DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 10 de marzo de 2004 Páx. 3.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de febreiro de 2004 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas en centros de atención á primeira infancia, dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 39, do mércores, 25 de febreiro de 2004, cómpre realiza-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.559, no artigo 5º.-Solicitudes, no punto 2. Novo ingreso, letra c), na alínea onde di: «..., detallando por orde de preferencia 5 centros dos que se relacionan no anexo IV», debe dicir: «..., detallando por orde de preferencia ata un máximo de 5 centros dos que se relacionan no anexo IV».

-No páxina 2.566, no anexo IV.-Relación de centros partícipes no programa Cheque infantil na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2004-2005 deberá suprimirse o centro que figura con nº de código 325110 «Play-School», con enderezo: r/ Progreso, 139, baixo do concello de Ourense.

-Na páxina 2.567, no referido anexo IV deberá engadirse o centro Escola Infantil San Miguel, 2, con nº de código 365819, e enderezo: Tomás A. Alonso, 13. C.P. 36208. Concello de Vigo. Provincia de Pontevedra.