DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 03 de marzo de 2004 Páx. 2.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2004 pola que se convoca un curso de actualización normativa no tráfico e seguridade viaria.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso de actualización normativa no tráfico e seguridade viaria, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Coñece-las últimas novidades lexislativas e normativas relacionadas co tráfico e as súas variables máis importantes.

Dota-los policías dunha formación actualizada no terreo do tráfico e a seguridade vial, de grande importancia dentro dos seus cometidos profesionais.

Asegura-lo correcto tratamento da temática relativa ó tráfico e á seguridade vial no tocante á regulamentación, documentación, sancións e procedemento sancionador.

-Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

-Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas.

30 prazas.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 17 de marzo de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33), avenida Alférez Pro-

visional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Datas.

O curso realizarase en datas do 22 ó 26 de marzo de 2004.

O horario será das 16.30 ás 20.30 horas.

-Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Novidades lexislativas en materia de tráfico.

II. O novo RXC: modificacións das normas de circulación e comportamento. Alcoholemias.

III. Denuncias. Requisitos. O procedemento sancionador de tráfico.

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 18 de marzo a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

-Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Boiro, na casa da cultura Ramón Martínez López.

-Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

-Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 23 de febreiro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade