DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 01 de marzo de 2004 Páx. 2.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de decembro de 2003 pola que se procede á convocatoria para o ano 2004 de axudas e subvencións ás corporacións locais para fomento ó investimento en mercados retallistas, en rúas e zonas peonís-comerciais, e noutros equipamentos comerciais de carácter social, en desenvolvemento do programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo X da Orde do 11 de marzo de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG número 242, do 15 de decembro de 2003, debe facerse a oportuna corrección:

Na páxina 15.342 no seu artigo 2.1º, parágrafo terceiro, onde di: «Ano 2004: 3.629.216 euros, Ano 2005: 725.843 euros, Ano 2006: 544.382 euros», deberá dicir: «Ano 2004: 2.235.470,00 euros, Ano 2005: 782.414,00 euros, Ano 2006: 782.414,00 euros».

Estas correcións non afectan o prazo de presentación de solicitudes.