DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 24 de febreiro de 2004 Páx. 2.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 21 de febreiro de 2004 polo que se fai pública a comunicación do director de Televisión Española en Galicia sobre as entrevistas programadas por este centro emisor, con motivo das eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado, convocadas polo Real decreto 100/2004, do 19 de xaneiro.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, de 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en perídodo electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia, da comunicación do director de Televesión Española en Galicia na que participa as entrevistas programadas por este medio con motivio das eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado, convocadoas polo Real decreto 100/2004, os días 1, 2, 3, 4, 5, 8, 10, 11 e 12 de marzo.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examinar esta programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta primeira, rúa Capitán Juan Varela, s/n da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que coiden pertinentes.

A Coruña, 21 de febreiro de 2004.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electoral

Provincial da Coruña