DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 10 de marzo de 2004 Páx. 3.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de febreiro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) ou como iniciativas de emprego rural (IER) cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e os servicios transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación, correspondéndolle o seu exercicio, hoxe en día, á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ó abeiro do disposto no Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a súa estructura orgánica.

En consecuencia, e dentro do ámbito funcional da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, correspóndelle a convocatoria, regulación específica, xestión e control das axudas e subvencións ás iniciativas de emprego antes xestionadas polo Instituto Nacional de Emprego e reguladas na actualidade pola orde ministerial do 15 de xullo de 1999.

A importancia cualitativa destas iniciativas esixe unha selección anterior dos proxectos a través da súa previa cualificación e inscrición rexistral, así como unha definición das súas características e clases. Na estratexia común de reforzar e dar un novo pulo e enfoque integral ó programa de iniciativas de emprego, na Comunidade Autónoma elevouse a rango de decreto a norma reguladora das iniciativas de emprego e as súas clases e do procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro; Diario Oficial de Galicia nº 18, do 27 de xaneiro; corrección de erros nº 24, do 4 de febreiro).

A elevada taxa de desemprego, a necesidade de favorece-la desaceleración da perda de emprego no sector primario e o necesario desenvolvemento e diversificación do tecido empresarial galego no contorno territorial xustifican o deseño dunha política activa de emprego dirixida a fomenta-la cultura emprendedora da poboación para potencia-lo crecemento económico e do emprego no ámbito local e no medio rural, estimulando a iniciativa privada coa colaboración da Xunta de Galicia e das administracións locais de carácter territorial, coa finalidade de facilitar e fomenta-la aparición de novas empresas innovadoras xeradoras de emprego.

Nesta liña de acción, e tendo en conta a Estratexia Europea do Emprego, articúlanse medidas de apoio á posta en marcha de iniciativas de emprego nas cales se integran, conxugan e complementan as axudas transferidas e outras propias non como simple adición, senón como reflexo dun modelo que pretende potenciar e reforza-lo estímulo para a súa implantación en canto instrumentos dinamizadores da actividade económica e do emprego, de signi

ficativa importancia para o desenvolvemento local e rural.

En consecuencia, esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras do programa de axudas e subvencións dirixidas ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego ou como iniciativas de emprego rural, no contexto de integrar nun mesmo programa as medidas de apoio para a dinamización e o desenvolvemento do emprego e da riqueza no medio local e no ámbito rural, así como a súa convocatoria para o ano 2004.

A estructura dos incentivos ós cales poden accede-las iniciativas de emprego ó abeiro desta orde comprende os seguintes tipos de axuda: subvención directa á creación de emprego estable; subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación; apoio á función xerencial; subvención financeira e unha axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

Débese destacar, que na mesma liña que no conxunto dos programas de fomento do emprego, a subvención á creación directa de emprego estable increméntase en 600 euros, cando se incorpore unha muller en busca de emprego.

Tamén cómpre salienta-lo tratamento específico que se lles outorga ás actividades productivas que se inscriban no ámbito dos denominados novos viveiros de emprego, ó preverse, para estes supostos, un incremento do 10% na contía de tódolos tipos de axuda recollidos na orde de convocatoria.

Introdúcese nesta orde unha modificación na axuda para o inicio e posta en marcha da actividade, coa finalidade de favorece-la creación de iniciativas de emprego; esta axuda poderá ser concedida, para os dous tipos de iniciativas, locais e rurais, cando supoña a creación de emprego estable para un desempregado.

Así mesmo, establécese un incremento das axudas en caso de que os beneficiarios estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia.

Por outra banda, nesta orde introdúcense axustes técnicos. Entre eles, e como novidade máis salientable, o establecemento dun novo sistema no prazo de presentación de solicitudes que permite a presentación delas en calquera momento do ano, respectando os prazos específicos establecidos para cada modalidade de axuda, o que simplifica e clarifica as datas de presentación e axiliza a tramitación administrativa.

As bases reguladoras destas axudas e a súa convocatoria axústanse ó disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, en especial no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas públicas, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desen

volve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os vindeiros anos, as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos proxectos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente. Para o ano 2004 a dita determinación recóllese na disposición adicional sexta desta orde.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Obxecto e finalidade.

1. Esta orde, en desenvolvemento do Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral, ten por obxecto fixa-las bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións establecido pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, coa finalidade de fomentar e promove-la creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILES) ou como iniciativas de emprego rural (IER) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nas delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e proceder á súa convocatoria para o ano

2004.

2. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta orde.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como iniciativa de emprego, local ou rural ou, de se-lo caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, en atención ó disposto no artigo 3 do Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Para o caso de que na resolución de cualificación se concedese unha ampliación do prazo para inicia-la actividade, as solicitudes de axudas deberán presentarse antes de que transcorran dous anos desde a data da cualificación, e sempre que dentro do dito prazo inicien a actividade.

2. Entenderase que unha empresa está constituída desde o momento da súa inscrición no correspondente Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas. Cando se trate de empresario individual ou comunidade de bens, cando cause alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

Entenderase que inicia a súa actividade productiva cando cause alta no imposto de actividades económicas ou, de se-lo caso, desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

Capítulo II

Modalidades de axuda

Artigo 3º.-Tipos de axuda.

1. Ó abeiro do programa de promoción de iniciativas de emprego regulado nesta orde pódense solicita-los seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.

c) Apoio á función xerencial.

d) Subvención financeira.

e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

2. Terán a consideración de accións subvencionables as que se produzan no primeiro ano de actividade empresarial, e sempre que observen as previsións específicas contidas nos artigos seguintes para os diferentes tipos de axuda.

3. Para os efectos das axudas recollidas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Cando se trate de traballadores autónomos, para os efectos deste programa, tamén terán a consideración de colectivo beneficiario os que, figurando inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social realicen un traballo por conta allea cunha prestación de servicios inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais.

Artigo 4º.-Subvención á creación directa de emprego estable.

1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido que sexan ocupados por desempregados inscritos como tales no Servicio Público de Emprego ou polos beneficiarios ós cales se refire o último parágrafo do nº 3 do artigo anterior, incentivarase cada un deles cunha subvención de ata 4.800 euros. No suposto de que o posto de traballo estable creado sexa ocupado por unha muller pertencente a algún dos colectivos beneficiarios, o incentivo incrementarase nunha contía de ata 600 euros.

Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ó tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.

2. Cando a dedicación inicial se realice a tempo parcial e se transforme con posterioridade a tempo completo, a empresa poderá solicita-la diferencia entre a contía que se percibiu inicialmente e a que corresponde por dedicación a tempo completo, sempre que a dita modificación se produza dentro do primeiro ano da actividade.

3. Cando se trate de contratacións indefinidas de traballadores por conta allea, esta axuda, de se-lo caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ámbolos dous beneficios poidan supera-lo 60% do custo salarial anual correspondente ó contrato obxecto de subvención.

4. Non se poderá conceder esta axuda cando se trate de traballadores que prestasen servicios na mesma empresa en virtude dun contrato de carácter temporal.

5. O prazo de presentación de solicitudes de subvención á creación de emprego estable será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social. Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 12º.2 desta orde, aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data de alta na Seguridade Social.

Artigo 5º.-Subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.

1. Para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación, poderá concedérselles ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego unha subvención equivalente ó 50 por 100 dos custos laborais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por tódolos conceptos, correspondentes a un ano como máximo.

2. Quedan excluídos deste tipo de axudas as contratacións ou incorporacións dos titulares ou socios da empresa cualificada como iniciativa de emprego.

3. A subvención, que se concederá por unha soa vez, terá como límite máximo, por tódalas contratacións, a contía de 18.000 euros, e estará condicionada á xustificación pola empresa de que, coas contratacións obxecto de subvención, se suplan carencias ben identificadas para o desenvolvemento da actividade empresarial e o bo fin dela.

4. Esta subvención é incompatible, para o mesmo traballador, coa establecida no artigo 4º, e é compatible, se é o caso, coas bonificacións de cotas á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ámbolos dous beneficios poidan supera-lo 60% do custo salarial anual.

5. O prazo de presentación de solicitudes da subvención por asistencia técnica, para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación, será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social. Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 12.2º desta orde, aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data de alta na Seguridade Social.

Artigo 6º.-Apoio á función xerencial.

1. Para o acompañamento na instalación da empresa, poderase financia-lo apoio ás funcións xerenciais para axuda-lo promotor ou empresario na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. O dito apoio poderá revesti-las seguintes modalidades:

a) Axuda por titoría, entendéndose por tal o acompañamento técnico que un experto alleo á empresa, persoa física ou xurídica que reúna garantías de solvencia e profesionalidade, lle presta ó promotor ou empresario nas súas actividades xerenciais durante un prazo de tempo determinado.

b) Axuda por formación, que incluirá os cursos que o promotor ou empresario poida recibir para obter e mellora-los seus coñecementos sobre a función xerencial.

c) Axuda pola realización externa de estudios e informes sobre a actividade para que o promotor ou empresario poida dispoñer de mellor información sobre os bens ou servicios obxecto de producción, incluíndose neste epígrafe os estudios de mercado, organización, comercialización, diagnose e outros de natureza análoga.

2. O gasto orixinado polo apoio á función xerencial deberá producirse no prazo dun ano desde o inicio da actividade da empresa. A contía da subvención de apoio á función xerencial, que se pagará por unha soa vez, será de ata o 75 por 100 do custo dos ser

vicios recibidos cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.

3. As solicitudes de apoio á función xerencial deberán presentarse no prazo xeral establecido no artigo 12.2 desta orde.

Artigo 7º.-Subvención financeira.

1. A subvención financeira ten por finalidade promove-la creación de postos de traballo, mediante a reducción dos xuros de préstamos para financia-los investimentos en activo fixo que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas cualificadas como iniciativas de emprego. Non obstante, poderase destinar ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Os préstamos, para seren subvencionados, deberán ser concedidos por entidades financeiras que teñan subscrito un convenio, para tal fin, coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

2. A subvención, pagadoira dunha soa vez, será como máximo o equivalente á reducción de catro puntos do xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo sen que, en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

Esta subvención ten como límite a contía máxima de 5.100 euros por emprego estable creado para os colectivos de beneficiarios previstos no artigo 3º.3 desta orde.

3. As solicitudes de subvención financeira deberán presentarse con anterioridade ó inicio da execución do proxecto de investimento, e no prazo xeral establecido no artigo 12º.2 desta orde.

Artigo 8º.-Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

1. Para que unha iniciativa de emprego se poida beneficiar da axuda prevista neste artigo ten que supoñer, cando menos, a creación directa de emprego estable para un desempregado que pertenza a algún dos colectivos beneficiarios previstos no artigo 3º.3 desta orde.

2. Esta axuda consistirá nunha subvención de ata un 60% dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ó número de postos de traballo estables creados para os colectivos de beneficiarios, de acordo coa seguinte escala:

-De 1 a 2 postos de traballo: ata 12.000 euros.

-De 3 a 10 postos de traballo: ata 24.000 euros.

-De 11 a 20 postos de traballo: ata 36.000 euros.

-21 ou máis postos de traballo: ata 48.000 euros.

En ningún caso o importe da axuda poderá supera-la contía de 6.000 euros por posto de traballo estable creado. Este límite máximo por posto de traballo poderá ser excepcionado no caso das iniciativas de emprego rural sempre que a dita excepción estea amparada na propia definición e características do plan de actuación sectorial correspondente.

Para a determinación da contía valorarase o volume do investimento do proxecto e a incidencia social e sobre o emprego no contorno xeográfico en que se desenvolva a actividade.

3. Esta axuda, que se concederá por unha soa vez, irá destinada a sufraga-los gastos necesarios derivados da posta en marcha da actividade e do funcionamento da empresa, sempre que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da súa actividade. Os gastos subvencionables serán a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local, publicidade, subministración; así como outros gastos que por razón da actividade, sempre que estean debidamente xustificados, sexan necesarios para a posta en marcha da actividade.

En ningún caso serán subvencionables, a través da axuda regulada neste artigo, os gastos que poidan ser considerados como investimento en activo fixo.

4. As solicitudes de axuda para o inicio e posta en marcha da actividade deberán presentarse no prazo xeral establecido no artigo 12º.2 desta orde.

Artigo 9º.-Actividades vinculadas ós novos viveiros de emprego.

1. As empresas cualificadas como iniciativas de emprego terán dereito a un incremento do 10 por 100 da contía das subvencións reguladas nesta orde, cando a súa actividade productiva principal se inscriba dentro dos ámbitos dos novos viveiros de emprego no marco da definición e interpretación que establece a Comisión Europea, que a continuación se relacionan:

A) Servicios da vida diaria:

-Os servicios a domicilio (preparación e distribución de comidas a domicilio; acompañamento e prestación doutros servicios a persoas maiores no seu domicilio; servicios a persoas enfermas no seu domicilio; servicios de limpeza e pasada de ferro; servicios administrativos).

-Coidado dos nenos (coidado e educación de nenos por debaixo da idade escolar, actividades deportivas, recreativas e culturais para nenos en idade escolar).

-Novas tecnoloxías da información e da comunicación (como servicios a particulares no eido da cultura, da saúde, da comunicación, do lecer como telemedecina, formación a distancia, teletraballo; servicios ás empresas: información económica, servicios comerciais, contabilidade a distancia, asis

tencia especializada, ou como servicios públicos: teleservicios, acceso a bases de datos, servicios administrativos de información).

-Axuda para a inserción de mocidade en dificultades e con desarraigamento social (axudas nos deberes escolares; centros de inserción profesional; educación na rúa; empresas de inserción).

B) Os servicios de mellora do marco de vida:

-Mellora da vivenda (rehabilitación de vivendas deterioradas; mantemento das vivendas).

-A seguridade (servicios de vixilancia e acollida; instalación de materiais de seguridade; aparcadoiros; televixilancia).

-Transportes colectivos locais (novas formas de organización dos transportes colectivos; servicios especializados con determinados colectivos de usuarios).

-A revalorización dos espacios públicos urbanos (rehabilitación de espacios públicos e barrios; mantemento de espacios públicos; iniciativas económicas e comerciais en zonas vellas das cidades).

-Os comercios de proximidade (comercios en zonas rurais; comercios nos barrios urbanos non céntricos; puntos comerciais multiservicio en zonas desfavorecidas).

C) Servicios culturais e de lecer:

-O turismo (turismo rural e cultural e outros novos fenómenos turísticos; servicio de acompañamento e acollida turística; novos servicios turísticos telemáticos).

-O sector audiovisual (producción e distribución de películas; producción e distribución de emisións televisivas; televisión interactiva; acceso a distancia a bibliotecas e museos).

-A valorización do patrimonio cultural (creación e restauración de lugares de interese cultural; servicios de difusión da cultura e acollida turística).

-O desenvolvemento cultural local (actividades de valorización dos recursos e actividades culturais locais como música, folclore, teatro, gastronomía, artesanía).

D) Os servicios de ambiente:

-A xestión dos residuos (recollida selectiva e tratamento dos residuos; actividades de investigación para a reutilización dos materiais recuperados; novas técnicas de automatización do tratamento dos residuos).

-A xestión da auga (realización e xestión de infraestructuras de xestión da auga; servicios de investigación tecnolóxica e transferencia de saber facer; asistencia á xestión de infraestructuras locais; explotación turística e deportiva das reservas hidráulicas).

-A protección e o mantemento das zonas naturais (actividades de protección e mantemento das zonas rurais; actividades de investigación agronómica; creación e xestión de parques e reservas naturais).

-A normativa, o control da contaminación e as instalacións correspondentes (producción de bens e servicios ligados a tecnoloxías menos contaminantes; desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías de economía da enerxía; mellora da xestión dos sistemas de control da contaminación e o ruído).

2. O incremento do 10 por 100 establecido no punto anterior, en tódolos tipos de axuda previstos nesta orde, aplicarase sobre o importe que correspondería de tratarse doutra actividade, con independencia de que, como consecuencia da aplicación do incremento, se superen ou non os límites porcentuais ou cuantitativos previstos para cada tipo de axuda.

Artigo 10º.-Beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia.

As contías das axudas reguladas nos artigos 4º, 7º, 8º e, se é o caso, co incremento establecido no artigo 9º desta orde, incrementaranse nun 10 por 100, no caso de desempregados que, téndose en conta para o cálculo da subvención, no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social, estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia, segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro), con independencia de que, como consecuencia da aplicación deste incremento, se superen ou non os límites porcentuais ou cuantitativos previstos para cada tipo de axuda.

Capítulo III

Competencia e procedemento

Artigo 11º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, corresponderalles:

a) Ós delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, cando a actividade para a que se solicita subvención se vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.

b) Ó director xeral de Promoción do Emprego, cando a actividade para a que se solicita subvención se vaia desenvolver en máis dunha provincia desta Comunidade Autónoma, e cando se trate de iniciativas de emprego apoiadas por un departamento da Xunta de Galicia.

Artigo 12º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ó órgano competente e serán presentadas por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Con carácter xeral, as solicitudes de axudas deberán presentarse antes de que transcorra un ano desde que se iniciou a actividade da empresa. Non obstante, deberán respectarse os prazos específicos establecidos nos artigos anteriores para cada tipo de axuda. Para o caso de que na resolución de cualificación se concedese unha ampliación do prazo para inicia-la actividade, as solicitudes de axudas deberán presentarse antes de que transcorran dous anos desde a data da cualificación, e sempre que no dito prazo iniciasen a actividade.

3. Para a presentación de solicitudes de axudas, os beneficiarios poderán contar co asesoramento dos técnicos de emprego da rede coordinada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 13º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir acompañadas por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación, común e específica, que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axuda:

a) Se o solicitante é persoa física: DNI e acreditación do número de identificación fiscal, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante que actúa en nome da entidade e NIF da empresa.

b) De tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, alta no imposto de actividades económicas ou, de se-lo caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda.

No suposto de que se solicite a subvención financeira con anterioridade ó inicio da actividade, esta documentación deberá achegarse na fase de xustificación do pagamento.

c) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos (segundo o modelo do anexo IV). Ou, de se-lo caso, unha declaración de que non se solicitaron nin percibiron outras axudas ou subvencións (no modelo de solicitude).

d) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo VII).

e) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece no artigo 17.1º. A desta orde (segundo o modelo do anexo V).

2. Documentación específica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable para desempregados:

-Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido ocupados por colectivos beneficiarios e relación nominal deles, con indicación da data de incorporación efectiva (segundo o modelo anexo III).

-DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego das persoas incorporadas á empresa, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego segundo os datos do informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

-Documentos acreditativos da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente réxime da Seguridade Social.

b) Subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.

-Memoria descritiva da necesidade da contratación de expertos, número e perfís profesionais deles, funcións que van realizar en relación coas categorías profesionais, e custos laborais totais.

-Contratos de traballo e altas na Seguridade Social.

c) Subvención ó apoio á función xerencial:

-Memoria descritiva da medida de apoio solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da actividade empresarial e o orzamento desagregado por conceptos, a proposta dos servicios que se van desenvolver e o calendario previsto para súa realización, así como a conformidade da empresa, entidade ou persoa física que vai presta-lo apoio e a aceptación do solicitante.

-Documentación acreditativa da solvencia profesional da empresa, entidade física ou xurídica, que prestará ou xa prestase o servicio de apoio.

d) Subvención financeira:

-Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimentos e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou o obxecto da axuda.

-Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, en que figuren as características e se

faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo VI).

-Plan de investimentos xunto coas facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán co préstamo.

-Declaración do número de empregos estables creados e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polos que se solicita a subvención (segundo o modelo anexo III).

e) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade:

-Memoria descritiva da actividade e orzamento dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade, con indicación daqueles ós que se vai destina-la subvención, así como das fontes de financiamento.

-Declaración do número de postos de traballo estables creados e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polas que se solicita a subvención (segundo o modelo anexo III).

Artigo 14º.-Emenda da solicitude.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán o interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dictándose resolución para o efecto.

Artigo 15º.-Criterios de gradación.

Para a valoración das axudas ás iniciativas de emprego, teranse en conta aquelas accións que se implanten en zonas menos favorecidas e con maior índice de desemprego, así como as promovidas ou que incorporen a menores de 30 anos, parados de longa duración, maiores de 45 anos, mulleres e persoas con discapacidade, e daráselles especial preferencia a aqueles proxectos e iniciativas que xeren un maior número de empregos estables a tempo completo para estes colectivos de beneficiarios.

Artigo 16º.-Resolución.

1. Logo da fiscalización polas repectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes servicios, as resolucións serán dictadas polo órgano competente, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e deberán serlles notificadas ós interesados. As resolucións de concesión ou de denegación deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver será de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude

no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se dictase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de acordo co establecido nos artigos 1º e 2º da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 17º.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que se sinale na resolución de concesión, da documentación común e específica seguinte:

A. Documentación común para tódolos tipos de axuda:

-Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da actividade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, nos prazos, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

-Documentación acreditativa de se encontraren ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

-Documentación acreditativa de se encontraren ó día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario achegase coa solicitude a debida autorización para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor (segundo modelo do anexo V).

-Declaración complementaria da establecida no artigo 13.1º c) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos. Ou, de se-lo caso, de que non solicitaron nin percibiron outras axudas e subvencións.

B. Documentación específica:

a) Subvención ó apoio á función xerencial:

-Facturas da empresa, entidade ou persoa física, acreditativas do custo do servicio recibido.

-Informe escrito da actuación de apoio desenvolvida e, para o caso de consistir na elaboración dun estudio de mercado ou similar, presentarase copia del.

-Certificación da empresa, entidade ou persoa física, da finalización do servicio de apoio prestado, coa aceptación ou conformidade da empresa solicitante cos servicios recibidos.

b) Subvención financeira:

-Copia do contrato de préstamo, de non se xuntar á solicitude.

-De tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, alta no imposto de actividades económicas ou, de se-lo caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Facenda, de non se xuntar á solicitude.

-Documentos acreditativos da incorporación e alta no correspondente réxime da Seguridade Social das persoas que se incorporan á empresa para ocuparen postos de traballo estables.

-DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego das persoas incorporadas á empresa, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego segundo os datos do informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

O beneficiario, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade:

-Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención.

-Documentos acreditativos da incorporación e alta no correspondente réxime da Seguridade Social dos traballadores que ocupen os empregos estables creados tidos en conta para o cálculo da subvención.

-DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego das persoas incorporadas á empresa, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego segundo os datos do informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

2. Malia o sinalado no artigo 13º e nos números anteriores deste artigo, a documentación esixida para a fase de pagamento, común e específica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do inte

resado. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude coma na de xustificación do pagamento.

Capítulo IV

Incompatibilidades e obrigas

Artigo 18º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. As subvencións ou axudas reguladas nesta orde non poderán ser, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, de tal contía que superen o 80% do custo total da actividade subvencionada que vai desenvolve-lo beneficiario.

2. Non se poderán imputa-los mesmos gastos ós distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

3. As subvencións reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego autónomo, de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade, así como no programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para a adquisición da condición de socio traballador dunha cooperativa de traballo asociado ou dunha sociedade laboral, convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

4. A axuda á creación directa de emprego estable e a subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación serán incompatibles coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Os ditos incentivos serán compatibles, de se-lo caso, con axudas ou bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 19º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Acreditaren, previamente ó cobramento, que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Realizaren a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira que faga fe.

c) Comunicarlle ó órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de se-lo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

d) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

2. As empresas beneficiarias destas subvencións deberán cumprir, respecto dos distintos tipos de axuda, as seguintes obrigas:

a) Subvencións á creación directa de emprego estable: as empresas beneficiarias, co fin de garanti-lo mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de subvención, deberán presentar dentro do primeiro trimestre de cada ano unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito.

A dita obriga manterase durante os tres anos seguintes a aquel en que se concedeu a axuda ou subvención.

Cando no período de tres anos, desde a data da incorporación á empresa, se produza o cesamento dalgún traballador, a empresa beneficiaria está obrigada a cubri-la vacante no prazo dun mes, polo menos, en tempo de dedicación igual ó anterior, debendo reuni-lo novo traballador o requisito de pertencer a algún dos colectivos de beneficiarios deste programa, o que deberá ser comunicado ó órgano que concedeu a axuda dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.

b) Subvencións por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación: as empresas deberán manter no seu cadro de persoal o experto técnico contratado, como mínimo, polo tempo subvencionado, e deberán presentar no prazo de dous meses desde a finalización do período subvencionado:

-Unha memoria das actividades realizadas polos expertos.

-Recibos dos salarios e boletíns de cotización á Seguridade Social (TC2) dos expertos técnicos contratados, correspondentes ó período subvencionado.

c) Subvención financeira: o beneficiario da subvención acreditará, no prazo dun ano desde a concesión da subvención, mediante facturas, escrituras públicas ou contratos, que o préstamo subvencionado foi destinado a financiar investimentos para a creación e posta en marcha da empresa.

d) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade: as empresas deberán enviar unha breve memoria do desenvolvemento da actividade dentro do primeiro trimestre de cada ano e referida ó ano anterior. A dita obriga manterase durante os tres exercicios seguintes a aquel no que se concedeu a subvención.

Artigo 20º.-Modificación da resolución concesoria.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión de axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 21º.-Revogación.

Procederá a revogación das subvención e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 22º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Artigo 23º.-Axudas baixo condicións de mínimis.

Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ó réxime de axudas de mínimis; polo tanto, non poderán excede-los límites cuantitativos (100.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento CE nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE nº L10, do 13 de xaneiro).

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais levará a cabo a función de control, así como de avaliación e seguimento deste programa.

Para realiza-las ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para comproba-lo cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Ademais, os técnicos de emprego que realizan os labores de acompañamento e asesoramento colaborarán nas actuacións de seguimento e avaliación das empresas cualificadas como ILES ou IER unha vez iniciada a súa actividade.

Segunda.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas para os diferentes tipos de axuda previstos nesta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Promoción do Emprego, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñece-la obriga e propoñe-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.-A comprobación da condición de beneficiario do Programa Labora: Xuventude con Experiencia será realizada directamente polo órgano xestor das axudas.

Quinta.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

O pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde financiarase con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente.

Sexta.-No exercicio 2004 as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias: 16.04.241A.470.1, código proxecto 2003 00452, cun crédito de 1.552.500 euros; 16.04.241A.470.2, código proxecto 2002 14439, cun crédito de 11.144.231 euros; 16.04.241B.475.0, código proxecto 2002 14109, cun crédito de 1.745.065 euros, e 16.04.241B.475.2, codigo proxecto 2004 00340, cun crédito de 3.078.798 euros.

Estas contías están recollidas na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta orde, da orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2004 os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar,

da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede a súa convocatoria para o ano 2004, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2004, e das demais ordes que establezan as bases reguladoras e a convocatoria dos programas de promoción do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social, incluídos nos programas orzamentarios 241A e 241B.

Así mesmo, os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego ou como iniciativas de emprego rural realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria correspondentes a exercicios anteriores, que quedasen pendentes no momento da entrada en vigor desta norma e sempre que reunisen os requisitos legais establecidos nelas, poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios para o exercicio 2004, en función da normativa que lles era de aplicación no momento da presentación da solicitude.

Segunda.-Aquelas iniciativas de emprego para as cales, en virtude da súa constitución e do inicio da súa actividade, finalizase o prazo de presentación de solicitudes entre o 1 de outubro de 2003 e a data de entrada en vigor desta orde, poderán acollerse ás axudas previstas nela, rematando o prazo de presentación, nestes supostos, o 30 de abril de 2004.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro 2004.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA