DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2004 Páx. 2.553

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai público o novo modelo de permiso de explotación de marisqueo a pé con utilización de embarcación auxiliar.

Mediante Resolución do 2 de xuño de 1994, publicada no DOG nº 123, do 28 de xuño, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, publicáronse os modelos de permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, que contiñan como anexo III o modelo correspondente ó permiso de explotación para marisqueo a pé con utilización de embarcación auxiliar.

O tempo transcorrido e a experiencia adquirida ata o de agora na xestión deste permiso precisa da incorporación de innovacións tecnolóxicas que faciliten o control de acceso á actividade.

Polo tanto, ó amparo do disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 31 de maio de 1995 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-lo anexo III ó que se refire o punto segundo da Resolución do 2 de xuño de 1994 desta dirección xeral, pola que se fan públicos os modelos de permiso de explotación para exerce-la

actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 123, do 28 de xuño de 1994).

Segundo.-Facer público o modelo de permiso de explotación de marisqueo a pé con utilización de embarcación auxiliar segundo o modelo de tarxeta plastificada personalizada anexo a esta.

Terceiro.-Os permisos expedidos conforme a normativa que agora se modifica seguirán vixentes ata a entrega e substitución polo novo modelo.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2004.

Carmen Bouso Montero

Directora xeral de Recursos Mariños

ANEXO

As tarxetas do permiso de explotación de marisqueo a pé con utilización de embarcación auxiliar axustaranse ó modelo coas seguintes características:

-Material: PVC ou PVCA laminado.-Tamaño: 85,60 mm de longo, 53,98 mm de largo e 0,76 mm de grosor.-Cantos arredondados cun raio de 3,18 mm.-No seu anverso, no ángulo superior dereito a fotografía do titular, integrada por dixitalización a cor (medidas 1,5x2 cm).-Personalización da banda vermella, o número de permiso de explotación en negro. Na banda azul, segundo o modelo que se xunta, figurarán os datos identificativos: nome, apelidos, DNI, nome da embarcación, matrícula, folio e lista, data de caducidade e, por último, a entidade asociativa.-Reverso: personalizarase en negro o código de barras. En azul levará un extracto das normas que regulan o uso da tarxeta.

ANVERSO:

REVERSO:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL