DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 04 de marzo de 2004 Páx. 2.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003 para o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 2003 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 11 de setembro de 2003 e publicado por Resolución do 17 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 183, do 22 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos das axudas do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do Fondo de Acción Social do ano 2003, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 183, do 22 de setembro) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro,

e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública