DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 10 de marzo de 2004 Páx. 3.192

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de febreiro de 2004 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos de carácter presencial e a distancia do Plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional correspondente ó exercicio do ano 2004.

O Plan autonómico de formación de formadores consiste nun conxunto de accións de formación dirixidas ós profesionais que participen como docentes nos plans de formación ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais tendentes a capacitar para programar, impartir e avaliar cursos de formación ocupacional.

O Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, establece no seu artigo 3 que a programación das accións a que fai referencia o citado decreto será realizada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, con carácter anual e mediante convocatoria pública, con medios persoais e materiais propios ou alleos contratados para estes efectos.

No Plan Galego de Formación Profesional para o período 2002-2006 recóllense os seguintes obxectivos do plan de establecemento dunha estructura integrada de formación do profesorado: a disposición

dunha estructura estable que garanta a formación e actualización continua e permanente do profesorado público de FP; a homoxeneización e nivelación da formación e actualización do profesorado dos diferentes subsistemas de FP, facilitando a súa dispoñibilidade e eventual adaptación docente a calquera das modalidades de oferta, e, por último, a mellora do rendemento das estructuras de formación que require a formación e actualización tecnolóxica do profesorado de FP.

Unha vez aprobada a programación de cursos de cada provincia, tanto os cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación formador ocupacional, regulado polo Real decreto 1646/1997, do 31 de outubro, como os cursos de carácter monográfico, procédese agora á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandato regulamentario, e á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. O obxecto desta orde é a convocatoria e programación dos cursos, na modalidade presencial e a distancia, de formación de formadores de formación ocupacional e o establecemento dos requisitos, condicións e criterios de selección dos alumnos, así como determinar cáles son os cursos ofertados e os lugares de impartición, que serán os recollidos no anexo I.

2. Estas accións formativas poderán ser cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación formador ocupacional, e cursos de carácter monográfico, especialmente dirixidos á especialización e actualización docente.

3. O curso de formación metodolóxica que se oferta é o seguinte: Formador ocupacional (DOFF10). Este curso impartirase modularmente por unidades de competencia, que son as seguintes:

UCDecriciónHoras

397Programar accións formativas vinculándoas ó resto das accións de formación da organización, de acordo coas demandas do contorno.80

402Proporcionar oportunidades de aprendizaxe adaptadas ás características dos individuos ou grupos e ás súas necesidades de cualificación, así como acompañar e orientar, de maneira contextualizada, o proceso de aprendizaxe e a cualificación dos mesmos.180

408Verificar e avalia-lo nivel de cualificación acadado, os programas e as accións de modo que permita a toma de decisións para a mellora da formación.70

409Contribuír activamente á mellora da calidade da formación.50

380

As equivalencias entre os desaparecidos cursos da ocupación formador ocupacional coas unidades de competencia da programación modular son as seguintes:

Denominación dos cursosUC equivalente

DOFF17. Planificación e deseño de programas de formación.397

DOFF13. Dirección de procesos de aprendizaxe.402

DOFF14. Avaliación da formación.408

DOFF15. Procesos de mellora da calidade da formación.409

4. Impartiranse, así mesmo, de acordo co establecido no artigo 2.2º a) do Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, os cursos de carácter monográfico que se recollen no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Impartición.

As accións formativas reguladas nesta orde incluídas na modalidade presencial serán impartidas nos centros propios de formación profesional ocupacional da Xunta de Galicia, mentres que as da modalidade a distancia serán impartidas pola entidade que resulte adxudicataria do concurso que se convocará con esta finalidade.

Artigo 3º.-Convocatoria.

A convocatoria dos cursos de formación metodolóxica na modalidade presencial que se vai realizar en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe dela, a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería e das oficinas de emprego. Os cursos monográficos deberán publicarse, ademais, en xornais de difusión autonómica.

A convocatoria dos cursos da modalidade a distancia publicarase en tódolos xornais da comunidade autónoma no momento no que se adxudique o concurso público para a súa impartición.

A programación recollida no anexo I desta orde poderá modificarse, á vista das solicitudes presentadas, por resolución dos respectivos/as delegados/as provinciais. Estas modificacións, como mínimo, deberán ser expostas nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais desta consellería.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nas accións formativas de carácter presencial deberán dirixi-la súa solicitude, no modelo normalizado que se publica como anexo II a esta orde, á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da provincia na que se impartirá o curso solicitado, que se presentará por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. No caso dos solicitantes de accións formativas a distancia, as solicitudes dirixiranse á delegación provincial da súa residencia.

2. No suposto de quereren participar en accións formativas de carácter presencial en diferentes provincias, deberán formalizar unha solicitude independente para cada unha delas, tendo en conta que poderán solicitar ata un máximo de catro cursos en toda a comunidade autónoma.

3. Coa solicitude deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo seguinte. Non obstante, non estarán obrigados a presentala os solicitantes que xa o fixeran na anterior convocatoria; neste caso, deberán achegar exclusivamente a xustificación dos méritos non acreditados anteriormente.

Artigo 5º.-Prazo.

1. O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade presencial será dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para os cursos programados no primeiro semestre. Nos cursos programados no segundo semestre (de xullo a decembro) o prazo rematará o día 15 de xuño de 2004.

2. Na modalidade a distancia, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de maio de 2004.

Artigo 6º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

1. Requisitos de titulación.

Os aspirantes deberán posuí-la titulación académica e/ou a capacitación profesional esixida nos certificados de profesionalidade. No caso de non existir programas seguiranse os criterios que establezan os servicios competentes.

2. Os criterios para o acceso ós cursos que se convocan nesta orde serán os seguintes, por orde de prelación e con carácter excluínte:

Unidades de competencia 397 E 402.

1º Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2004 e que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

2º Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que se desenvolvan ou finalicen no ano 2004 e que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

3º Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

4º Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

5º Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

6º Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

Unidades de competencia 408 E 409.

1º Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2004 e que teñan feito ou convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

2º Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que se desenvolvan ou finalicen no ano 2004 que teñan feito ou convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

3º Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos que teñan feito ou convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

4º Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que teñan feito ou convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en anos anteriores.

5º Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

6º Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

3. Para establece-la orde de prelación dos candidatos para cada un dos colectivos especificados no punto anterior, no caso de que o número de aspirantes sexa superior ó de prazas ofertadas, valoraranse os seguintes aspectos:

a) Pertenza ó catálogo de expertos da Xunta de Galicia: 15 puntos.

b) A experiencia profesional durante os últimos dez anos na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte ou pretenda impartir cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado.

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso sexa do Plan FIP ou dos impartidos en escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras na que se faga consta-la denominación dos cursos, datas de impartición, número de horas impartidas e programación á que corresponde.

d) A impartición de cursos de formación continua, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso fora realizado ó amparo dos acordos nacionais de formación continua, acreditada a través da certificación do responsable da enti

dade impartidora, na que se faga consta-la denominación da acción formativa, datas de impartición, número de horas impartidas, número de plan e ano de convocatoria.

e) En caso de empate coa puntuación obtida nas alíneas b), c) e d) terán preferencia os aspirantes que teñan maior puntuación na alínea c).

4. Para a asistencia ós cursos monográficos será requisito imprescindible ter experiencia docente na impartición de cursos incluídos nos plans de formación ocupacional da Xunta de Galicia e ter realizado algunha unidade de competencia do certificado de profesionalidade da ocupación formador ocupacional ou o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas. Na selección dos asistentes terase en conta a experiencia profesional, de acordo cos criterios sinalados nas alíneas b), c) e d) do punto anterior.

No caso de que queden prazas vacantes, unha vez aplicados os criterios recollidos neste artigo, poderán acceder á impartición de cursos monográficos docentes de calquera dos outros dous subsistemas de formación profesional.

Artigo 7º.-Requisitos específicos para os aspirantes da modalidade a distancia.

Nesta modalidade será requisito imprescindible ter coñecementos mínimos de informática e Internet, así como dispoñer dunha conta de correo electrónico e acceso a un ordenador con conexión a Internet de alta velocidade.

Os requisitos mínimos do ordenador usuario serán os seguintes:

* Procesador a 200 Mhz ou máis.

* 64 MB Ram.

* Pantalla configurada a 800 x 600 píxeles, 16 bits de profundidade de cor.

* Altofalantes.

* Tarxeta de audio.

* Tarxeta de vídeo con 4 mb de Ram.

* Navegador Internet Explorer 5.0 ou superior.

* Macromedia shockwave flash 8.0 ou superior ou Flash Player 6 ou superior (descarga gratuíta).

* Adobe Acrobat 4.0 ou superior (descarga gratuíta).

* Conexión a Internet (preferible de banda ancha).

* O explorador debe ter habilitada a máquina virtual de Java.

Artigo 8º.-Resolución.

1. A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos, tanto na modalide presencial como a distancia, que como mínimo, deberá ser publicada xunto coas puntuacións obtidas no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial, realizarase por resolución do/a respectivo/a delegado/a provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde, notificándoselles persoalmente ós interesados. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

2. Na modalidade a distancia as resolucións serán dictadas polo director xeral de Formación e Colocación.

3. Contra as resolucións dos delegados provinciais (modalidade presencial) e do director xeral de Formación e Colocación (modalidade a distancia) poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Artigo 9º.-Diplomas.

Para ter dereito a diploma acreditativo de ter realizado calquera dos cursos que se regulan nesta convocatoria será preciso asistir, como mínimo, ó 90% das súas horas lectivas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais

ANEXO I

Programación formación de formadores 2004

Modalidade: presencial

Clave do curso

Código da uniade de competencia

Mes aproximado de inicio e horario (1)

Lugar de impartición

C-1UC-397Abril/mañásA Coruña

C-2UC-409Maio/mañásA Coruña

C-3UC-397Xuño/mañásA Coruña

C-4UC-409Outubro/mañásA Coruña

C-5UC-402Novembro /mañásA Coruña

C-6UC-397Abril/mañásSantiago de Compostela

C-7UC-409Maio/mañásSantiago de Compostela

C-8UC-408Xuño/outubroSantiago de Compostela

C-9UC-402Outubro/mañásSantiago de Compostela

LU-1UC-409Abril/mañásLugo

LU-2UC-402Maio/mañásLugo

LU-3UC-397Setembro/tardesLugo

LU-4UC-408Outubro/mañásLugo

OU-1UC-402Marzo/mañásOurense

OU-2UC-397Marzo/tardesOurense

OU-3UC-397Abril/tardesOurense

OU-4UC-402Maio/mañásOurense

OU-5UC-397Maio/mañásOurense

OU-6UC-408Xuño/mañásOurense

OU-7UC-402Setembro/mañásOurense

OU-8UC-408Setembro/tardesOurense

Clave do curso

Código da uniade de competencia

Mes aproximado de inicio e horario (1)

Lugar de impartición

OU-9UC-409Outubro/tardesOurense

OU-10UC-409Novembro/tardesOurense

PO-1UC-402Marzo/mañásVigo

PO-2UC-409Setembro/mañásVigo

PO-3UC-397Outubro/mañásVigo

PO-4UC-408Novembro/mañásVigo

PO-5UC-397Maio/tardesVigo

PO-6UC-409Xuño/tardesVigo

PO-7UC-402Setembro/tardesVigo

PO-8UC-408Novembro/tardesVigo

Cursos monográficos

Clave do curso

Denominación

Mes aproximado de inicio e horario (1)Lugar de impartición

C-M-1Presentacións en Power PointSetembro/mañásA Coruña

LU-M-1Técnicas de comunicación oralNovembro/mañásLugo

LU-M-2Confección de material didácticoDecembro/mañásLugo

OU-M-1InternetNovembro/mañásOurense

OU-M-2Power PointDecembro/mañásOurense

OU-M-3Recursos didácticos multimediaDecembro/mañásOurense

PO-M-1Resolución de conflictosXuño/mañásVigo

PO-M-2Habilidades sociais e autoestimaXuño/mañásVigo

PO-M-3Internet para a formaciónXuño/tardesVigo

PO-M-4Confección de material didáctico con Word e Power PointXuño/tardes

PO-M-5Confección de material didáctico con Word e Power PointDecembro/mañásVigo

PO-M-6Internet para a formaciónDecembro/tardesVigo

(1)Tanto os meses de inicio como o horario dos cursos poderán variar en función da planificación das accións formativas.

Programación formación de formadores 2004

Modalidade: a distancia

Unha edición de cada unha das seguintes unidades de compentencia:

CódigoDenominaciónPrazas

397Programar accións formativas vinculándoas ó resto das accións de formación da organización, de acordo coas demandas do contorno.75

402Proporcionar oportunidades de aprendizaxe adaptadas ás características dos individuos ou grupos e ás súas necesidades de cualificación, así como acompañar e orientar, de maneira contextualizada, o proceso de aprendizaxe e a cualificación dos mesmos.175

408Verificar e avalia-lo nivel de cualificación acadado, os programas e as accións de modo que permita a toma de decisións para a mellora da formación.175

409Contribuír activamente á mellora da calidade da formación.75

A impartición das unidades de competencia na modalidade a distancia terá lugar, previsiblemente, no segundo semestre de 2004.