DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2004 Páx. 2.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 16 de febreiro de 2004 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para o curso 2004/2005.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, atribúelle á Administración autonómica competencia para a regulamentación dos centros de servicios sociais, entre os que se recollen os centros de atención á primeira infancia.

Así mesmo, a Lei 3/1997, galega da familia, infancia e adolescencia, atribúelle á Xunta de Galicia a xestión dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Administración autonómica.

Consonte o exposto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regula-lo procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia, dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, tanto no relativo ás solicitudes de novo ingreso coma ás de renovación de prazas e cobertura de vacantes que se poidan producir ó longo do curso.

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Poderán solicitar praza nos centros de atención á primeira infancia, os pais ou representantes legais dos nenos e nenas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos de idade:

Idade mínima: ter cumpridos os tres meses na data de ingreso.

Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza.

2. Non se poderán presentar solicitudes para o grupo 0-1 para aqueles centros que por razóns estructurais non conten con unidades para este tramo de idade.

3. Poderán integrarse nenos e nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. O ingreso destes estará supeditado á existencia de condicións infraestructurais idóneas e de persoal axeitado e suficiente no cadro de persoal do centro. En ningún

caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula. Para efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Artigo 3º.-Prazas de ingresos urxentes.

Reservarase un 5% das prazas de cada centro para supostos de máxima urxencia, entendendo por tales os ingresos de menores tutelados/as pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, os fillos/as de mulleres que se atopen en casas de acollida ou de víctimas de maltrato acreditado segundo se establece no artigo 6, e aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata. A adxudicación ou denegación de praza nestes supostos será resolta pola directora xeral de Familia nun prazo de 5 días contados a partir da data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen caer resolución expresa, a solicitude terase por desestimada. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ó da notificación da resolución.

Artigo 4º.-Servicios.

Os servicios dos centros desagréganse en dúas opcións: asistencia con comedor e asistencia sen comedor. Os usuarios que opten polo servicio de asistencia sen comedor, ateranse ós horarios establecidos no centro para estes efectos.

A opción de servicios elixida farase constar nos impresos de solicitude de novo ingreso ou renovación de praza, e deberá manterse durante todo o curso salvo circunstancias sobrevidas, debidamente acreditadas, que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

Artigo 5º.-Solicitudes.

O procedemento para a concesión de prazas iniciarase coa presentación das solicitudes por parte dos pais ou representantes legais dos nenos/as, segundo os modelos normalizados recollidos nesta orde:

Anexo I: reserva de praza.

Anexo II: novo ingreso.

Os impresos de solicitude -anexo I/anexo II- facilitaranse nos propios centros en que se solicite praza, nas delegacións provinciais desta consellería ou no enderezo electrónico (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm), debendo presentarse xunto coa documentación oportuna nas anteditas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Reserva de praza.

Os pais ou representantes legais de nenos/as xa matriculados nestes centros que desexen renovar praza neles presentarán -entre o 1 e o 9 de marzoa

solicitude de reserva de praza (anexo I), en que deberán figura-los ingresos económicos actualizados. As variacións alegadas neste anexo serán cumpridamente xustificadas.

Non poderá renovar praza o solicitante que, no momento de formaliza-la súa solicitude, manteña algunha mensualidade impagada de calquera curso.

2. Novo ingreso.

a) O prazo para a presentación das solicitudes de novo ingreso -segundo o modelo oficial (anexo II)será do 15 ó 27 de marzo.

b) Poderase solicitar, no mesmo impreso, praza para dous centros, detallándoos por orde de preferencia.

A puntuación obtida no baremo de admisión determinará a orde de prelación na adxudicación de prazas para calquera das dúas opcións solicitadas.

c) Os solicitantes interesados en participar nas prazas de centros de atención á primeira infancia conveniadas con esta consellería a través do programa Cheque Infantil, dirixido a aqueles que non obteñan praza na 1ª e 2ª opción solicitadas, deberán cubri-lo epígrafe do anexo II destinado a este fin, detallando por orde de preferencia 5 centros dos que se relacionan no anexo IV. De non cubrir este epígrafe, entenderase que desisten desta opción e quedaran excluídos da candidatura ó referido cheque.

Artigo 6º.-Documentación de novo ingreso.

1. Os pais ou representantes legais dos nenos/as presentarán a solicitude para o seu ingreso, achegándose con ela os seguintes documentos cotexados:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade do solicitante e, se é o caso, do representante legal.

b) Fotocopia do libro de familia.

c) Xustificación de ingresos: copia da última declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar computable para efectos económicos, segundo se determina no artigo 14º desta orde.

No caso de non ter obriga de presentar declaración:

1º Os solicitantes de devolución rápida (mod. 104) achegarán copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2º As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (mod. 104) portarán certificación dos datos existentes na Administración, expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, é preciso un informe

da asistente social do concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos que por distintas razóns non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos recursos.

d) En caso de nenos de integración: informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

e) Certificado de minusvalidez, se é o caso, só cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Outros documentos, se procede, en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

-Cargas familiares.

-Invalidez ou minusvalidez dos pais, titores e/ou outros membros da unidade familiar, só no caso de certificados que non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

-Enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

-Situación de desemprego dos pais ou titores.

-Outras situacións que deberá ter en conta a comisión de baremación.

g) No caso de mulleres maltratadas, informe dos servicios sociais de base e xustificación de ter presentado denuncia ante a autoridade competente.

2. De carecer dalgún dos documentos sinalados nas alíneas b) e c) do punto anterior, será necesario presentar calquera outro documento que acredite oficialmente a situación familiar ou económica segundo proceda.

Así mesmo, e de carecer de acreditación documental dalgunha das incidencias alegadas, poderase presentar informe dos servicios sociais do concello correspondente.

Artigo 7º.-Emenda.

No caso de que as solicitudes de reserva de praza ou novo ingreso non reúnan os requisitos esixidos, a delegación provincial desta consellería, consonte o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá ó interesado para que, nun prazo de 10 días, emende os erros detectados, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución en tal sentido.

Artigo 8º.-Baremo de admisión.

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo III, mediante o que se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborais da

unidade familiar. En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa, e, trala aplicación deste criterio, terán preferencia as solicitudes de asistencia con servicio de comedor.

Entenderase por unidade familiar para estes efectos, o conxunto de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

Artigo 9º.-Comisión de baremación.

1. Aplicaráselles a tódalas solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin constituirase, en cada unha das delegacións, unha comisión provincial de baremación e selección coa seguinte composición:

Presidente: o/a xefe/a de Servicio de Familia, Infancia e Menores.

Vocais: o/a director/a do centro e un/unha representante dos pais dos/as nenos/as do centro de que se estean a barema-las solicitudes.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da delegación provincial designado/a polo delegado/a provincial.

Os acordos tomaranse por maioría simple, e resolverá, en caso de empate, o/a presidente.

2. A dirección de cada centro convocará os pais a unha reunión, que se celebrará anualmente antes de remata-lo prazo de solicitudes de reserva de praza, co fin de proceder á elección, mediante votación e por maioría simple, do/a seu/súa representante na comisión de baremación e selección.

Artigo 10º.-Relación provisional.

A comisión, unha vez realizada a baremación, efectuará a proposta de selección, e publicará entre o 28 e o 30 de abril, a relación provisional de admitidos e a lista de espera, coa puntuación obtida; correspóndelle a resolución ó delegado provincial, xunto coa fixación de tarifa. Esta relación poderase consultar nas delegacións provinciais da consellería, así como na páxina web da Dirección Xeral de Familia (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm) e nos respectivos centros.

Artigo 11º.-Reclamacións.

Os solicitantes poderán efectua-las reclamacións que coiden oportunas no prazo de dez días contados desde a data de publicación da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 12º.-Relación definitiva.

1. Unha vez estudiadas pola comisión tódalas reclamacións presentadas e mediante resolución do/a delegado/a provincial, procederase á publicación, na última semana de maio, da relación defi

nitiva de admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida e tarifa correspondente a cada caso.

Esta relación poderase consultar nas delegacións provinciais da consellería,así como na páxina web da Dirección Xeral de Familia (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm) e nos respectivos centros.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

2. Os solicitantes admitidos disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación da admisión, para confirmaren a súa praza presentando certificado médico do neno/a nas delegacións provinciais desta consellería sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.

3. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolve-lo procedemento previsto nesta convocatoria será de 6 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

Artigo 13º.-Lista de espera.

1. A lista de espera estará constituída polo solicitantes que non obteñan praza na 1ª e 2ª opción, ordenados segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. As vacantes que se vaian producindo ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes en lista de espera.

3. Os integrantes da lista de espera que se inscribisen como candidatos ó programa de Cheque Infantil serán excluídos dela ó adxudicárselle-la/-las prazas participadas por este programa, mesmo no caso de que renuncien a elas.

4. As solicitudes que, por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas, non se presentasen nos prazos fixados nesta convocatoria, serán tramitadas e baremadas polas comisións provinciais de selección e baremación para a súa inclusión na lista de espera, segundo a puntuación obtida.

Artigo 14º.-Tarifas.

1. Para a determinación das tarifas aplicables observarase o establecido no Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes desta consellería.

Para estes efectos, entenderase por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Entenderase por unidade familiar, para efectos económicos, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos con minusvalidez superior ó 33%. No caso de familias monoparentais, e para efectos do cálculo da renda per cápita ó que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

2. Tódolos usuarios aboarán a contía de once mensualidades por curso, salvo as excepcións recollidas na normativa reguladora destes centros.

3. Se por calquera motivo, distinto ó período de vacacións anuais, o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días hábiles consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

4. A inasistencia do usuario durante un período determinado non supón ningunha reducción nin exención da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Non obstante, e con carácter excepcional, aqueles usuarios que por motivos de saúde deixen de asistir ó centro temporalmente, estarán exentos de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de comezo do período de ausencia. Esta suspensión temporal durará ata o día primeiro do mes natural en que o usuario se reincorpore ó centro. Nestes casos a solicitude de exención da tarifa, durante o período que corresponda, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o/a delegado/a provincial.

Artigo 15º.-Revisión da tarifa.

Ó longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas ós seguintes casos:

a) Modificación das variables que determinan os descontos recollidos no decreto regulador de prezos destes centros -anexo III.3.

b) Variacións nos seus ingresos, sempre que estes sufrisen durante máis de seis meses consecutivos, e mantivesen na data de revisión de tarifa, unha diminución ou incremento do 25%, fronte ós ingresos declarados na solicitude de praza.

Neste sentido, o beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ó respecto.

A modificación da tarifa, se é o caso, será resolta polo/a delegado/a provincial e aplicarase a partir da data da súa revisión.

Artigo 16º.-Baixas.

Causarán baixa nos centros de atención á primeira infancia por algunha das circunstancias seguintes:

1. Por cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

2. Por solicitude dos pais ou representantes legais.

3. Polo non pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ó que se refire a débeda.

4. Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.

5. Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

6. Por falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada.

As baixas comprendidas no punto 5º anterior resolveraas, por proposta do/a delegado/a provincial, unha vez oídas a dirección do centro e mailos pais ou representantes legais do neno/a, a Dirección Xeral de Familia. Nos demais supostos será competente o/a delegado/a provincial.

As baixas producidas ó longo do curso escolar, por calquera dos motivos anteriormente expostos, cubriranse coas solicitudes que quedasen en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 17º.-Participación dos pais.

Desde a dirección dos centros fomentarase a colaboración dos pais co centro e as relacións co persoal deste, así como a súa participación nos órganos colexiados que se puidesen crear.

Disposición derrogatoria

Quedan sen efecto tódalas disposicións anteriores de igual ou inferior rango que se opoñan ó disposto nesta orde, especialmente a Orde do 21 de febreiro de 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Familia para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO IV

Relación de centros partícipes no programa Cheque Infantil na comunidade autónoma no curso 2004-2005

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

153101A CabaniñaA Cabana, 59, SomesoA CoruñaA Coruña

153104CardoMiramar, O Castrillón, 14, baixoA CoruñaA Coruña

153105Carmen CervigónAvda. de Labañou, 2A CoruñaA Coruña

153106CorosR/ Médico Rodríguez, 5, local 1A CoruñaA Coruña

153107CucosR/ Puerto Rico, 4, baixoA CoruñaA Coruña

153108EnredosR/ Río Ézaro, 7A CoruñaA Coruña

153109GlobosR/ Virrey Ossorio, 41A CoruñaA Coruña

153111LapicerosR/ Teniente Coronel Teijeiro, 5A CoruñaA Coruña

153112Os PicariñosR/ Barcelona, 93, baixoA CoruñaA Coruña

153114RapaciñosR/ Mosteiro de Caaveiro, 26A CoruñaA Coruña

153115SueñosR/ Curramontes, 31A CoruñaA Coruña

153116XénesisAvda. das Conchiñas, 1, 1ºA CoruñaA Coruña

153117BolboretaEmilio González López, 76-78, baixoA CoruñaA Coruña

153118PibesMesoiro, s/nA CoruñaA Coruña

153119Virgen del CarmenEirís de ArribaA CoruñaA Coruña

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

150201Os PequesR/ Pardiñeiros, 6, local 2, O MilladoiroAmesA Coruña

150501Os CativiñosR/ Mestre Mateo, 3, baixoArteixoA Coruña

150502VagalumeTravesía de Oseiro, 8ArteixoA Coruña

150503O BerceAvda. de Fisterra, Os Olmos, s/nArteixoA Coruña

150901Didascalio Niño JesúsR/ Guiliade, 116BetanzosA Coruña

150903PitufosAlfonso IX, 9BetanzosA Coruña

151101Praia XardínPraia Xardín, 12BoiroA Coruña

151701ChiquitínR/ Celso Emilio Ferreiro, 29, O TempleCambreA Coruña

151702La BarcalaR/ Río Mero, 1, baixoCambreA Coruña

151703Os PequerrechosR/ Constitución, 11-13, Paseo MarítimoCambreA Coruña

151704TrasnosDrozo, 27 CCambreA Coruña

151705A Fraga EncantadaPintor Lucio MuñozCambreA Coruña

151901A LediciaAvda. Bergantiños, 33-35CarballoA Coruña

151902Os PequerrechosR/ Hórreo, 11CarballoA Coruña

152301Asunción Gómez de CastroCamiño Real da Madalena, 11, baixoCedeiraA Coruña

153202GusiluzRibados, 9, baixoCulleredoA Coruña

153203La CometaTemplarios, 12, O BurgoCulleredoA Coruña

153204TricicloLugar da Chanceira, s/nCulleredoA Coruña

153205Os PequerrechosJuan Rey Martínez, 2CulleredoA Coruña

154101A Casa dos NenosR/ Plácido Pedreira Álvarez, 9, baixoA LarachaA Coruña

155901ReberteAvda. Rosalía de Castro, 35OleirosA Coruña

155902Santa CristinaAvda. Santa Cristina, 22, baixoOleirosA Coruña

156001A GranxaRúa do Camposanto, 25, baixoOrdesA Coruña

156801CanguroR/ Alexandre Bóveda, 23, baixoA Pobra do CaramiñalA Coruña

156802SandraR/ Venecia, 15A Pobra do CaramiñalA Coruña

157201O ParqueAs Ramblas, edif. Ramblas, PortosínPorto do SonA Coruña

157401Os CativosRúa dos Irmandiños, 17RibeiraA Coruña

157902El Jardín de los MimosR/ Virxe da Cerca, 21, baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157903MamiRúa dos Feáns, 9, baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157904PaparoloCampo do Gaio, 10, baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157905Santa Apolonia IA Poza Real, 5, A RochaSantiago de CompostelaA Coruña

157906Santa Apolonia IIA Poza Real, 2, A RochaSantiago de compostelaA Coruña

157907SnoopyR/ García Prieto, 53, baixoSantiago de CompostelaA Coruña

158301CantarelaA Póboa, Cacheiras, 23, MontoutoTeoA Coruña

272801BambánEstrada da Granxa, 26, baixoLugoLugo

272802Barrio Sésamo IR/ Serra Gañidoira, 41LugoLugo

272803Barrio Sésamo IIAvda. de Magoi, 118LugoLugo

272804Caixa GaliciaPolígono Sagrado Corazón, s/nLugoLugo

272805ChiquisAvda. Afonso X O Sabio, 15, baixo MLugoLugo

272806La MurallaRúa Nova, 122LugoLugo

272807QuicosR/ Yáñez Rebolo, 75LugoLugo

273101Caixa GaliciaR/ Eduardo Pondal, s/nMonforte de LemosLugo

275601PumukyR/ Porvir, 14SarriaLugo

320801De Cero a TresAvda. de Celanova, 106, baixoBarbadásOurense

320901Los JuglaresVeiga de Cabo, s/nO Barco de ValdeorrasOurense

320902ParrulosR/ Conde Fenosa, 88O Barco de ValdeorrasOurense

321901Vila do ArenteiroR/ Corzos, 6O CarballiñoOurense

321902Arco IrisConde Vallellano, 45, entresolladoO CarballiñoOurense

325101A CasiñaR/ Vasco da Ponte, 4OurenseOurense

325102ArlequínR/ Nosa Señora da Saínza, 5, baixoOurenseOurense

325103BambiR/ Río Limia, 3, baixoOurenseOurense

325104ColorinesR/ Teluro, 2OurenseOurense

325105LazosR/ Irmáns da Xesta, 2, baixoOurenseOurense

325106LecerR/ Porto Carreiro, 10-12OurenseOurense

325107Los TilosR/ Alfredo Brañas, 62 AOurenseOurense

325108Mª VictoriaR/ Cadaval Valladares, 3OurenseOurense

325109Nuestra Señora de la MercedR/ Remedios, 58, baixoOurenseOurense

325110Play-SchoolR/ Progreso, 139, baixoOurenseOurense

325111PulgarcitoPraza Mestre Luis Fernández, 1, baixoOurenseOurense

325112PulgarcitoR/ Río Xares, 29, baixoOurenseOurense

325113RapaciñosR/ Padre Faustino Míguez, 6, baixoOurenseOurense

325114CativosR/ Nosa Señora da Saínza, 32OurenseOurense

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

325115DecrolyPraza da Lexión, 5, baixoOurenseOurense

328201PinochoEstrada de Laza, 71VerínOurense

328202O CastroCamiño da Glorieta, 16VerínOurense

360901BeniCamiño de San Roque, 31CangasPontevedra

361601PequenecosLugar Porto de GómezCuntisPontevedra

362701CarmiñaR/ Jaime Janer, 139, baixoMarínPontevedra

363001MimosA Xunqueira, s/nMoañaPontevedra

363401Baby-LarAvda. do Aeroporto, 50MosPontevedra

364401GarabatosTorneiros, RibeiraO PorriñoPontevedra

364402PelucheOurense, 7O PorriñoPontevedra

364301BambyR/ San Roque de Abaixo, 1PontevedraPontevedra

364302ChiquisR/ Alcalde Hevia, 8, baixoPontevedraPontevedra

364303El AbetoR/ Ernesto Caballero, 19, baixoPontevedraPontevedra

364304GlobosR/ Pintor Manuel Colmeiro, 7PontevedraPontevedra

364305Los CerezosR/ Don Gonzalo, 11PontevedraPontevedra

365306ParrulosPraza Fermín Bouza Brey, baixoPontevedraPontevedra

364601Las PalmerasSubida á Estación, 2, AltamiraRedondelaPontevedra

364602RapaciñosR/ Picota, 64, baixoRedondelaPontevedra

365601La CameliaPalláns, 36TuiPontevedra

365801A CameliaRúa do Brabo, 36, urb. SamilVigoPontevedra

365802AbrenteR/ Xulia Minguillón, 3VigoPontevedra

365803AlveR/ Nicaragua, 50VigoPontevedra

365804BussyR/ Xoán de Bastos, 35, BeiránVigoPontevedra

365805Divino SalvadorEstrada ó Vao, 49, CoruxoVigoPontevedra

365806DumboCouto de Santo Honorato, 5VigoPontevedra

365807LacabaAvda. Europa, 75VigoPontevedra

365808Los OlivosR/ Marqués de Alcedo, 1VigoPontevedra

365809Los RoblesAvda. de la Florida, 34VigoPontevedra

365810MeniñosR/ Barcelona, 80, baixoVigoPontevedra

365811O CastroAtalaia do Castro, 42VigoPontevedra

365812O XardínGran Vía, 101VigoPontevedra

365813Os MilagrosR/ Portela Interior, 3VigoPontevedra

365814PitufosR/ Portela, 50VigoPontevedra

365815TartarugaGran Vía, 175VigoPontevedra

365816AceimarAvda. da Ponte, 8VigoPontevedra

365817LúaEstrada Camposancos, 250VigoPontevedra

365818Kidd's GardenGran Vía, 77VigoPontevedra