DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 02 de marzo de 2004 Páx. 2.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio, con nº de código 3601155, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-12-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia-Asime, Asociación Autónoma Provincial de Empresarios de Talleres de Reparación de Automóviles de Pontevedra-Atra, Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción-Foncalor, Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparaciones Eléctricas de Pontevedra-Instalectra e Federación de Empresarios de la Comarca de Arosa-Feca, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 22-12-2003. De conformidade co disposto no artigo 45 b) do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do

Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de xaneiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión ordinaria da comisión paritaria do convenio colectivo para empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra do día 22-12-2003.

Asistentes:

Asime:

Enrique Miguel Mallón Otero.

Atra:

José Manuel Rodríguez Simón.

Instalectra:

Leonardo Pérez Alonso.

Foncalor:

Manuel Pérez Pérez.

Feca:

Representada.

CC.OO.:

Emilio Docampo Estévez.

Manuel Suárez Vila.

CIG:

Manoel Simón Graña.

UGT:

Manuel García González.

José Antonio Álvarez González.

Reunidos na sede social de Asime, en Vigo, ás 17.00 horas do día 22 de decembro de 2003, celébrase reunión ordinaria da comisión paritaria do convenio colectivo para empresas de metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, na que actúa, como secretario, Leonardo Pérez Alonso, e á que asistan as persoas expresadas anteriormente.

En primeiro lugar, procédese a revisa-lo borrador das táboas salariais para o ano 2004, o cal, unha vez examinado, resulta aprobado polos asistentes, que proceden seguidamente á súa sinatura no mesmo acto. Así mesmo, acordase a publicación delas no BOP.

Seguidamente determínase que, para o ano 2004 garantiranse 26 días laborables de descanso ó ano, incluídas as vacacións.

A continuación aclárase que a compensación por eventualidade deberase pagar distribuíndoa ó longo dos doce meses do ano.

Tras ter un debate no que se aborda a actual situación de desemprego no sector, acórdase o seguinte:

1. As partes establecen un sistema de recuperación de días deixados de traballar por causas económicas,

técnicas, organizativas ou de producción, ou de forza maior. Con este procedemento a empresa pode dispor dun crédito de días flexible, a conta dos que perda polas mencionadas causas conxunturais, evitando así os procedementos ante a autoridade laboral.

2. Este sistema unicamente será aplicable nos casos dos traballadores e traballadoras vinculados por contrato indefinido e implica unha renuncia durante a vixencia desta cláusula, á utilización de regulación temporal de emprego sen antes esgota-lo procedemento descrito nas liñas seguintes. Unicamente será de aplicación nos expedientes que impliquen unha perda de días de traballo que non exceda de sete.

3. A empresa comunicaralles ós/ás representantes unitarios/as dos/as traballadores/as as situacións de excedentes temporais de man de obra. No caso de causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción a comunicación débese realizar cunha antelación de dez días á implantación do sistema de crédito de días. Nos de forza maior, as partes deberanse reunir e negociar o máis rápido posible.

4. Concluído este prazo, de non haber acordo, a empresa pode inicia-lo expediente de regulación de emprego, entendendo que terá consumido parte do período de consultas previsto no artigo 47 do Estatuto dos traballadores. De obte-lo acordo seguirase o réxime previsto nas liñas seguintes.

5. O traballador ou traballadora, durante os días de excedencia de man de obra, queda relevado/a do seu traballo sen prexuízo de dereito ó devengo do salario como se estivese en activo. Os días perdidos deberán ser recuperados nos doce meses inmediatamente seguintes á súa perda preavisando o traballador/a interesado/a con setenta e dúas horas de antelación, dando conta á empresa do réxime acordado ós/ás representantes unitarios/as dos/as traballadores/as.

E non tendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión.

Táboa salarial do convenio colectivo de traballo para as empresas do metal sen convenio propio

de Pontevedra-ano 2004

Grupo profesional

Salario/mes

Salario/ano

Compensación

eventualidade por

mes traballado

Valor hora

extraordinaria

Grupo 1
AEnxeñeiros e licenciados1.693,8223.713,50109,7823,37

Grupo 2
APerito con responsabilidade1.532,5421.455,5199,3321,14
Enxeñeiros e técnicos industriais1.532,5421.455,5199,3321,14
BXefe de 1ª técnico de laboratorio1.299,9418.199,1884,2617,93
Xefe de taller1.299,9418.199,1884,2617,93
Xefe de 1ª organización1.299,9418.199,1884,2617,93
Xefe de 1ª administrativo1.299,9418.199,1884,2617,93

Grupo 3
ADelineante proxectista1.174,8016.447,2076,1416,21

Grupo profesional

Salario/mes

Salario/ano

Compensación

eventualidade por

mes traballado

Valor hora

extraordinaria

Xefe de 2ª organización1.174,8016.447,2076,1416,21
Xefe de 2ª1.174,8016.447,2076,1416,21
Graduados sociais1.174,8016.447,2076,1416,21
BMestres industriais1.134,8515.887,8973,5615,66
Mestre de taller1.134,8515.887,8973,5615,66
Contramestre1.134,8515.887,8973,5615,66
Xefe de 2ª técnico laboratorio1.134,8515.887,8973,5615,66

Grupo 4
AEncargado1.023,1114.323,4766,3114,11
Analista de 1ª1.023,1114.323,4766,3114,11
Técnico de organización de 1ª1.023,1114.323,4766,3114,11
Oficial de 1ª administrativo1.023,1114.323,4766,3114,11
BVixilante1.006,3014.088,1365,2213,88
Delineante de 1ª1.006,3014.088,1365,2213,88
Practicantes1.006,3014.088,1365,2213,88

Grupo 5
AOficial de 1ª taller946,5213.251,2461,3513,06
Oficial de 2ª taller946,5213.251,2461,3513,06
Técnico de organización de 2ª946,5213.251,2461,3513,06
Oficial de 2ª administrativo946,5213.251,2461,3513,06
BDelineante de 2ª895,2112.532,9358,0212,35
Analista de 2ª895,2112.532,9358,0212,35
Chofer de camión895,2112.532,9358,0212,35
Capataz de especialistas895,2112.532,9358,0212,35

Grupo 6
AOficial de 3ª869,0812.167,1856,3311,99
Chofer de turismo869,0812.167,1856,3311,99
Listeiro869,0812.167,1856,3311,99
BEspecialista845,0311.830,4554,7711,66
Capataz de peóns ordinarios845,0311.830,4554,7711,66
Almaceneiro845,0311.830,4554,7711,66
CPesador de báscula810,2411.343,3452,5211,18
Chofer de motociclo810,2411.343,3452,5211,18
Auxiliar de laboratorio810,2411.343,3452,5211,18
Auxiliar técnico de oficina810,2411.343,3452,5211,18
Auxiliar de organización810,2411.343,3452,5211,18
Auxiliar administrativo810,2411.343,3452,5211,18

Grupo 7
APeón805,4811.276,6752,2111,11
Vixilante805,4811.276,6752,2111,11
Porteiro e ordenanza805,4811.276,6752,2111,11

Axudantes de oficio menores de 18 anos
De 16 a 18 anos586,99 8.217,8938,05 8,10