DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 10 de marzo de 2004 Páx. 3.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de marzo de 2004 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2003-2004, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 56 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas, para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o feito de que a formación profesional estea estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo, para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste senso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Durante estes últimos anos vénse ofertando esta modalidade de formación do profesorado, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e convocada mediante orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo a denominación de estadías formativas en empresas ou institucións. Precisamente a experiencia levada a cabo con esta acción, evidencia un axeitado procedemento de actualización de coñecementos e, ó mesmo tempo, unha forma de achega-lo profesorado que imparte clases en formación profesional específica ó mundo productivo e ós avances tecnolóxicos de que dispoñen as empresas galegas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Convocatoria e requisitos dos candidatos.

Primeiro.-Convócanse 94 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2003-2004, dirixidas a funcionarios docentes de for

mación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

Os funcionarios deberán pertencer a algunha das especialidades do profesorado para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro e o Real decreto 777/1998, do 30 de abril, ou estaren adscritos a prazas dalgunha das especialidades indicadas, así como aqueles que estean impartindo clases en formación profesional específica.

En todo caso, a estadía solicitada estará relacionada coa súa actividade docente.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante os cursos 2001-2002 e 2002-2003 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ser funcionario de carreira ou funcionario en prácticas nalgún dos corpos e escalas ós que alude este artigo. En casos excepcionais e sempre que queden vacantes, logo de asigna-las prazas a funcionarios, os interinos que estean impartindo clases durante o curso 2003-2004 en módulos asociados a unha unidade de competencia dos ciclos formativos de formación profesional específica, poden solicitar unha estadía de 2 semanas de duración; sempre e cando se xustifique a súa necesidade inmediata e a vista das características do módulo, ciclo e centro no que imparte clases.

3. Non ter realizado estadías formativas en empresas durante os 2 últimos cursos académicos outorgadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Non estar a desfrutar ou ter concedida no curso 2003/2004 licencia por estudios, xa que se consideran incompatibles para realizar no mesmo período de vixencia das estadías formativas en empresas ámbalas dúas modalidades de formación.

Modalidades.

Segundo.-Segundo se trate de empresas ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou empresas e prazas distintas das anteriores e propostas polo interesado, establécense dúas modalidades:

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa, que se relacionan no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 5 traballadores. Neste

caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Distribución das prazas.

Terceiro.-Do total das 94 prazas que se convocan, distribúense da seguinte forma: para a modalidade A=70 prazas e para a modalidade B=24 prazas. As prazas non cubertas polos candidatos da modalidade A poderán ser acumuladas na modalidade B.

Solicitudes e documentación.

Cuarto.-Os candidatos a realiza-las estadías formativas en empresas que se convocan, deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II, e acompañada da documentación que se indica a continuación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VI, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 30 de setembro de 2003, e que será solicitada e tramitada polo interesado.

2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

4. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire o punto quinto desta convocatoria.

5. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Prazo de presentación.

Quinto.-O prazo de presentación de solicitudes, tanto para a modalidade A como para a B, será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación desta orde no DOG. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado

e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais), edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da inspección.

Sexto.-Cerrado o prazo de presentación de solicitudes, o Servicio Provincial de Inspección Educativa emitirá o correspondente informe por instancia da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde. Este informe deberá ser remitido á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no prazo de 5 días naturais e será preceptivo á hora de valora-la autorización da solicitude.

Sétimo.-Aspectos do informe e valoración.

1. O mencionado informe do servicio de inspección referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

2. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos.

Comisión de selección.

Oitavo.

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-A subdirectora xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos, que será a presidenta.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-O xefe de servicio de Xestión Integrada de Recursos, Formación en Empresas e Orientación Laboral.

-Un inspector de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispo-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos relacionados nos apartados 1 e 4 do anexo IV.

Resolución da convocatoria.

Noveno.-A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme ó baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

2. A relación dos seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no edificio administrativo San Caetano e nos das delegacións provinciais, abríndose un prazo de dez días naturais para efectuar reclamación. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora elevará ó director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo.-Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirán renuncias ás actividades concedidas en casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O profesorado que non participe na actividade para a que foi seleccionado perderá a súa preferencia para participar nas vindeiras tres convocatorias da actividade, agás nos casos excepcionais autorizados.

As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de seis meses, desde a data da publicación desta convocatoria no DOG.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999

(BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Períodos de duración das estadías formativas en empresas.

Décimo primeiro.-O período de duración das estadías para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.

Para as estadías que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre 15 días e 2 meses.

Décimo segundo.-Ó finaliza-lo período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores desta na oferta de formación específica dirixida ó profesorado e que se considera interesante dada a profesionalidade detectada no ámbito de cada empresa.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Décimo terceiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais á empresa na que cada profesor realizou a estadía.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados.

Décimo cuarto.-Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado terá dereito, de acordo co establecido no Decreto 202/2002, do 6 de xuño (DOG do 17 de xuño), a unha bolsa de asistencia por día sempre e cando a actividade se desenvolva fóra do concello onde está situado o centro educativo de destino ou do concello onde teña o seu domicilio habitual.

A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación tendo en conta a distancia máis curta en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual ou centro educativo de destino e a empresa:

a) Menos de 30 quilómetros: 12 euros/día.

b) Entre 31 e 50 quilómetros: 15 euros/día.

c) Entre 51 e 75 quilómetros: 20 euros/día.

d) Entre 76 e 100 quilómetros: 24 euros/día.

e) Máis de 101 quilómetros: 30 euros/día.

En todo caso, a contía máxima que poderá percibir en concepto de bolsa de asistencia non poderá sobrepasa-la cantidade de 900 euros.

As bolsas están suxeitas ó IRPF e serán aboadas nun pagamento, unha vez finalizadas as actividades e entregada a memoria, coa certificación do Servicio de Xestión Integrada de Recursos, Formación en Empresas e Orientación Laboral de estar realizada a actividade de acordo co establecido nesta orde.

O desfrute destas axudas é compatible con outras de carácter xeral con cargo a fondos públicos.

Décimo quinto.-As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 84.600 euros. Estas estadías están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Décimo sexto.-Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

Décimo sétimo.-Durante o período de estadía na empresa ou en institucións os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.

Décimo oitavo.-Durante o período de estadía formativa en empresas os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Décimo noveno.-A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais remitiralles ás

delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas, para o seu envío á Inspección de Traballo.

Vixésimo.-A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo primeiro.-O non-cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento.

Vixésimo segundo.-A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, a través dos servicios de Inspección de Educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.

Certificación.

Vixésimo terceiro.-Segundo o disposto no punto 14.2º da Orde do 3 de setembro de 2001 (DOG do 10 de setembro), pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro de actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ó abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:

1. Estadías formativas ata 15 días de duración: certificación de 20 horas de formación.

2. Estadías de 16 a 29 días de duración: certificación de 35 horas de formación.

3. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 50 horas de formación.

4. Estadías formativas de 45 a 59 días de duración: certificación de 70 horas de formación.

5. Estadías formativas de máis de 59 días de duración: certificación de 80 horas de formación.

Retirada da documentación.

Vixésimo cuarto.-Durante o mes de xuño de 2004 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre esta.

Vixésimo quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde e así mesmo para prorrogar automaticamente o período de presentación de solicitudes de non cubrirse totalmente nesta convocatoria, dentro do curso 2003-2004.

Vixésimo sexto.-Os directores e directoras dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias

para que esta orde sexa coñecida por todo o profesorado destinatario desta convocatoria.

Vixésimo sétimo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Distribución das prazas para estadías en empresas da modalidade A que se convocan para o curso 2003-2004

Nome da empresaCentro de traballoEspecialidade da estadíaPrazasPeríodo da ofertaDuraciónAnoMod.Concello da empresaProvincia da empresa

1AlcoaAluminio EspañolHidráulica e pneumática1Marzo1 mes2004ACervoLugo

2AlcoaAluminio EspañolAnálise e química industrial (laboratorio)1Marzo1 mes2004ACervoLugo

3Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L.

(A Coruña)

Informática1Do 1 ó 15 de marzo15 días2004AA CoruñaA Coruña

4Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L. (Vigo)Informática1Do 1 ó 15 de marzo15 días2004AA CoruñaA Coruña

5Asociación Euroeume. Centro de Desenvolvemento LocalAsociación Euroeume

(As Pontes de Gª Rguez.)

Creación e desenvolvemento de productos e servicios turísticos1Marzo1 mes2004AAs Pontes de

Gª Rguez.

A Coruña

6Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraAutoviasaCarrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Marzo1 mes2004AVigoPontevedra

7Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraCatova Autómovil, S.L.Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Marzo1 mes2004APontevedraPontevedra

8Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraTurbotracción, S.A.Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Marzo1 mes2004AVigoPontevedra

9Astillero Barreras (Hijos de J.

Barreras, S.A.)

Astillero Barreras (Vigo)Soldadura e caldeirería1Abril1 mes2004AVigoPontevedra

10Astillero Barreras (Hijos de J.

Barreras, S.A.)

Astillero Barreras (Vigo)Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Do 19 de abril ó 28 de maio40 días2004AVigoPontevedra

11Astillero Barreras (Hijos de J.

Barreras, S.A.)

Astillero Barreras (Vigo)Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Marzo1 mes2004AVigoPontevedra

12Bic GaliciaBic Galicia. Edificio Igape (Santiago de C.)Proxectos e servicios de apoio á empresa1Abril e maio2 meses2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

13Bic GaliciaBic Galicia. Edificio Igape (Santiago de C.)Proxectos e servicios de apoio á empresa1Abril e maio2 meses2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

14Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de C.)Hixiene e seguridade1Marzo1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

15Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de C.)Estética e maquillaxe1Marzo1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

16Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)Laboratorio de análises clínicas/bioquímica1Marzo-abril2 meses2004AA CoruñaA Coruña

17Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaHospital Clínico Universitario (Santiago de C.)Laboratorio de anatomía patolóxica1Marzo-abril2 meses2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

18Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaHospital Clínico Universitario (Santiago de C.)Servicio de admisión documentación clínica1Marzo-abril2 meses2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

19Complexo Hospitalario de PontevedraHospitais do Complexo Hospitalario de Pontevedra (Pontevedra)Laboratorio de análises clínicas/bioquímica/microbioloxía/hematoloxía1Marzo-abril2 meses2004APontevedraPontevedra

20Complexo Hospitalario de PontevedraHospital MonteceloLaboratorio de anatomía patolóxica1Marzo-abril2 meses2004APontevedraPontevedra

21Hospital do MeixoeiroHospital do MeixoeiroServicio de Endocrinoloxía (área de dietética)1Marzo-abril2 meses2004AVigoPontevedra

22Complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cíes de VigoHospital Xeral de VigoDiagnóstico por imaxe1Marzo-abril2 meses2004AVigoPontevedra

23Complexo Hospitalario Xeral-Calde de LugoHospitais do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)Laboratorio de análises clínicas/bioquímica/microbioloxía1Marzo-abril2 meses2004ALugoLugo

24Complexo Hospitalario Xeral-Calde de LugoHospitais do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)Plantas de hospitalización con ingreso1Marzo1 mes2004ALugoLugo

25Xerencia de Atención Primaria da Coruña-FerrolCentro de Saúde Abente y Lago (A Coruña)Saúde bucodental1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

26Creaciones EnmanuelCreaciones Enmanuel (Lalín)Confección en tecido1Maio1 mes2004ALalínPontevedra

27Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Castro CaldelasAtención socio-sanitaria1Abril1 mes2004AOurenseOurense

28Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do CarballiñoAtención socio-sanitaria1Abril1 mes2004AOurenseOurense

29Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do CarballiñoAtención socio-sanitaria1Abril1 mes2004AOurenseOurense

Nome da empresaCentro de traballoEspecialidade da estadíaPrazasPeríodo da ofertaDuraciónAnoMod.Concello da empresaProvincia da empresa

30Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)Atención socio-sanitaria1Abril1 mes2004AOurenseOurense

31Delegación Provincial de Asuntos Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)Atención socio-sanitaria1Abril1 mes2004AOurenseOurense

32Deputación Provincial de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica do Areiro)Estación Fitopatolóxica do

Areiro

Fitopatoloxía1Marzo1 mes2004APontevedraPontevedra

33Deputación Provincial de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica do Areiro)Estación Fitopatolóxica do AreiroCultivo en vitro1Abril1 mes2004APontevedraPontevedra

34EndesaEndesa (As Pontes de Gª Rguez.)Xestión de residuos1Marzo e abril2 meses2004AAs Pontes de

Gª Rguez.

A Coruña

35EndesaEndesa (As Pontes de Gª Rguez.)Mantemento mecánico1Abril e maio2 meses2004AAs Pontes de

Gª Rguez.

A Coruña

36Finsa-Financiera Maderera, S.A.Fibranor (Rábade)Mantemento mecánico1Do 1 ó 19 de marzo3 semanas2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

37Frigo Diz, S.A.Frigo Diz (A Coruña)Mantemento e servicios á producción (módulos de frío e aire acondicionado)1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

38GrafinovaGrafinovaArtes gráficas: impresión offset e manipulados1Marzo1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

39GrafinovaGrafinovaArtes gráficas: impresión offset e manipulados1Abril1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

40Imprenta da Universidade de Santiago de CompostelaImprenta da Universidade de Santiago de CompostelaArtes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Marzo1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

41Imprenta da Universidade de Santiago de CompostelaImprenta da Universidade de Santiago de CompostelaArtes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Maio1 mes2004ASantiago de

Compostela

A Coruña

42InducaInduca (Valdoviño)Control numérico madeira1Do 3 ó 14 de maio2 semanas2004AValdoviñoA Coruña

43Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Control numérico. Fabric. turbinas1Abril1 mes2004AFerrolA Coruña

44Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Axust. mont. torner. fresador1Marzo1 mes2004AFerrolA Coruña

45Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Mecanizado fabric. turbinas1Marzo1 mes2004AFerrolA Coruña

46Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Electrónico1Abril1 mes2004AFerrolA Coruña

47Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Delineación construcción civil1Abril1 mes2004AFerrolA Coruña

48Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Prevención de riscos1Abril1 mes2004AFerrolA Coruña

49Izar (estaleiro Ferrol)Izar (estaleiro Ferrol)Medio ambiente1Maio1 mes2004AFerrolA Coruña

50Motores y Vehículos Orense, S.A. Opel MoyvesaOpel Moyvesa (Ourense)Reparación integral de vehículos1Marzo e abril2 meses2004AOurenseOurense

51Panadería BarciaPanadería Barcia-CarralPanadería1Marzo-maio (horario de tarde)3 meses2004ACarralA Coruña

52Panadería BarciaPanadería Barcia-CarralPanadería1Marzo-abril (horario de tarde)2 meses2004ACarralA Coruña

53Puertas Tren; Sarman, S.A.Puertas Tren; Sarman, S.A. (Cambre)Control de calidade1Do 1 ó 15 de abril15 días2004ACambreA Coruña

54Puertas Tren; Sarman, S.A.Puertas Tren; Sarman, S.A. (Cambre)Organización e control da producción1Do 1 ó 15 marzo15 días2004ACambreA Coruña

55Puertas Tren; Sarman, S.A.Puertas Tren; Sarman, S.A. (Cambre)Operar con máquinas gobernadas por CNC1Do 15 ó 31 de marzo15 días2004ACambreA Coruña

56Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

57Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Maio1 mes2004AA CoruñaA Coruña

58Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Verificación mecánica1Abril1 mes2004AA CoruñaA Coruña

59Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

60Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Abril1 mes2004AA CoruñaA Coruña

61Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo (A Coruña)Electrónica de control1Maio1 mes2004AA CoruñaA Coruña

62Seat Marineda Motor, S.A.Seat Marineda Motor

(A Coruña)

Chapa e pintura do automóbil1Do 1 de abril ó 15 de maio1 mes e

medio

2004AA CoruñaA Coruña

63Seat Marineda Motor, S.A.Seat Marineda Motor

(A Coruña)

Mecánica1Do 1 de abril ó 15 de maio1 mes e

medio

2004AA CoruñaA Coruña

64TelefónicaTelefónica (A Coruña)Equipos de telefonía1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

65TelefónicaTelefónica (Vigo)Equipos de telefonía1Marzo1 mes2004AVigoPontevedra

66Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)Mantemento e servicios á producción1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

67Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)Mantemento e servicios á producción1Marzo1 mes2004AA CoruñaA Coruña

68Universidade de VigoETS Enxeñeiros de Comunicación (Vigo)Montaxe de circuítos electrónicos, manexo de aparellos de medida convencionais e novas tecnoloxías das comunicacións1Marzo-abril2 meses2004AVigoPontevedra

69Viaxes Paco, S.A.Viaxes Paco, S.A.Axencia de viaxes retallista1Do 1 ó 15 de maio15 días2004AA CoruñaA Coruña

70Vilar Castro Hnos., C.B.Vilar Castro Hnos. (A Coruña)Mecanizados1Do 1 ó 30 de abril1 mes2004AA CoruñaA Coruña

ANEXO IV

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

1. Proxecto de estadía formativa para a modalidade B.
1.1 Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.0 a 5O solicitado no anexo III.

2. Méritos docentes:
2.1. Servicios docentes

2.1.1. Por cada ano de servicio como funcionario de carreira: 1 punto por ano completo.

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo.

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado: 0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro ano que pode ser máis de nove meses).

Por estes tres

subepígrafes ata

10 puntos

Folla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira.
2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata3

3. Actividades de formación permanente:

3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade:

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.
0,50 puntos por actividade como máximo4
3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo

2

3.3. Cursos de lingua galega:
3.3.1. Especialización1,5
3.3.2. Perfeccionamento1
3.3.3. Iniciación0,5
(Nota: non acumulables entre si)

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:Exemplares correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN.
Libro:3

-Non especializadoata 0,50 p

-Especializadoata 1 p

Revista:3

-Non especializadaata 0,50 p

-Especializadaata 0,50 p

Vídeo/cassete, CD, disquete:3

-Non especializadoata 0,25 p

-Especializadoata 0,50 p

5. Méritos académicos:Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios.
5.1. Título de doutor: 1,5 puntosAta 3 puntos
5.2. Para funcionarios do corpo de profesores técnicos de formación profesional: título de licenciado: 1 punto
5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia: 0,25 puntos

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO