DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 15 de marzo de 2004 Páx. 3.450

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 10 de marzo de 2004 pola que se determina a perda de condición de membro do Consello Galego de Consumidores e Usuarios dun dos seus vocais.

De acordo coa proposta efectuada polo presidente do Instituto Galego de Consumo, en virtude do establecido no artigo 7.1º d) en relación co artigo 5.2 do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la perda da condición de membro do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, do vocal da Federación Galega de Euroconsumo, José Rodríguez González e da súa suplente, Olga Pereira Penedo, ó deixar de concorrer neles os requisitos que determinaron a súa designación na Orde do 25 de novembro de 2003, pola que se cubren determinadas vacantes producidas no Consello Galego de Consumidores e Usuarios, ó non acada-la Federación Galega de Euroconsumo o número de socios necesarios para ter dereito a un terceiro representante tal e como se esixe no artigo 3.2º do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA