DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 16 de marzo de 2004 Páx. 3.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 1 de marzo de 2004 pola que se declara a alienabilidade do inmoble situado na rúa Santiago número 19, no termo municipal de Ribadavia (Ourense).

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte solicitou da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a cesión, a título gratuíto do inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia, situado na rúa Santiago, 19, no termo municipal de Ribadavia (Ourense) co fin de dedicalo á ampliación do Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal.

Polo Decreto 230/2003, do 11 de abril (DOG nº 81, do 28 de abril), desafectouse o dito inmoble do dominio público.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Inmoble situado na rúa Santiago número 19, no termo municipal de Ribadavia (Ourense), que consta de baixo e tres plantas altas, cun terreo adxacente e un patio. A edificación ocupa en planta 55,50 metros cadrados; o patio 37,50 metros cadrados e o terreo adxacente 28,16 metros cadrados. Linda o inmoble no seu conxunto: ó norte e ó oeste, casa que foi de Jesús Pousa; ó sur, travesía de Santiago; e ó leste, rúa Santiago.

Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 518, libro 99, folio 157, predio 13733.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda