DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2004 Páx. 2.577

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2004 pola que se fan públicos os importes dos créditos reservados para o financiamento dos diferentes programas de axudas que se concederán con cargo ós orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica para o ano 2004 e os seus compromisos plurianuais.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para os programas de proxectos empresariais de investimento, reestructuración de empresas en crise, continuidade e mellora competitiva da PEME galega, emprendedores e especialización laboral, prevén a publicación anual da reserva de crédito dispoñible para cada exercicio orzamentario, unha vez aprobados os orzamentos do Igape.

Con data do 23 de decembro de 2003 o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comu

nidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, publicados mediante Lei 8/2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de febreiro de 2004, autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica para o período 2005-2009.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer públicas, de acordo cos importes que se relacionan no anexo I, as reservas de crédito que para cada programa de axuda derivan da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 e os seus compromisos plurianuais para os exercicios 2005, 2006 e 2007.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO

Partida

orzamentaria

Finalidade

Importe

orzamento 2004

Anualidade

2005

Anualidade

2006

Anualidade

2007

01.02.11/04/01Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido.90.000,0050.000,00

01.02.12/03.01Programa de emprendedores. Promoción da cultura emprendedora. Subvención a fondo perdido.51.500,0020.000,00

01.02.14/01/01Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido.104.607,50225.000,00

02.02.11/01/01

11/02/01

Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico e actuacións específicas. Subvención a fondo perdido.724.257,201.700.000,00800.000,00900.000,00

02.02.11/03.01Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos plan PEME. Subvención a fondo perdido.4.046.708,511.499.999,99

02.02.12/01/01

12/02/01

Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores e novas iniciativas empresariais. Subvención a fondo perdido.848.157,752.598.157,792.700.000,001.400.000,00

02.01.10/01/01

10/02/01

Programa de investimentos. Creación, ampliación e modernización de empresas. Subvención a fondo perdido.1.658.260,1627.922.555,0827.174.987,5333.609.726,00

02.01.13/02/01Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido.300.000,00

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER