DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 05 de marzo de 2004 Páx. 2.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Transporte La Unión, S.A., con número de código 3601322, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-1-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 30-12-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estato á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal pertencente actualmente ó cadro de persoal da empresa Trans

portes La Unión, S.A., así como a aquel que ingrese durante a vixencia deste.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2005, e entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación, como mínimo, á data da súa terminación ou prórrogas.

A dita prórroga non terá efecto sobre a táboa salarial, que seguirá incrementándose tódolos anos, o 1 de xaneiro, sobre a parte proporcional que se acorde entre empresa e traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Estas normas obrigan a totalidade do persoal ocupado pola empresa, tanto se realiza función técnica como manual.

Artigo 4º.-Compensacións.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade, coas que viñesen rexendo, por mellora pactada ou voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorcións.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria, poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados por este convenio, sempre e cando non superen os beneficios que se conceden no conxunto deste.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas, mencionadas estrictamente ad personam. Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio, teñen o carácter de mínimas, estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito, establecidas por costume xeral ou de lugar implantadas pola empresa que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexeranse para o primeiro período de vixencia do convenio (1-1-2003 a 31-12-2003) pola táboa salarial anexa.

Para o período de vixencia do convenio, 1 de xaneiro de 2004 a 31 de decembro de 2004, a dita táboa incrementarase no IPC do ano 2003 máis o 1%.

Para o período de vixencia do convenio, 1 de xaneiro de 2005 a 31 de decembro de 2005, a táboa salarial anterior incrementarase no IPC do ano 2004 máis o 1%.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de 30 días, segundo a táboa salarial, máis antigüidade se é o caso; denominaranse, xullo, Nadal e marzo, e serán feitas efectivas antes do 22 de xullo, 20 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio da empresa desfrutará un período anual de vacacións de 30 días naturais;

e como norma xeral nun ou dous períodos distintos, un dos cales será preferentemente en verán.

Artigo 10º.-Complementos nocturnos.

O persoal que traballe entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirá un suplemento por traballo nocturno, equivalente ó 25% do soldo ou salario base sinalado na súa categoría profesional na táboa de salarios deste convenio. Estas bonificacións percibiranas incluso aqueles que por razón da súa quenda de traballo efectúen a súa xornada dentro destes límites, pero para iso será preciso que polo menos traballen tres horas dentro do período considerado. Exclúese do cobramento do expresado suplemento o persoal que realice a súa función durante a noite e que fose contratado para tal fin.

Artigo 11º.-Conductor-preceptor.

O conductor-perceptor percibirá, ademais da remuneración de conductor, un suplemento salarial do 20% do seu salario base, por cada día de traballo, en que realice ambas funcións.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

1. A axuda de custos é un complemento extrasalarial de carácter irregular, que ten por obxecto indemnizar ou compensa-los gastos de comida e aloxamento ocasionados como consecuencia de desprazamentos.

2. O persoal que saia da súa residencia laboral por causas de servicios terá dereito ó percibo de axudas de custo en función das seguintes circunstancias:

2.1. Devengarase axuda de custos completa cando a realización dun servicio obrigue o traballador a comer, cear e pernoctar fóra da súa residencia laboral.

2.2. Percibirase a axuda de custos correspondente á comida do mediodía, sempre que o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da residencia laboral e, en todo caso, cando o traballador saia da súa residencia laboral antes das 12:00 horas e regrese despois das 14.00 horas.

2.3. Cobrarase o importe da axuda de custos correspondente á cea sempre que o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia laboral, e, en todo caso, cando a saída se efectúe antes das 20.00 horas e regrese despois das 22.00 horas.

2.4. Percibirase o importe correspondente á pernoctación sempre que o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia laboral e, en todo caso, cando cheguen á súa residencia laboral despois das cero horas.

O importe das axudas de custo será o que figura no punto B do anexo.

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores.

A xornada anual ordinaria será de 1.816 horas de traballo efectivo. Cando a súa distribución supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase bimensualmente,

en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas do cómputo e control, respectando en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente.

Por outra parte, o traballador terá dereito, como mínimo, a unha hora para realiza-la comida do mediodía, no período comprendido entre as 12.30 e as 16.30 horas.

No caso de que por necesidades do servicio non fose posible realiza-la comida nese período, o traballador terá dereito a unha axuda de custos adicional de 2,36 euros.

Para os efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, e demais normas específicas para o sector do transporte.

En canto ás horas de presencia, haberá que aterse ó que dispón o Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Artigo 14º.-Descansos.

O descanso semanal e entre xornada estará de acordo coa lexislación vivente en cada momento e no Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e a Orde do 1 de marzo de 1983 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, considéranse como tales, as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes. Tendo o carácter de ordinarias ata 2 de toma e deixa por día de servicio.

Serán contabilizadas en computo mensual e aboadas sempre que superen as normais de traballo.

Artigo 16º.-Horas de presencia.

Dada a dificultade de determina-las horas de presencia, en cada caso individual, as partes acordan un pagamento global destas de 90 A mensuais, sempre e cando sumando as horas efectivas, tempo de presencia, e tempo de espera superen a xornada laboral establecida.

Entendendo que o excede-la xornada laboral con horas efectivas dará lugar ó pagamento das correspondentes horas estructurais ou extraordinarias. Este complemento non se aboará durante as vacacións e os períodos de baixa por enfermidade ou accidente e comezarase a aboar a partir da nómina de xaneiro de 2004.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

En canto ós permisos e licencias axustarase ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais leis, non obstante o traballador terá dereito a gozar dunha licencia dun día ó ano por asuntos propios, que poderá acumula-los descansos legalmente establecidos no artigo 37.3º a), b) e c) do Estatuto dos traballadores. Esta licencia deberá ser solicitada, por

escrito, cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

Artigo 18º.-Dimisión ou cesamento.

Todo empregado terá dereito a dimitir do seu cargo sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa e por escrito a data en que deixará de presta-los seus servicios, e cunha antelación mínima de l5 días.

O abandono do posto de traballo sen que transcorrese o prazo sinalado, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario que lle corresponda polos días que falten desde o abandono do servicio ou traballo, ata a data en que cumprido o trámite de aviso previo lle correspondese o cesamento.

Artigo 19º.-Execendencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 20º.-Uniformes.

A empresa concederalle ó persoal de movemento dous uniformes: un de inverno e outro de verán, de común acordo a empresa e os traballadores.

Ó persoal de talleres dúas fundas ó ano e botas de seguridade.

Artigo 21º.-Enfermidade e accidentes.

Durante a situación de incapacidade laboral transitoria derivadas de accidente de traballo, ou enfermidade común que necesite intervención cirúrxica, a empresa completará ata o importe íntegro do salario do convenio e por un máximo de 6 meses, contados desde a data da baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

Tamén se aplicará o disposto no punto anterior no caso de baixa por enfermidade común, que necesite hospitalización, sempre que esta sexa superior a 6 días.

Artigo 22º.-Retirada do permiso de conducir.

En caso de que a un conductor lle sexa retirado o permiso de conducir por algunha causa no servicio da empresa, ou conducindo un vehículo desta, esta terá a obriga de trasladalo a outro posto de traballo o máis parecido ó seu, como máximo dúas veces ó ano e as dúas veces non sumarán máis de seis meses tamén ó ano.

O acordado neste artigo non será de aplicación cando as causas proveñan por excede-lo límite permitido de impregnación alcohólica, comprobado pola autoridade competente.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor do seus traballadores de 21.035,45 euros por cada uno, de forma que en caso de falecemento, invalidez permanente total, absoluta e gran invalidez derivadas de accidente laboral ó servicio da empresa, sendo beneficiarios en caso de falecemento do traballador o cónxuxe supérsiste

e no seu defecto polos herdeiros legais. Caso de invalidez o beneficiario será o propio traballador.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigacións da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento desta.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2004 amplíase a cantidade asegurada en caso de falecemento, invalidez permanente total, absoluta e gran invalidez derivadas de accidente laboral ó servicio da empresa a 27.045,54 euros.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Consistirá nas seguintes porcentaxes de aumento, a partir do mes seguinte ó cumprimento de antigüidade na empresa, para os traballadores fixos de cadro de persoal á sinatura deste convenio, ós 2 anos o 5%, ós 5 anos o 10%, ós 9 anos o 20%, ós 15 anos o 30%, ós 19 anos o 40%, ós 24 anos o 50%, e como último aumento ós 29 anos o 60%.

Artigo 26º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda os conductores perceptores percibirán a cantidade de 0,89 A diarios. Por cada día en que leven a cabo os ditos labores.

Artigo 27º.-Sancións.

A empresa responsabilizarase do aboamento das sancións impostas ós conductores, cando sexan debidas a causas alleas á súa vontade, na conducción autorizada de vehículos da empresa.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto expresamente neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións viventes en cada momento.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, constituirase unha comisión paritaria integrada por dous representantes da empresa e dous delegados de persoal da empresa, que tomaron parte na comisión negociadora do convenio.

Artigo 30º.-Partes asinantes do convenio.

Asinan este convenio colectivo, pola representación económica da dirección de Transportes La Unión S.A., Raúl López López, Juan Gómez Piña, Fco. Javier Lorenzo González e pola representación da parte social, os delegados de persoal Dositeo Peón Amoedo, José Fernández Taboada e Venerando Gómez Leal.

ANEXO

Convenio colectivo de Transportes La Unión, S.A.

A. Táboa de salarios desde o 1-1-2003 a 31-12-2003.

Persoal administrativoEuros mesEuros/h. extra

Xefe de servicio1.075,69 A12,36 A

Enxeñeiros e licenciados937,50 A10,78 A

Xefe de negociado747,36 A8,58 A

Oficial de primeira675,93 A7,77 A

Oficial de segunda631,91 A7,27 A

Auxiliar administrativo571,61 A6,57 A

Persoal de movementoEuros mesEuros/h. extra

Xefe de tráfico de primeira811,60 A9,33 A

Xefe de tráfico de segunda782,73 A9 A

Xefe de tráfico de terceira735,65 A8,46 A

Vendedores de billetes626,98 A7,12 A

Persoal de movementoEuros díaEuros/h. extra

Inspector23,29 A6,11 A

Conductor-preceptor22,80 A5,97 A

Conductor22,39 A5,89 A

Cobrador19,54 A5,15 A

Mozo de administración18,64 A4,89 A

Persoal de talleresEuros mesEuros/h. extra

Xefe de taller930,17 A10,69 A

Encargado de taller726,71 A8,36 A

Persoal de talleresEuros díaEuros/h. extra

Xefe de equipo24,34 A6,39 A

Oficial de primeira23,45 A6,16 A

Oficial de segunda22,34 A5,88 A

Oficial de terceira21,38 A5,62 A

Aprendices: salario mínimo segundo idade en cada caso

B. Outros conceptos desde o 1-1-2003 a 31-12-2003.

1. Axudas de custo:

-Servicio de liña regular en Galicia:

Comida: 8,25 A.

Cea: 8,25 A.

Pernoctación: 10,86 A.

-Servicio de liña discrecional en España e Portugal:

Comida: 13,85 A.

Cea: 13,85 A.

Pernoctación: 16,57 A.

-Resto de países non mencionados anteriormente:

Comida: 19,80 A.

Cea: 19,80 A.

Pernoctación: 25,10 A.

2. Quebranto de moeda: 0,89 euros/día.

Pontevedra, 30 de decembro de 2003.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA