DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 02 de marzo de 2004 Páx. 2.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-1-2004, subscrito pola comisión paritaria o día 22-1-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2004.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria

do convenio colectivo de limpeza de edificios

e locais da provincia da Coruña

Na Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios, sendo as 11.30 horas do día 22 de xaneiro de 2004, reúnense en representación da parte empresarial, Jesús Gómez Vázquez, Arsenio Mezquiriz Andrade, da Asociación Provincial de Empresas de Limpeza, e Ubaldo Pérez Rodríguez, e J. Félix Valderrey de la Huerga, de ASPEL, e en representación da parte social, Luis Soto Sabio (CIG), Alfredo Santomil García (CIG), Arturo Ponte García (UGT), Mª Jesús García Pérez (UGT) e Carmen Novoa Villar (CC.OO.), todos/todas eles/elas como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas de limpeza de edificios e locais, regulada no artigo 6 do citado convenio.

O obxectivo desta xunta é proceder á revisión salarial para o ano 2004.

Inicialmente procédese a realiza-la revisión salarial que establece o artigo 28 polo exceso do IPC de 2003. As táboas salariais resultantes servirán de base para a confección das táboas salariais para 2004.

A continuación aplícase a suba salarial para o ano 2004 de acordo co establecido nos artigos 17, 19 e 20. A táboa salarial resultante é a que figura como anexo I desta acta.

O complemento de antigüidade consolidada daqueles/as traballadores/as que o tivesen recoñecido, de acordo co establecido no artigo 18, será revisado no 2,5% para o ano 2004.

O importe mínimo das axudas de custo establecidas no artigo 26, para o ano 2004, quedarán do seguinte xeito:

-Cando se teña que comer e pernoitar fóra da casa: 38,36 A.

-Cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio: 23,01 A.

-Cando se realice unha soa comida: 12,87 A.

O salario mínimo de convenio, para o ano 2004, será de 11.926,08 A.

Marina Graña Bermúdez presenta unha consulta ante a comisión paritaria, relativa á interpretación do artigo 8 do convenio, que se estudiará e resolverá nunha próxima xunta da comisión paritaria.

Facúltase a Luis Soto Sabio, para que proceda a realiza-los trámites oportunos perante a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o rexistro e posterior publicación desta acta.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión ás 13.30 horas do día do encabezamento, asinando tódolos presentes en proba de acordo e conformidade.

ANEXO I

Salarios base 2004

CategoríasMensualAnual

-Administrativos
Xefe/a de primeira1.066,90 A16.003,50 A
Xefe/a de segunda1.026,21 A15.393,15 A
Caixeiro/a1.001,65 A15.024,75 A
Oficial de primeira964,76 A14.471,40 A
Oficial de segunda859,36 A12.890,40 A
Auxiliar785,64 A11.784,60 A
Telefonista763,02 A11.445,30 A
Cobrador/a763,02 A11.445,30 A

-Mandos intermedios
Encargado/a xeral991,49 A14.872,35 A
Encargado/a de zona920,52 A13.807,80 A
Encargado/a de sector882,37 A13.235,55 A

-Subalternos/as
Ordenanza711,98 A10.679,70 A
Almaceneiro/a698,57 A10.478,55 A
Mozo/a de recados561 A8.415 A

-Persoal de limpeza
Encargado/a758,43 A11.376,45 A
Responsable de equipo721,34 A10.820,10 A
Especialista820,77 A12.311,55 A
Conductor/a-limpador/a860,15 A12.902,25 A
Peón especialista728,32 A10.924,80 A
Peón710,04 A10.650,60 A
Limpador/a710,04 A10.650,60 A

-Complemento de asistencia53,28 A639,36 A

-Complemento de transporte53,01 A636,12 A

Os conceptos económicos que figuran nesta táboa supoñen unha suba económica do 4,55% sobre os vixentes no ano 2003.