DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 12 de marzo de 2004 Páx. 3.362

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 54/2004, do 11 de marzo, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo dos aterntados de Madrid.

Para manifesta-lo seu sentimento e o do pobo galego por causa dos atentados de Madrid, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de tódolos cidadáns.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 12 de marzo ata as 24.00 horas do día 14 de marzo.

2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en tódolos centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA