DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 01 de marzo de 2004 Páx. 2.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores de Lorbé, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores de Lorbé ó Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 23 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado relativos ó rexistro de confrarías e das súas federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores de Lorbé que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha

derrogatoria, e unha derradeira (62 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións no folio 13 do libro 1º, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2004.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro