dúas probas, de entre as cales elixirá unha.

c) Análise e comprensión dun texto de lingua castelá e literatura. A proposta, que consistirá en dúas probas das cales o alumno elixirá unha, constará de tres partes, en que se medirá: a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resumo e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a un cuestionario de lingua castelá e literatura relacionadas co texto.

d) Análise e comprensión dun texto de lingua galega e literatura. A proposta, que consistirá en dúas probas, das cales o alumno elixirá unha, constará de tres partes, en que se medirá a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resume e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a

un cuestionario de lingua galega e literatura relacionadas co texto. Os alumnos e as alumnas que teñan exención en lingua galega non terán que facer este exercicio.

3. A segunda parte da proba, de carácter específico, versará sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso. Entre elas, necesariamente, incluiranse as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso; a terceira elixiraa libremente o estudiante entre as materias propias de modalidade cursadas. Esta parte apreciará a formación especializada do alumno e estará concibida para avaliar destrezas básicas da especialidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe específica e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.

4. Respecto a estas materias, o alumno necesariamente deberase examinar das seguintes disciplinas vinculadas ás vías de acceso que se sinalan:

a) Alumnado que realice completo o segundo curso do bacharelato no ano académico 2003-2004 e alumnado que teña superado o curso de orientación universitaria:

-Matemáticas e física: vía científico-tecnolóxica.

-Bioloxía e química: vía ciencias da saúde.

-Latín e historia da arte: vía humanidades.

-Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais e xeografía: vía ciencias sociais.

-Debuxo artístico e historia da arte: vía artes.

b) Alumnado que repita no ano académico 2003-2004 o segundo curso do bacharelato con tres ou menos materias e alumnado que teña superado o bacharelato no ano académico 2002-2003 ou anteriores:

-Matemáticas e física: vía científico-tecnolóxica.

-Bioloxía e química: vía ciencias da saúde.

-Latín e historia da filosofía: vía humanidades.

-Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais e xeografía: vía ciencias sociais.

-Debuxo artístico e historia da arte: vía artes.

En cada unha destas materias ofreceránselle ó alumnado dúas opcións de entre as cales elixirá unha ou un único exame con diversas posibilidades de resposta. Estes exames poderán incluír comentarios, cuestións ou repertorios de problemas ou preguntas.

A duración dos exercicios destas materias será de hora e media para cada un deles.

Artigo 6º

Para a superación da proba, os estudiantes poderanse presentar por unha ou dúas das vías de acceso previstas. Neste último caso deberanse examinar unicamente das catro materias vinculadas ás vías de acceso elixidas. O alumnado a que se fai referencia no número 4 a) do artigo 5º e que se presente ás probas polas vías de humanidades e artes, uni

camente se deberá examinar das tres materias vinculadas ás vías de acceso citadas.

Artigo 7º

A cualificación de cada un dos exercicios que compoñen a proba de acceso realizarase da maneira seguinte:

1. Cada exercicio cualificarase entre cero e dez puntos.

2. A cualificación da primeira parte da proba será a media aritmética dos catro exercicios.

3. A cualificación da segunda parte da proba obterase sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da materia de libre escolla.

4. A cualificación global da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes.

5. Cando se acceda por dúas vías, a cualificación do primeiro exercicio farase conforme se determina no punto segundo. Para o segundo exercicio haberá dúas cualificacións, unha para cada unha das vías, calculadas do seguinte modo: sumarase o 40 por 100 das cualificacións de cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación máis alta das obtidas nas materias correspondentes á outra vía.

Para ser declarado apto por unha vía de acceso deberanse obter, cando menos, catro puntos na cualificación global desa vía.

Artigo 8º

A cualificación definitiva para o acceso á universidade calcularase ponderando un 40 por 100 a cualificación global da proba e un 60 por 100 a nota media do expediente académico do alumno no bacharelato, obtida tal e como se indica nos artigos 9º.4 e 9º.5 desta orde. Para considerar superada a proba de acceso á universidade por unha vía, deberase acadar unha puntuación de cinco ou superior na cualificación definitiva.

Artigo 9º

1. Os alumnos e as alumnas realizarán a inscrición e a proba de acceso nos lugares que determine a comisión organizadora designada para o efecto.

No prazo sinalado pola comisión organizadora das probas, o alumno comunicará, mediante escrito dirixido ó director ou directora do centro, e segundo o modelo facilitado pola comisión organizadora, a vía ou vías de acceso por que concorre á proba de acceso, así como a terceira materia elixida libremente polo estudiante entre as materias propias de modalidade cursadas.

2. Os alumnos e as alumnas que desexen concorrer ás probas de acceso formalizarán a súa inscrición e aboarán as taxas correspondentes de acordo co disposto no Decreto 327/2003, do 24 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes ós estudios

conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2003-2004 (DOG do 4 de agosto). Estes trámites realizaranse no centro, segundo os prazos establecidos no punto 3 deste artigo. A comisión organizadora facilitará modelos de solicitude e as entidades bancarias en que os alumnos e as alumnas deberán realiza-lo ingreso.

3. Os centros de ensino secundario e as escolas de artes aplicadas e oficios artísticos remitiranlle á comisión organizadora, no prazo e segundo o procedemento que esta estableza, a información relativa ós alumnos e ás alumnas matriculados na convocatoria correspondente da proba de acceso.

A dita información incluirá, polo menos, os datos básicos e persoais do/a alumno/a; nota media do seu expediente de bacharelato; lingua estranxeira sobre que versará a parte do primeiro exercicio regulada no artigo 5º.2 b); escolla da materia -filosofía ou historia- sobre que versará a composición do texto correspondente ó primeiro exercicio, se é o caso, conforme o regulado no artigo 5º.2 a) desta orde; a vía ou vías de acceso por que concorre e, finalmente, a materia propia de modalidade elixida libremente ata completa-las materias de que se debe examinar.

4. Para a obtención da nota media do expediente académico do alumno a que fai referencia o artigo 8º desta orde, computaranse as cualificacións obtidas nas materias comúns, propias de modalidade e optativas dos dous cursos da modalidade de bacharelato cursada e consignarase un só decimal.

5. A nota media a que se fai referencia no número anterior non incluirá a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión, de conformidade co disposto no artigo 16.3º do Real decreto 1700/1991, do 29 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 2 de decembro), polo que se establece a estructura do bacharelato.

6. A escolla de materias ou da vía de acceso realizadas para a convocatoria de xuño poderase modificar nas sucesivas convocatorias a que o alumno teña dereito. Para iso, o interesado deberá notificarlle a súa decisión por escrito ó director ou directora do centro con anterioridade ó prazo que estableza a comisión organizadora para que poida ser incluído na relación que se lle remite á universidade.

Artigo 10º

1. A organización das probas de acceso á universidade é competencia da comisión organizadora.

2. Será competencia da comisión organizadora, para a organización das probas de acceso, adoptar, entre outros, os acordos procedentes sobre:

a) Definición dos criterios para a elaboración das propostas de exame.

b) Establecemento dos criterios xerais de avaliación das probas.

c) Adopción de medidas necesarias para garanti-lo segredo do procedemento de elaboración e selección dos exames, así como o anonimato dos exercicios realizados polos alumnos.

d) Adopción das medidas necesarias para garantir que os alumnos poidan utilizar calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma para a realización dos exercicios.

e) Coordinación cos centros en que se imparta bacharelato.

f) Designación e constitución dos tribunais.

g) Resolución de reclamacións.

Para adopta-los acordos procedentes na alínea b) deste punto, a comisión organizadora contará para cada materia co asesoramento dos vocais procedentes do Servicio da Inspección Educativa e do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa, integrantes do correspondente grupo de traballo.

3. A comisión organizadora poderalles solicitar ós servicios da Inspección Educativa copias das programacións elaboradas polos seminarios ou departamentos didácticos para as materias obxecto de exame nas probas de acceso.

4. A comisión organizadora informará os centros de bacharelato sobre a estructura e a organización das probas e facilitaralles modelos de exame das distintas materias nos cales se dará unha orientación sobre a puntuación máxima que se lle outorgará a cada parte e os criterios de corrección.

5. Despois da convocatoria de setembro, a comisión organizadora elaborará un informe en que, entre outros aspectos, se recollerán e avaliarán os resultados obtidos nas probas polos alumnos dos diferentes centros en relación coas cualificacións dos seus expedientes académicos, así como cantos datos, consideracións e propostas consideren convenientes para a adopción de medidas que contribúan á máxima garantía de obxectividade das probas. Este informe seralle remitido á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 11º

1. As probas deberán, en tódolos casos, axustarse ós currículos e estructuras do bacharelato que se determinan na Orde do 19 de maio de 2003 (DOG do 28 de maio).

2. A comisión organizadora poderalles encarga-la elaboración das probas a especialistas da universidade, dos servicios de Inspección Educativa, dos centros de ensino secundario e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, coñecedores do currículo do bacharelato, sendo de aplicación o disposto no título II, capítulo III, artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), referente á abstención e recusación.

3. As probas, elaboradas segundo os criterios que a comisión organizadora estableza, deberán incluír necesariamente os criterios xerais de corrección, especificando tanto o valor asignado a cada unha das partes como aqueloutras consideracións que poidan ser necesarias para realizar unha valoración obxectiva. Así mesmo, a comisión organizadora elaborará os criterios específicos de corrección que servirán de base para a corrección dos exercicios e para a resolución das reclamacións das probas que soliciten os alumnos.

Artigo 12º

1. A comisión organizadora constituirá o tribunal único e as comisións delegadas e de avaliación das probas de aptitude para o acceso ás facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias de acordo cos criterios seguintes:

a) O presidente do tribunal e os das diferentes comisións delegadas serán nomeados polo presidente da comisión organizadora entre profesores dos corpos a que se refire o artigo 33.1º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

b) O secretario do tribunal e os das diferentes comisións delegadas serán designados pola comisión organizadora.

c) Cada comisión delegada está integrada, ademais, exclusivamente por profesores especialistas das distintas materias que compoñen as probas.

Os membros das comisións de avaliación serán profesores especialistas designados en igual número entre profesores de universidade dos corpos mencionados no punto anterior e profesores de ensino secundario que estean a imparti-la materia obxecto de exame, incluíndo tamén os profesores de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, e corrixirán un número de exercicios non superior a douscentos.

2. Unha vez designados pola comisión organizadora o presidente e mailo secretario das distintas comisións delegadas e de avaliación, designaranse os vocais entre aqueles profesores que lle solicitasen ó presidente da comisión organizadora formaren parte delas.

3. Co obxecto de garanti-la imparcialidade do proceso, os profesores que formaren parte das comisións delegadas e de avaliación non poderán examinar ou avalia-los alumnos do seu centro de procedencia, tendo en conta o disposto no título II, capítulo III, artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Un vocal designado por cada centro incorporarase á comisión delegada correspondente.

4. A comisión organizadora velará polo mantemento do anonimato do alumno durante o proceso de realización e de corrección dos exercicios das probas de acceso.

5. Os criterios xerais de corrección a que se alude no artigo 11º.3 desta orde deberán ser coñecidos polos membros das comisións delegadas e polos alumnos no momento da realización das probas. Os criterios específicos de corrección faranse públicos, unha vez realizadas estas, nos centros onde os alumnos finalizasen os seus estudios de bacharelato.

6. Unha vez corrixidos os exercicios, a comisión organizadora porá ó dispor dos vocais designados polos centros os exames corrixidos para a súa revisión.

Artigo 13º

1. Os alumnos poderán solicitar perante o presidente do tribunal unha segunda corrección dos exercicios en que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección a que se fai referencia no artigo 11º.3 desta orde.

O prazo de presentación desta solicitude será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións. Os exercicios sobre os que se solicitase esta segunda corrección serán avaliados por un profesor especialista distinto ó que realizou a primeira corrección.

A cualificación resultará da media aritmética de ámbalas dúas correccións, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta e non a media aritmética. No suposto de que existise unha diferencia de tres ou máis puntos entre ámbalas cualificacións, un tribunal distinto efectuará unha terceira corrección, outorgando a cualificación que resolverá a revisión solicitada. Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente.

2. Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de dobre corrección establecido no punto anterior, resolución que xunto coas actas de cualificación se fará pública no taboleiro de anuncios da CIUG e nos LERD, e que terá efectos de notificación oficial ós interesados, os alumnos poderán presentar reclamación ante a comisión organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución do tribunal a que se refire o punto anterior. Así mesmo, os alumnos poderán presentar reclamación, no mesmo prazo sinalado no punto primeiro, directamente ante a comisión organizadora sobre a cualificación outorgada despois da primeira corrección, quedando excluída a posibilidade de solicita-la segunda corrección a que se refire o punto anterior.

A resolución adoptada pola comisión organizadora poralle fin á vía administrativa.

En todo caso, contra a resolución adoptada pola comisión organizadora que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia comisión. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo mentres non se dicte

resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Artigo 14º

1. Os alumnos de música e danza que estean en posesión do título de bacharelato, obtido ó abeiro do artigo 41.2º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e desexen acceder a estudios universitarios, farano por unha ou dúas das vías previstas no artigo 4º.1 desta orde, elixidas libremente no momento da inscrición. Realizarán completa a primeira parte da proba; da segunda parte da proba examinaranse unicamente das materias vinculadas á vía ou vías elixidas.

2. A cualificación da primeira parte da proba será a media aritmética dos catro exercicios. A cualificación da segunda parte da proba de acceso para os alumnos de música ou danza será a media aritmética das materias vinculadas á vía. De acceder por dúas vías, haberá dúas cualificacións, unha para cada unha das vías. Para o cálculo da cualificación global e definitiva rexerá o disposto respectivamente no artigo 7º.4 e no artigo 8º desta orde.

Artigo 15º

Para aqueles alumnos que no momento da súa inscrición xustifiquen debidamente algunha discapacidade que lles impida realiza-la proba de acceso cos medios ordinarios, a comisión tomará as medidas oportunas para que poidan facela nas condicións máis favorables.

Disposición adicionais

1. Para o control do número de convocatorias a que se fai referencia no artigo 3º.2 desta orde, terase en conta o disposto na Orde do 9 de xuño de 1993 (BOE do 10 de xuño). Unha vez superada a proba, os alumnos poderán presentarse de novo en sucesivas convocatorias, ordinarias e extraordinarias, coa finalidade de mellora-la nota. A cualificación global obtida nas convocatorias para mellora-la nota será tida en conta unicamente se é superior á outorgada anteriormente. Cando se faga uso desta posibilidade, a proba realizarase por só unha das distintas vías de acceso previstas. A posibilidade de repetición das probas non será obstáculo para que o estudiante poida formaliza-la súa matrícula na universidade no ano académico en curso en que realice as devanditas probas.

2. O alumnado que teña superado o curso de orientación universitaria deberá presentarse á proba de acceso á universidade de acordo coa normativa establecida, elixindo libremente unha ou dúas das vías de acceso previstas no artigo 5º.4 a) desta orde.

Disposición transitoria

Para esta convocatoria, as funcións da comisión organizadora a que se fai referencia no artigo 5 do Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro (BOE do 27 de outubro), serán desempeñadas pola Comi

sión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), coincidindo a presidencia da comisión organizadora e os seus membros coa presidencia e membros da CIUG.

Se por causas accidentais ou sobrevidas, algúns dos membros designados non puidesen desempeña-la súa función, a Administración autonómica designará unha persoa ou persoas que os substitúan no seu labor dentro da comisión organizadora.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e a Dirección Xeral de Universidades para, dentro das súas respectivas competencias, dictaren as disposicións que sexan precisas para a execución do establecido nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será aplicable para o curso académico 2003/2004.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Titulacións do SUGVía de acceso

12345

Licenciado en administración e dirección de empresas***

Arquitectura**

Licenciado en belas artes*****

Licenciado en bioloxía**

Licenciado en CC. da actividade física e deporte*****

Licenciado en ciencias do mar**

Licenciado en ciencias políticas e da Administración*****

Licenciado en comunicación audiovisual*****

Licenciado en dereito*****

Licenciado en economía***

Enxeñeiro de camiños, canais e portos**

Enxeñeiro industrial**

Enxeñeiro en informática**

Enxeñeiro de minas**

Enxeñeiro naval e oceánico**

Enxeñeiro químico**

Enxeñeiro de telecomunicacións**

Licenciado en farmacia*

Licenciado en filoloxía alemana*

Licenciado en filoloxía clásica*

Licenciado en filoloxía francesa*

Licenciado en filoloxía galega*

Licenciado en filoloxía hispánica*

Licenciado en filoloxía inglesa*

Licenciado en filoloxía italiana*

Licenciado en filoloxía portuguesa*

Licenciado en filoloxía románica*

Licenciado en filosofía*****

Licenciado en física**

Licenciado en historia***

Licenciado en historia da arte***

Titulacións do SUGVía de acceso

12345

Licenciado en humanidades*****

Licenciado en matemáticas**

Licenciado en medicina*

Licenciado en odontoloxía*

Licenciado en pedagoxía*****

Licenciado en psicoloxía*****

Licenciado en publicidade e relacións públicas*****

Licenciado en química**

Licenciado en socioloxía*****

Licenciado en traducción e interpretación*****

Licenciado en veterinaria*

Licenciado en xeografía*****

Licenciado en xornalismo*****

Arquitectura técnica**

Diplomado en biblioteconomía e documentación*****

Diplomado en ciencias empresariais***

Diplomado en educación social*****

Diplomado en enfermería*

Diplomado en fisioterapia*

Diplomado en logopedia*****

Diplomado en máquinas navais**

Diplomado en navegación marítima**

Diplomado en óptica e optometría**

Diplomado en podoloxía*

Diplomado en relacións laborais*****

Diplomado en terapia ocupacional*****

Diplomado en traballo social*****

Diplomado en turismo*****

Diplomado en xestión e administración pública*****

Enx. téc. agrícola, especialidade en explotacións agropecuarias**

Enx. téc. agrícola, especialidade en hortofructicultura e xardinería**

Enx. téc. agrícola, especialidade en industrias agrarias e alimentarias**

Enx. téc. agrícola, especialidade en mecanización e construccións rurais**

Enxeñeiro técnico en deseño industrial***

Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en explotacións forestais**

Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais**

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electricidade**

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electrónica industrial**

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en mecánica**

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en química industrial**

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas**

Enxeñeiro técnico en informática de xestión**

Enxeñeiro técnico naval, especialidade en estructuras mariñas**

Enxeñeiro técnico naval, especialidade en propulsión e servicios do buque**

Enxeñeiro técnico de obras públicas, especialidade en transportes e servicios urbanos**

Enxeñeiro técnico de obras públicas, especialidade en construccións civís**

Enxeñeiro técnico de telecomunicación, especialidade en sistemas de telecomunicación**

Enxeñeiro técnico de telecomunicación, especialidade en son e imaxe**

Enxeñeiro técnico en topografía*

Mestre, especialidade de audición e linguaxe*****

Mestre, especialidade de educación especial*****

Mestre, especialidade de educación física*****

Titulacións do SUGVía de acceso

12345

Mestre, especialidade de educación infantil*****

Mestre, especialidade de educación musical*****

Mestre, especialidade de educación primaria*****

Mestre, especialidade de lingua estranxeira*****

As vías de acceso que figuran no cadro anterior son as seguintes:

1. Científico-tecnolóxica.

2. Ciencias da saúde.

3. Humanidades.

4. Ciencias sociais.

5. Artes.

A vinculación das titulacións universitarias coas vías establecidas no número 4 do artigo 5º regúlase polas O.M. do 30 de maio de 1995 (BOE do 7 de xuño), O.M. do 26 de decembro de 1996 (BOE do 10 de xaneiro de 1997), O.M. do 28 de agosto de 1998 (BOE do 9 de setembro), O.M. do 6 de maio de 1999 (BOE do 8 de maio), O.M. do 25 de novembro de 1999 (BOE do 30 de novembro), O.M. do 27 de xuño de 2000 (BOE do 4 de xullo) e O.M. do 14 de maio de 2001 (BOE do 22 de maio).