DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 27 de febreiro de 2004 Páx. 2.714

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLICTO positivo de competencia número 122-2004, promovido polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia, en relación co Decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua.

O Tribunal Constitucional, por providencia do 10 de febreiro actual, admitiu a trámite o conflicto positivo de competencia número 122-2004, promovido polo Consello de Gobierno da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1046/2003, do 1 de agosto, polo que se regula o subsistema de formación profesional continua, e subsidiariamente contra os artigos 2.2º, letras a), b), c); 8; 9; 10, puntos 5 e 7; 11; 12.2º; 14; 15; 17; 18.1º, letras a), f), g), h) e i); 19; 20; 21; 22.4º; 23, salvo o último parágrafo do número 2; disposicións adicionais primeira, segunda, terceira, cuarta e quinta; disposición transitoria única e disposición derradeira primeira.

Madrid, dez de febreiro de dous mil catro.

O secretario xeral de Xusticia

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA