DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2004 Páx. 2.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 23 de febreiro de 2004 polo que se fai pública a distribución de espacios gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública, a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 100/2004, do 19 de xaneiro, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día vintetrés do mes que corre e aprobada por esta xunta electoral provincial o día da data.

En cumprimento do previsto na norma oitava da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE nº 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de que por acordo desta xunta electoral

provincial do día da data foi aprobada a proposta de distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día vintetrés de febreiro a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 100/2004, do 19 de xaneiro.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas que se consideren afectadas poderán examina-la dita proposta, así como os seus antecedentes, nas dependencias desta xunta electoral provincial, sita no edificio da audiencia provincial, primeira planta, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo do día seguinte ó da publicación do presente acordo e formular dentro do mesmo prazo os recursos que consideren pertinentes en defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 23 de febreiro de 2004.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA