DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 08 de marzo de 2004 Páx. 3.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2004 pola que se convocan as xornadas sobre As drogas hoxe.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade, en colaboración co comisionado do Plan Galicia sobre Drogas, ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización das xornadas As drogas hoxe, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñece-las pautas actuais do consumo de drogas na sociedade galega.

-Saber a que colectivos e grupos de idade afecta en maior medida a problemática do consumo habitual ou puntual das drogas.

-Ver cales son os medios institucionais de prevención, represión ou posterior tratamento de desintoxicación que se ofrecen na actualidade.

Destinatarios.

Membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 22 de marzo, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 24 e 25 de marzo. O día 24 desenvolveranse en xornada de mañá (9.30 a 14.00 horas) e tarde (16.00 a 19.00 horas); e o día 25 só en xornada de mañá (9.30 a 14.00 horas).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o 22 de marzo a partir das 16.30 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento normal das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de febreiro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade