DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 05 de marzo de 2004 Páx. 2.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de febreiro de 2004, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A necesidade de mante-las medidas especiais de prevención adoptadas pola Consellería de Sanidade con ocasión de facer fronte á transmisión de encefalopatía esponxiforme bovina fai necesaria a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinteseis de febreiro de dous mil catro, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de febreiro de dous mil catro, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO