DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2004 Páx. 2.625

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 6 de febreiro de 2004 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo,

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante a presente orde créanse os ficheiros especificados no anexo, que conteñen a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ós que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Disposición adicional

No caso de cesións dos datos ós servicios de estatística das administracións públicas haberá que aterse, ademais, ó disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Ficheiros de nova creación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

1. CMGFRM, Usuarios dos programas de formación da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestión das solicitudes de participación nos programas de formación, ademais de asistentes ós cursos, profesores, alumnos e diplomas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal: solicitantes, alumnado e profesorado de cursos organizados pola Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario web.

d) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade responsable do ficheiro, na súa dependencia sita no edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico.

-Datos de características persoais: data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

-Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

-Datos relativos ó emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo.

2. CMGCOR, usuarios do correo electrónico.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: xestiona os usuarios do correo electrónico da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenden obter datos de carácter persoal: usuarios do correo electrónico das distintas unidades e servicios da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario.

d) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade responsable do ficheiro, na súa dependencia sita no edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: nome, apelidos e enderezo de correo electrónico de usuarios.

3. CMGCONTS, libreta de enderezos da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: listaxe de contactos da Dirección Xeral e das distintas unidades e servicios para uso como caderno de enderezos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal: persoal interno e externo relacionado coas funcións da dirección xeral.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario web.

d) Estructura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos: ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro: a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante a unidade responsable do ficheiro, na súa dependencia sita no edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos:

-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, fax.

-Datos relativos ó emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo.