DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 02 de marzo de 2004 Páx. 2.855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2004 pola que se convocan unhas Xornadas sobre o poder xudicial e comunidades autónomas.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2004 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre poder xudicial e comunidades autónomas, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Analiza-las principais novidades da reforma da Lei orgánica do poder xudicial (L.O. 6/1985, do 1 de xullo) operada pola L.O. 19/2003, do 23 de decembro, relacionadas coas competencias en materia de xustiza transferidas ás comunidades autónomas.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Estado autonómico e poder xudicial.

-Ámbito da competencia dos tribunais superiores de xustiza en materia de dereito civil: as peculiaridades do caso galego.

-A especialización da carreira xudicial. Especial consideración dos xulgados do mercantil.

-O procurador dos tribunais: as súas funcións.

-A policía xudicial.

-Do mito de Sísifo ou da xurisdicción competente para coñecer das accións de responsabilidade civil

fronte a unha Administración pública, no caso de existencia dun seguro de responsabilidade civil.

-A abstención e recusación dos xuíces e maxistrados.

-O secretario xudicial e a oficina xudicial.

-O Consello Xeral do Poder Xudicial: as súas competencias.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña (praza de Pontevedra, s/n, da citada cidade) os días 22 e 23 de marzo de 2004.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o día 17 de marzo de 2004.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o próximo día 18 de marzo, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como o de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública