DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de febreiro de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP de Culleredo da Coruña.

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación

infantil e dos colexios de educación primaria, (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Culleredo.

Código do centro: 15027708.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Culleredo.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Ría do Burgo.