DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 11 de marzo de 2004 Páx. 3.275

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de marzo de 2004 pola que se modifica a Orde do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo agás a representación dos estudiantes no consello social.

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa sesión do 27 de xaneiro de 2004 procedeu á elección do representante dos estudiantes no consello social, segundo o disposto no artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia e remitiulle, con data do 6 de febreiro de 2004, a correspondente comunicación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Unha vez elixido polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo Roberto González Novas como representante dos estudiantes no consello social, procede nomealo como membro do Consello Social da Universidade de Vigo.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.

Facer público o nomeamento de Roberto González Novas como representante do sector de estudiantes no Consello Social da Universidade de Vigo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA