DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 02 de marzo de 2004 Páx. 2.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2004 pola que se convoca un seminario de formación Programa xuventude en colaboración coa Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase en colaboración coa Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado o seminario que figura no anexo, que deberá desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para o seminario, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no seminario.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións do seminario. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no seminario coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Seminario de formación: Programa xuventude

1. Obxectivos.

Que os participantes adquiran unha información ampla e eminentemente práctica sobre o Programa xuventude, en tódalas súas accións.

Que tomen conciencia do valor pedagóxico dos intercambios e do seu papel como vehículo intercultural.

Que adquiran unha formación básica e práctica na planificación, xestión e realización das distintas accións do programa.

Que sirvan de axentes multiplicadores do programa, potenciando, e impulsando no seu medio a realización de proxectos.

Coñecer experiencias reais levadas a cabo por grupos de mozos/as e fomenta-lo mutuo coñecemento entre as organizacións e participantes.

2. Destinatarios.

Responsables do programa na Dirección Xeral de Xuventude, servicios provinciais de Xuventude, técnicos xuvenis dos concellos, informadores xuvenís, responsables de asociacións, entidades e grupos xuvenís, directivos de escolas de tempo libre, animadores socioculturais, dinamizadores de xuventude que sexan posibles organizadores de proxectos de intercambio dentro do programa Xuventude.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas:

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. Tel.: 981 51 98 48.

Os días 15, 17, 22 e 24 de marzo de 2004.

3.3. Horario: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Marco xeral do Programa xuventude. A Unión Europea e a xuventude. Acceso a fontes e programas da Unión Europea. Obxectivos, planificación e programación dun intercambio. Fases na elaboración dun proxecto: descrición e financiamento. Creación de talleres, casos prácticos. Programa Sócrates e Leonardo da Vinci. Difusión e información xuvenil en Galicia. Iniciativas de grupo, obxectivos e prioridades, experiencias prácticas. Medidas complementarias de apoio ó programa. Avaliación dos proxectos feitos nos talleres.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA