DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 24 de febreiro de 2004 Páx. 2.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2004 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de

anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia os coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixar a realización das probas ou controis que considere oportunos ou requirir a presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspender a realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (14 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar os coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a lista de usuarios activos no sistema a 30 de xuño de 2004. Para tal efecto, na solicitude, no epígrafe onde se describen as tarefas realizadas no posto de traballo relacionadas co obxecto do curso, deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario no SXPA

No caso de que nunha provincia/servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (30 para A Coruña/ 20 para Lugo, Ourense e Pontevedra/ 10 para Vigo/ 40 para servicios centrais), a selección efectuarase con base na seguinte orde de prioridade:

1. Usuarios que non realizaran o curso en edicións anteriores.

2. Usuarios que durante os meses de maio e xuño de 2004 tivesen máis días de conexión ó sistema.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo remitiranse copias da mesma ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela. O núme

ro de edicións é de 14 (4 edicións para os usuarios de Santiago de Compostela, 3 edicións para A Coruña, 2 edicións para Lugo, Ourense e Pontevedra e 1 edición para Vigo).

As datas serán as seguintes en función do lugar de celebración:

Santiago de Compostela: do 6 ó 10 de setembro (1ª edición); do 13 ó 17 de setembro (2ª edición); do 20 ó 24 de setembro (3ª edición); do 27 de setembro ó 1 de outubro (4ª edición). A Coruña: do 6 ó 10 de setembro (1ª edición); do 13 ó 17 de setembro (2ª edición); do 20 ó 24 de setembro (3ª edición). Lugo Ourense e Pontevedra: do 13 ó 17 de setembro (1ª edición); do 20 ó 24 de setembro (2ª edición).Vigo: do 20 ó 24 de setembro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 2000 e o procesador de textos Word 98/2000.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) e páxinas web institucionais (45 edicións).

1. Obxectivos.

Obter un adecuado coñecemento da ferramenta de correo corporativo da Xunta de Galicia e das páxinas web institucionais.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Administración autonómica que sexa usuario do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

3. Criterios de selección.

Usuarios do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) que dispoñen de conta persoal (conta co seu nome e apelidos), circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública segundo a lista de usuarios activos no sistema a 1 de setembro

de 2004 e usuarios que xestionan un buzón xenérico (conta co nome do organismo, centro directivo, servicio, instituto, etc.) circunstancia que deberán acreditar obrigatoriamente achegando á súa solicitude unha certificación do xefe do centro directivo ou organismo ó que pertence o citado buzón.

No caso de que nunha provincia ou en servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (90 para servicios centrais e 90 para Coruña, Lugo e Ourense, 50 para Pontevedra e 40 para Vigo), establecerase a prioridade en función da data de alta como usuario do correo electrónico (de máis antigo a máis recente).

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo remitiranse copias da mesma ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 45 (9 edicións para os usuarios de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense, 5 edicións para Pontevedra e 4 para Vigo).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

Santiago de Compostela: do 4 ó 7 de outubro (1ª edición); do 18 ó 21 de outubro (2ª edición); do 25 ó 28 de outubro (3ª edición); do 2 ó 5 de novembro (4ª edición); do 8 ó 11 de novembro (5ª edición); do 15 ó 18 de novembro (6ª edición); do 22 ó 25 de novembro (7ª edición); do 29 de novembro ó 2 de decembro (8ª edición); do 13 ó 16 de decembro (9ª edición).

A Coruña e Lugo: do 27 ó 30 de setembro (1ª edición); do 18 ó 21 de outubro (2ª edición); do 25 ó 28 de outubro (3ª edición); do 2 ó 5 de novembro (4ª edición); do 8 ó 11 de novembro (5ª edición); do 15 ó 18 de novembro (6ª edición); do 22 ó 25 de novembro (7ª edición); do 29 de novembro ó 2 de decembro (8ª edición); do 13 ó 16 de decembro (9 edición).

Ourense: do 27 ó 30 de setembro (1ª edición); do 4 ó 7 de outubro (2ª edición); do 18 ó 21 de outubro (3ª edición); do 25 ó 28 de outubro (4ª edición); do 2 ó 5 de novembro (5ª edición); do 15 ó 18 de novembro (6ª edición); do 22 ó 25 de novembro (7ª edición); do 29 de novembro ó 2 de decembro (8ª edición); do 13 ó 16 de decembro (9ª edición).

Pontevedra: do 4 ó 7 de outubro (1ª edición); do 18 ó 21 de outubro (2ª edición); do 25 ó 28 de outubro (3ª edición); do 8 ó 11 de novembro (4ª edición); do 15 ó 18 de novembro (5ª edición).

Vigo: do 4 ó 7 de outubro (1ª edición); do 18 ó 21 de outubro (2ª edición); do 25 ó 28 de outubro (3ª edición); do 8 ó 11 de novembro (4ª edición).

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

O correo electrónico (Lotus Notes): a área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo (envío e recepción de mensaxes), a sinatura electrónica, a axenda, asignación de tarefas, as mensaxes especiais e as bases de datos corporativas. Páxinas web institucionais: www.xunta.es, intranet e www.eidolocal.es.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 28 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a plataforma JAVA. O rexistro de entradas/saídas e os módulos de Información de Seguimento e portelo único do SXPA da Xunta de Galicia en contorno web

1. Obxectivos.

Formar os técnicos informáticos da D.X. de Organización e Sistemas Informáticos que van dar soporte técnico e formación ós futuros usuarios dos módulos do SXPA que se van migrar a contorno web.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase con base:

-Na experiencia na impartición de cursos de formación dos usuarios do SXPA.

-Na relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se presta apoio ós usuarios e no que se imparten os cursos de formación dos usuarios do SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias da mesma ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: aula de informática da EGAP (2ª planta), os días: 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26 e 27 de abril.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A plataforma JAVA: características, estructura, programación e aplicacións. Funcionamento do rexistro de entradas/saídas e os módulos de Información de Seguimento e portelo único do SXPA da Xunta de Galicia en contorno web.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: programación C. Os servicios tuxedo en C da plataforma SXPA

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualizar os coñecementos, sobre os servicios tuxedo en C da plataforma SXPA, dos técnicos informáticos que dan soporte técnico e forman os usuarios da plataforma informática do SXPA

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase con base:

-Na experiencia na impartición de cursos de formación dos usuarios do SXPA.

-Na relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se presta apoio ós usuarios e no que se imparten os cursos de formación dos usuarios do SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias da mesma ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: aula de informática da EGAP (2ª planta), os días 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 30 e 31 de marzo e 1 de abril.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A programación en linguaxe C: elementos. Tipos de datos fundamentais, variables e constantes. Tipos de datos derivados: punteiros, vectores, matrices e estructuras. Operadores, expresións e sentencias. Funcións. Control de fluxo de execución. Os servicios tuxedo en C da plataforma SXPA.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: reforma administrativa da Xunta de Galicia (6 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar os coñecementos básicos que engloba o proceso de reforma administrativa na Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Responsables de unidades administrativas, con nivel de subdirección xeral, xefatura de servicio e xefatura de sección.

3. Criterios de selección.

A selección levarase a efecto tendo en conta o grao de participación e responsabilidade do solicitante no programa de avaliación do rendemento.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, do 3 ó 6 de maio (1ª edición), do 10 ó 13 de maio (2ª edición); A Coruña: do 3 ó 6 de maio; Lugo do 10 ó 13 de maio; Ourense: do 24 ó 27 de maio; Vigo: do 3 ó 6 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

O sistema de Información Administrativa e Atención ó Cidadán. As relacións de postos de traballo: orixe, definición, estructura e tramitación. A calidade nas administracións públicas. A calidade na mellora de procesos: Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Servicio de Resposta Inmediata (SERI). Oficina de Tramitación

Única de Industrias (OTU). O rexistro de contratistas. E-Administración. Sistemas de acreditación da calidade: a avaliación do rendemento. As cartas de servicios. Outros sistemas. Analoxías e diferencias entre a avaliación e outros sistemas de calidade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, nº 1-2º 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (6 edicións).

1. Obxectivos.

Afondar no coñecemento técnico-funcional do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA), especialmente as novas funcionalidades.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedemento Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Ter a condición de usuario final do SXPA, condición que será verificada segundo a listaxe de usuarios activos no sistema da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

No suposto de que nunha edición do curso, o número de solicitantes sexa superior ó de prazas convocadas, priorizaranse as mesmas segundo os seguintes criterios:

1º Persoal destinado nas Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU), e nas oficinas incluídas no Servicio de Resposta Inmediata (Seri).

2º Persoal destinado nas Oficinas de Información Administrativa e Atención ó Cidadán.

3º Data de presentación da solicitude.

Se, conforme os criterios anteriores, se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes, e non houbese praza para todos, a selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal do que dependa o solicitante. De persistir o empate, resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: do 14 ó 18 de xuño (1ª edición); do 21 ó 25 de xuño (2ª edición). A Coruña: do 21 ó 25 de xuño. Lugo: do 14 ó 18 de xuño. Ourense: do 21 ó 25 de xuño. Pontevedra: do 21 ó 25 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción á reforma administrativa levada a cabo na Xunta de Galicia. Aspectos funcionais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Rexistro de entradas e saídas. Módulos de tramitación. Módulo de información e seguimento. Módulo de subvencións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, nº 1-2º, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de riscos laborais. Plans de emerxencia (14 edicións).

1. Obxectivos.

Formar os integrantes dos grupos de acción en caso de urxencia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20, para implantar os plans de emerxencia nos centros de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, excepto persoal de centros docentes e persoal estatutario do Sergas.

3. Criterios de selección.

Persoal integrante dos grupos de acción nos distintos centros da Administración da Xunta de Galicia, ou persoal que queira integrarse ó final do curso, que non fixeran ningún curso nesta especialidade.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

As datas serán as seguintes en función do lugar de celebración:

Santiago de Compostela (6 edicións): 15 e 16 de abril (1ª edición); 22 e 23 de abril (2ª edición), 29 e 30 de abril (3ª edición), 6 e 7 de maio (4ª edición); 13 e 14 de maio (5ª edición) e 24 e 25 de maio (6ª edición).

A Coruña (2 edicións): 27 e 28 de maio (1ª edición) e 3 e 4 de xuño (2ª edición).

Lugo (2 edicións): 10 e 11 de xuño (1ª edición) e 17 e 18 de xuño (2ªedición).

Ourense (2 edicións): 16 e 17 de setembro (1ª edición) e 23 e 24 de setembro (2ª edición).

Vigo: 30 de setembro e 1 de outubro.

Pontevedra : 7 e 8 de outubro.

4.3. Horarios: das 8.30 a 14.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Incendio: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Plans de emerxencia. Primeiros auxilios. Prácticas con lume real: extintores e biés.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais o en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de prevención de riscos laborais (2 edicións).

1. Obxectivos.

Formar os traballadores da Administración xeral da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, excepto persoal de centros docentes e persoal estatutario do Sergas.

3. Criterios de selección.

Persoal integrante dos comités de Seguridade e Saúde Laboral da Administración da Xunta de Galicia, que non teñan feito ningún curso superior a este.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, do 3 ó 14 de maio (1ª edición) e do 18 ó 29 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 a 19.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos. Primeiros auxilios

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse a Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais o en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: introducción á xurisdicción contencioso-administrativa (2 edicións).

1. Obxectivos.

Dotar o persoal ó servicio da Administración ó que se dirixe o curso dos coñecementos imprescindibles sobre a xurisdicción e os procedementos contencioso-administrativo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, que no seu posto de traballo desenvolvan tarefas de relación e comunicación con órganos xurisdiccionais contencioso-administrativos (remisión e recepción de documentación, medidas cautelares e execución de resolucións xudiciais).

3. Criterios de selección.

Respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de outubro. A Coruña, os días 15, 16, 17, 18, 22, 23 e 24 de novembro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

A xurisdicción contencioso-administrativa: ámbito e competencias. Partes e obxecto do recurso. Procedemento ordinario. Procedemento abreviado e procedementos especiais. Recursos. Execución de sentencias. Medidas cautelares.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Asesoría Xurídica da Xunta -Gabinete de Estudios e Dereito Comunitario-, e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: introducción ós conceptos xurídicos

1. Obxectivos.

Dotar ó persoal ó servicio da administración ó que se dirixe e que por mor do seu traballo manexen documentación xurídica, dos elementos necesarios para acadar unha mellor comprensión dos mesmos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV (non licenciados en dereito), que no seu posto de traballo manexen documentos de carácter xurídico.

3. Criterios de selección.

Carecer de licenciatura en dereito ou estudios xurídicos superiores, respectando en todo o caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24, 25, 26, 27 e 31 de maio; 1 e 2 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

As fontes do dereito. Aplicación das normas xurídicas. Efectos das normas. Relación xurídica: Suxeitos. O obxecto da relación xurídica. O dereito subxectivo. O negocio xurídico.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Asesoría Xurídica da Xunta -Gabinete de Estudios e Dereito Comunitario-, e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a intervención pública na economía europea: fundamentos e instrumentos.

1. Obxectivos.

Realizar unha aproximación ó funcionamento da economía europea. Dar a coñecer as ferramentas básicas para a análise do dereito comunitario e dos fallos do libre mercado. Facilitar a comprensión das institucións xurídico-económicas no marco das políticas comúns.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia sen formación económica específica.

3. Criterios de selección.

Respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4, 5, 6, 7, 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción ás institucións da UEM: a lóxica económica da UEM. Principios e institucións do libre mercado. Distorsións típicas da competencia: oligopolios, monopolios, acordos colusivos. A defensa da competencia na UE. Fallos do sector público. Teoría da elección pública e análise económica do dereito. Grupos de interese e burocracia. Análise económico-política das institucións da UE. Incidencia económica das normas xurídicas da UE.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (Rúa dos Feáns nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: básico de dereito social comunitario.

1. Obxectivos.

Familiarizar o persoal autonómico coa normativa comunitaria que prevalece na execución das diversas

facetas da política social e que informa a interpretación doutros preceptos a miúdo utilizados na xestión administrativa nese ámbito. Coñecer as últimas correntes da doutrina xurisprudencial na materia. Facilitar a instrucción de procedementos de competencia autonómica que estean condicionados polo acervo comunitario.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Criterios de selección.

Respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro; 2 e 3 de novembro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Programas de acción afirmativa a favor de colectivos sociais con carencias ou sobrepresentación. Normativa primaria e derivada anti-discriminación: interpretación xurisprudencial. Organización, procedementos administrativos e financeiros e intervencións do Fondo Social Europeo. Condicións laborais: seguridade, salarios, duración do traballo e relacións laborais. Desemprego e fomento do emprego. Principios de seguridade social comunitaria. Libre circulación de traballadores e liberdade de establecemento. Protección da saúde e dos consumidores. Educación, formación e cultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (Rúa dos Feáns nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: deseño e xestión de proxectos europeos nun contorno competitivo

1. Obxectivos.

Transmisión de conceptos e ferramentas fundamentais para participar en convocatorias de institucións e órganos comunitarios en competencia con outras administracións e entes públicos. Preparar equipos para seleccionar convocatorias, elaborar proxectos e concorrer a procedementos de dimensión europea. Estender a cultura da competitividade en

aquelas áreas influenciadas polas diversas políticas públicas europeas no escenario da ampliación da UE e a rivalidade polos recursos

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, destinado en unidades vinculadas a convocatorias comunitarias e políticas europeas.

3. Criterios de selección.

Respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 24 e 25 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Introducción: o orzamento comunitario. Evolución e trazos principais. A administración comunitaria: estructura e características. Contorno das administracións e entes competidores. Marco financeiro das convocatorias comunitarias: expansión das políticas comúns e restricción de recursos. Pautas e principios das convocatorias europeas. Análise preliminar: estudios previos (autochequeo e exame da competencia), análise de rendibilidade e eficiencia. Técnicas de planificación. Preparación e presentación do proxecto. Relacións coas unidades instructoras e control xurídico das súas decisións. Execución: instrumentos de avaliación da calidade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (Rúa dos Feáns nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: control de axudas públicas.

1. Obxectivos.

Formar os funcionarios nos sistemas de control de axudas e subvencións públicas, en especial no relativo a súa incidencia da planificación económica e a programación dos fondos comunitarios.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A , B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Normativa legal que afecta o control das axudas públicas. O ciclo da xestión das subvencións e a súa influencia sobre o control. As axudas procedentes de fondos europeos e o seu control. Metodoloxía aplicable ó control de subvencións. Unha experiencia práctica sobre o control das subvencións. A auditoría: unha técnica aplicable á revisión das subvencións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios (Subdirección Xeral de Planificación Económica) e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: fondos estructurais comunitarios.

1. Obxectivos.

Dar a coñecer os mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión, logo da aprobación da nova normativa dos fondos estructurais da Unión Europea para o período 2000-2006, así como afondar na súa incidencia na programación económica da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C, e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 31 de maio; 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 e 11 de xuño

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25

5. Contido.

A normativa comunitaria. A política rexional e os novos regulamentos dos fondos estructurais comunitarios. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O Fondo Social Europeo (FSE). O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP). O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA). O Fondo de Cohesión. A programación económica da Xunta de Galicia e o financiamento comunitario. A negociación dos fondos estructurais nas institucións comunitarias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios (Subdirección Xeral de Planificación Económica) e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a nova lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras (5 edicións).

1. Obxectivos.

Dar a coñecer a nova regulamentación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia. Obter unha xestión eficaz e eficiente das taxas e prezos esixibles no ámbito da Administración da Xunta de Galicia con aplicación de criterios uniformes. Fomentar o uso dos medios telemáticos como instrumento eficaz da xestión destes ingresos.

2. Destinatarios.

Todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia que realice tarefas relacionadas coa xestión de taxas e/ou prezos.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso, circunstancia que deberá ser convenientemente acreditada consonte co disposto no punto 6.2 desta convocatoria.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense: 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril; Lugo: 12, 13, 14,15, 19, 20, 21 e 22 de abril; A Coruña: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de abril; Santiago de Compostela: 26, 27, 28 e 29 de abril e 3, 4, 5 e 6 de maio; Vigo: 10, 14, 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Instrumentos financeiros e reguladores da Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento de establecemento dos instrumentos da nova Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras. Taxas: concepto, clases, feito impoñible, suxeito pasivo, devengo, tarifas, xestión e liquidación. Diferencias coa lexislación anterior. Supostos concretos. Prezos públicos: concepto, elementos esenciais, xestión e liquidación. Diferencias coa lexislación anterior. Supostos concretos. Prezos privados: concepto, elementos esenciais, xestión e liquidación. Diferencias coa lexislación anterior. Supostos concretos. Recadación de taxas e prezos. Principais novidades da nova lei. Revisión de taxas e prezos: recurso de reposición previo ó económico-administrativo; reclamación económico-administrativa; recurso contencioso administrativo. Outros procedementos. Utilización dos medios telemáticos en materia de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Deberase xustificar que o solicitante desenvolve no seu posto de traballo tarefas relacionadas coa materia de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante certificado asinado polo órgano competente en materia de persoal do centro de traballo no que estea destinado.

* Curso: novidades lexislativas e xurisprudenciais en materia tributaria (4 edicións)

1. Obxectivos.

Dar a coñecer as novidades introducidas en materia tributaria nas leis de orzamentos e de medidas e/ou outra normativa, así como revisar as novidades procedentes da última xurisprudencia recaída en materia tributaria.

2. Destinatarios.

Todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia que realice tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso, circunstancia que deberá ser convenientemente acreditada consonte co disposto no punto 6.2 desta convocatoria.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense: 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril; Lugo: 12, 13, 14 e 15 de abril; Vigo: 19, 20, 21 e 22 de abril; A Coruña: 26, 27, 28 e 29 de abril.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Novidades normativas en materia tributaria. Tributos cedidos. Tributos propios. Procedementos. Outras modificacións. Outras novidades lexislativas. Novidades xurisprudenciais. Tributos cedidos. Tributos propios. Procedementos tributarios. Outras novidades.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Deberase xustificar que o solicitante desenvolve no seu posto de traballo tarefas relacionadas coa materia do curso, mediante certificado asinado polo órgano competente en materia de persoal do centro de traballo no que estea destinado.

* Curso: introducción á mellora da seguridade vial a través da sinalización

1. Obxectivos.

Incidir na utilización da sinalización e balizamento como ferramentas de axuda na mellora da seguridade vial.

2. Destinatarios.

Enxeñeiros de camiño, canais e portos e enxeñeiros de obras públicas, adscritos á Dirección Xeral de Obras Públicas e ás delegacións provinciais da CPTOPV.

3. Criterios de selección.

A selección dará prioridade ó persoal titulado que se especifica. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal adscrito a labores de proxectos, construcción e conservación de estradas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Normas de sinalización horizontal e vertical. Detección de treitos de concentración de accidentes. Balizamento.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción ós materiais para a construcción de firmes de estradas e o seu control de calidade.

1. Obxectivos.

Analizar os distintos materiais que se utilizan na construcción de estradas e coñecer os ensaios de laboratorio máis habituais no seu control.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Obras Públicas e das delegacións provinciais da CPTOPV que realice funcións en obras de explotación.

3. Criterios de selección.

A selección dará prioridade ó persoal que dirixe grupos de traballo de conservación e/ou realiza inspeccións e/ou vixilancia de obras. Se quedan prazas libres poderanse cubrir polo persoal adscrito a labores de conservación e explotación.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Coñecemento dos materiais, normativa de materiais e normativa de controis de materiais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto

no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: elaboración de informes urbanísticos

1. Obxectivos.

Formación do persoal para a emisión de informes no novo marco lexislativo establecido pola Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Coñecemento de técnicas xerais de redacción de informes. Adquisición de coñecementos específicos relativos á análise, interpretación e diagnóstico de plans urbanísticos

2. Destinatarios.

Persoal dos grupos A e B da Administración especial e xeral da Dirección Xeral de Urbanismo e das delegacións provinciais da CPTOPV que teña entre as súas funcións a emisión de informes ou propostas de informes urbanísticos.

3. Criterios de selección.

Para o caso de que o número de solicitantes supere o número de 20, os criterios de selección serán, por orde de preferencia: persoal ó servicio da Dirección Xeral de Urbanismo ou das delegacións provinciais da CPTOPV; persoal do grupo A da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de arquitectos superiores; persoal do grupo B da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de arquitectos técnicos; persoal do grupo A da Administración xeral da Xunta de Galicia; persoal do grupo B da Administración xeral da Xunta de Galicia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 23 e 30 de marzo, e 6, 13 e 20 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O novo marco legal da Lei 9/2002. Principios xerais e novidades máis salientables. O novo réxime de tramitación dos plans urbanísticos.Tipos de informes: informes técnicos en xeral, informes-proposta de aprobación de planeamento, control de cumprimento de informes.Alcance dos informes. Límites da discrecionalidade. Técnicas xerais para a redacción de informes. Modelos e contidos mínimos. Técnicas de control e comparación de normas, índices e valores límite establecidos pola lexislación vixente. Interpretación de planos. Nocións básicas para o manexo de cartografía dixital. Criterios autonómicos sobre a ordenación urbanística.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 12 de marzo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Urbanismo e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación en transportes

1. Obxectivos.

Proporcionar unha formación básica en materias de competencia da Dirección Xeral de Transportes

2. Destinatarios.

Funcionarios do grupo D e persoal laboral asimilable.

3. Criterios de selección.

Respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 10 ó 14 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Ordenamento xurídico do transporte. O sistema concesional. Autorizacións de transporte: transporte escolar. Réxime sancionador e inspección do transporte. Mercadorías perigosas e perecedoiras. Discos-tacógrafo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Transportes e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: ferramentas informáticas para a xestión de estradas.

1. Obxectivos.

Obter unha visión global das ferramentas informáticas dispoñibles habitualmente (office) e o seu uso na xestión de estradas.

2. Destinatarios.

Enxeñeiros de camiño, canais e portos e enxeñeiros de obras públicas adscritos á Dirección Xeral de Obras Públicas e ás delegacións provinciais da CPTOPV.

3. Criterios de selección.

A selección dará prioridade ó persoal titulado que se especifica. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal adscrito a labores de proxectos, construcción e conservación de estradas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 11, 18, 25 de maio e 1 e 8 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Capacidades das ferramentas office e a súa aplicación específica a estradas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súa delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a vivenda e os dereitos dos adquirentes (3 edicións).

1. Obxectivos.

Ofrecer ó persoal da Comunidade Autónoma unha visión o máis pormenorizada posible da problemática que presenta o tráfico xurídico das vivendas ó detectarse o interese dos cidadáns na materia.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración autonómica.

3. Criterios de selección.

Persoal das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Economía e Facenda, e Innovación; Industria y Comercio. Terán preferencia o persoal do IGVS e o Instituto Galego de Consumo

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense, os días 26, 27, 28 e 29 de abril; A Coruña, os días 3, 4, 5 e 6 de maio; Santiago de Compostela, os días 10, 11, 12 e 13 de maio.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Estudio da protección administrativa e civil dos adquirentes de todo tipo de vivendas. Facultades e dereitos dos organismos autonómicos sobre a transmisión de vivendas sometidas a protección. Réxime de fianzas no alugamento de inmobles. Requisitos de arrendamento. Cédula de habitabilidade. Réxime de infraccións e sancións na Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó Instituto Galego de Vivenda e Solo e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: o coidado das persoas con discapacidade e a educación especial (2 edicións)

1. Obxectivos.

Actualizar a capacitación profesional do persoal responsable do coidado das persoas con discapacidade. Facilitar estratexias de intervención que posibiliten unha mellora na calidade de prestacións destas persoas

2. Destinatarios.

Traballadores/as que ocupen postos de educador/a, e auxiliar coidador/a nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal fixo sobre o temporal, antigüidade na Administración e, de ser o caso, en función das necesidades dos centros.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, os días 4, 5, 6, 7 e 8 de outubro; Vigo, os días 18, 19, 20, 21 e 22 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Hixiene e saúde: Aseo persoal do alumnado. Vestido persoal do alumnado. Hixiene da alimentación. Saúde e ambiente. Estética persoal e hixiene do persoal responsable do coidado. Saúde e enfermidade: enfermidades propias da infancia. Principais causas e clases de enfermidades do discapacitado. Principios xerais do socorrismo. Primeiros auxilios. Lecer e tempo libre: o internado como continuador do labor educativo. O centro como fogar continuador da vida familiar. Actividades de tempo libre: o xogo. Personalidade: adecuación ás características individuais das persoas con discapacidades. Intervención nas conductas problemáticas

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes, comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela; e presentaranse no rexistro da dita consellería, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: XadeWeb primaria (5 edicións)

1. Obxectivos.

Aproximar ós usuarios ó emprego de aplicacións en contorno web. Capacitar os usuarios para poder levar a cabo a xestión administrativa e académica dun centro de educación primaria e/ou educación infantil mediante a aplicación

2. Destinatarios.

Administrativos e auxiliares administrativos de centros educativos públicos dependentes da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

3.1. Desempeñar a súa función en centros que impartan os niveis de educación infantil e/ou primaria. Acreditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo.

3.2. Coñecemento da actual aplicación de xestión de centros XADE-Centros. Acreditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo

3.3. Ser funcionario de carreira.

3.4. En caso de empate terán preferencia os solicitantes de máis antigüidade na Administración. Fotocopia da última credencial de recoñecemento de trienio. No caso de solicitantes con menos de 3 anos de antigüidade na Administración pública, dilixencia da toma de posesión no posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: 14, 16, 19, 21, 23, 26 e 28 de abril; Ferrol: 14, 15, 16, 19, 21, 22 y 23 de abril; Santiago de Compostela: 14, 15, 16, 20, 21, 22 e 27 de abril; Vigo: 15, 20, 22, 27 e 29 de abril, 4 e 6 de maio; Pontevedra: 18, 19, 20, 25, 26, 27 e 31 de maio

4.3. Horarios: das 18.00 ás 21.00 horas excepto A Coruña e Santiago de Compostela de 17.00 a 20.00 horas. En tódalas edicións o último día impartiranse dúas horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Aplicacións en contorno web: estructura e nocións básicas sobre o funcionamento da aplicación.Configuración da aplicación: datos por defecto, configuracións de inicio de curso, usuarios e perfís. A xestión do profesorado: altas, modificacións, xestión de substitutos, control de asistencia e baixas, histórico. A xestión do persoal non docente: altas, control de asistencia e baixas. A xestión do alumnado: altas, modificacións, control de asistencia, avaliación, expedientes, histórico. Secretaría: entradas e saídas, inventario, libros de escolaridade e reunións de órganos colexiados. Informes: informes predefinidos e xestor de informes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela; e presentaranse no rexistro da dita consellería, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de centros de educación secundaria con XADE (21 edicións)

1. Obxectivos.

Capacitar os usuarios para poder levar a cabo a xestión administrativa e académica dun centro de educación secundaria mediante a aplicación

2. Destinatarios.

Administrativos e auxiliares administrativos de centros educativos públicos dependentes da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

3.1. Desempeñar a súa función en centros que impartan os niveis de educación secundaria. Acreditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo.

3.2. Coñecemento da actual aplicación de xestión de centros XADE-Centros. Acreditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo

3.3. Ser funcionario de carreira.

3.4. En caso de empate terán preferencia os solicitantes de máis antigüidade na Administración. Fotocopia da última credencial de recoñecemento de trienio. No caso de solicitantes con menos de 3 anos de antigüidade na Administración pública, dilixencia da toma de posesión no posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (1ª ed.): 13, 15, 19, 21, 22, 26 e 28 de abril; (2ª ed.): 29 de abril,

3, 5, 6, 10, 12 e 13 de maio; (3ª ed.): 3 ,4, 7, 10, 11, 14, e 19 de maio; Ferrol (1ª ed.): 14, 15, 16, 19, 21, 22 e 23 de abril; (2 ed.): 26, 28, 29, 30 de abril, 3, 4 e 5 de maio; Santiago de Compostela (1ª ed.): 19, 21, 26 e 28 de abril, 3, 5 e 10 de maio; (2 ed.): 28 e 29 de abril, 3, 4, 5, 10 e 11 de maio; Noia: 14, 19, 21, 26 e 28 de abril, 3 e 5 de maio; Burela: 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 29 de abril; Lugo: 13, 15, 20, 22, 26, 27 e 29 de abril; Monforte de Lemos: 14, 15, 19, 21, 26, 28 e 29 de abril; Ourense (1ª e 2ª ed.): 14, 15, 19, 21, 22, 26 e 28 de abril; A Estrada: 19, 21, 26 e 28 de abril, 3, 5 e 10 de maio; Pontevedra (1ª ed.): 14, 15, 19, 21, 22, 26 e 28 de abril; (2ª ed.): 29 de abril, 3, 5, 6, 10, 12 e 13 de maio; O Porriño: 19, 21, 26, 28 de abril, 3, 5 e 10 de maio; Vigo (1ª ed.): 15, 19, 20, 22, 26, 27 e 29 de abril; (2ª ed.): 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de abril; (3 ed.): 3, 5, 6, 10, 12, 13 e 19 de maio; Vilagarcía: 14, 16, 19, 21, 23, 26 e 28 de abril

4.3. Horarios: das 18.00 ás 21.00 horas excepto A Coruña (3ª ed.), Santiago de Compostela (2ª ed.) e Noia de 17.00 a 20.00 horas, e Vigo (2ª ed.) de 18.30 a 21.30 horas. En tódalas edicións o último día impartiranse dúas horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Estructura e nocións básicas sobre o funcionamento da aplicación. Configuración da aplicación: datos por defecto, configuracións de inicio de curso, usuarios e perfís. A xestión do profesorado: altas, modificacións, xestión de substitutos, control de asistencia e baixas, histórico. A xestión do persoal non docente: altas, control de asistencia e baixas. A xestión do alumnado: altas, modificacións, control de asistencia, avaliación, expedientes, histórico. Secretaría: entradas e saídas, inventario, libros de escolaridade e reunións de órganos colexiados. Informes: informes predefinidos e xestor de informes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela; e presentaranse no rexistro da dita consellería, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal

1. Obxectivos.

Ofrecer unha primeira visión xeral dos novos criterios establecidos e procedementos fixados pola Lei con relación ó dereito concursal.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas nas áreas de aplicación da lei.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP; os días 14 e 15 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 as 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Significado e alcance da reforma do ordenamento concursal español. As reestructuracións empresarias á luz da nova lei concursal. A declaración do concurso: o concurso desde a perspectiva do debedor e o concurso desde a perspectiva do acredor. Fases do convenio e da liquidación. A responsabilidade do concursado e dos seus cómplices. Tramitación do procedemento. Administración xudicial e responsabilidade dos administrados. Os privilexios

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: políticas de enerxía sustentable na Unión Europea: os sistemas de Enerxía Sustentable no VI Programa Marco I+D

1. Obxectivos.

Dar a coñecer as principais tecnoloxías e sistemas de enerxía sostible, así como presentar as políticas e obxectivos establecidos pola Unión Europea para o desenvolvemento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética tal como establecen as prioridades do 6PM no contexto do Espacio Europeo de Investigación.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas nas areas de aplicación da lei.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios: das 8.30 horas ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Obxectivos específicos dos sistemas de enerxía sustentable. Actividades de investigación con impacto a medio e longo prazo. Políticas de enerxía sustentable da Unión Europea: documentos da Unión Europea. A iniciativa CONCERTO.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: organismos e programas internacionais de I+D.

1. Obxectivos.

Dar a coñecer ós asistentes os obxectivos e funcións dos principais organismos e programas existentes, quen son en España os organismos coordinadores dos devanditos programas, así como ensinar as principais ferramentas e servicios existentes de información comunitaria.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas nas áreas de aplicación da lei.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 20 e 21 de outubro.

4.3. Horarios: das 8.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Principais organismos comunitarios nos que participa España no ámbito da I+D+I. Principais programas comunitarios de I+D: obxectivos principais, destinatarios e coordinadores nacionais. CORDIS (Servicio de Información da Comisión Europea sobre as actividades europeas de Investigación e Innovación): servicios de información subministrada.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o programa de inspección en sanidade animal en Galicia (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualización e adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos para a realización do traballo inspector por parte dos veterinarios dependentes da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Utilizaranse en primeiro lugar criterios de responsabilidade, posteriormente terase en conta como criterio aqueles veterinarios que traballen en labores inspectores de campo en temas de sanidade animal e subsidiariamente a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 10, 11, 12, 13, 14 e 18 de maio (1ª edición) e os días 20, 21, 22, 23, 24 e 27 de setembro (2ª edición).

4.3. Horarios: 1ª edición: das 16:30 ás 20.00 horas, agás o 18 de maio das 16.30 ás 19.00 horas. 2ª edición: das 16.30 ás 20.00 horas, agás o día 27 de setembro das 16.30 ás 19.00 horas.

4.4. Prazas: 50 por edición.

5. Contido.

Plan inspector, protocolos de inspección, competencias, visión xeral. Inspección nas distintas especies gandeiras e noutros temas relacionados (calidade do leite, EEB, medicamentos, benestar animal etc.). Enfermidades emerxentes. SIMOPORC. Xestión integrada.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: sanidade vexetal. Programas de control.

1. Obxectivos.

Dar unha formación axeitada ós técnicos de sanidade vexetal dos servicios centrais e provinciais de Explotacións Agrarias e das Oficinas Agrarias Comarcais.

2. Destinatarios.

Persoal implicado nos programas de sanidade vexetal correspondente ás oficinas agrarias comarcais, servicios provinciais e servicios centrais da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

3. Criterios de selección.

Grao de implicación nos programas de sanidade vexetal.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 22 e 23 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Tratamento dos contidos da Lei de sanidade vexetal. Programas de erradicación e control. Pasaporte fitosanitario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: deseño e tratamento estatístico de ensaios.

1. Obxectivos.

Formar os técnicos que realicen ensaios de experimentación, na formulación, posta en campo, toma de datos, interpretación e a súa análise.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que participa na realización de campos experimentais.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que intervén nos grupos de traballo das distintas áreas do programa de experimentación agraria, do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, os días 10, 11, 12, 13 e 14 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Principios da experimentación. Fins e condicións dunha experiencia. Principios básicos do deseño de experimentos. O erro experimental. Planificación, preparación e realización de ensaios. Protocolos, seguimento e toma de datos. Tratamento e interpretación de datos. Divulgación. Campos de demostración. A estatística aplicada ós ensaios agrícolas. Paquetes informáticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: asociacionismo agrario e desenvolvemento agroindustrial.

1. Obxectivos.

Formar o persoal no coñecemento da normativa básica do asociacionismo agrario e analizar a situación do sector asociativo agrario galego e a súa incidencia no desenvolvemento da agroindustria na nosa comunidade autónoma.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Relación do posto de traballo co contido do curso. Antigüidade no posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 1 de maio ó 30 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Lei galega de cooperativas. O sector cooperativo agrario galego. A agroindustria galega de base asociativa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: o réxime de cotas no sector lácteo e o control da taxa.

1. Obxectivos.

Proporcionar ós asistentes unha formación axeitada sobre o sistema de cotas lácteas e sobre o control da taxa suplementaria no sector lácteo, de acordo coa normativa aplicable.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica que interveña na xestión de medidas do sector lácteo.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal técnico do Fogga e da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que xestione directamente cotas lácteas ou interveña no control da taxa suplementaria.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3 e 4 de marzo

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas (agás o último día que é horario de mañá).

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Sistema de cotas lácteas. Inspección da taxa suplementaria. Declaracións de leite comercializado.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de marzo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), e presentaranse no rexistro xeral do dito organismo, no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: epidemioloxía veterinaria. Actuación en focos. Rede de alerta veterinaria (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualización dos coñecementos de epidemioloxía no campo da sanidade animal. A Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a súa estructura e funcións en Galicia. Plans de alerta. Actuacións en focos de enfermidades de alta propagación. Programas de erradicación de enfermidades.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade aqueles veterinarios que traballen en temas de sanidade animal seguíndose logo os criterios de responsabilidade e antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP: 1ª edición: 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23 e 24 de xuño. 2ª edición: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 50 por edición.

5. Contido.

Epidemioloxía e estatística veterinaria, estudios epidemiolóxicos. Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria de Galicia. Plans de alerta. Enfermidades da lista A da OIE . Actuacións en focos. Enquisas epidemiolóxicas. Programas de erradicación de enfermidades.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria e presentaranse no rexistro xeral da Con

sellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: iniciación á documentación fotográfica do patrimonio histórico.

1. Obxectivos.

Informar os asistentes sobre o labor que exerce a fotografía como elemento creador da imaxe do patrimonio histórico e como aquela pode ser utilizada para os traballos de investigación, documentación e divulgación dos bens patrimoniais. Descrición do proceso analóxico e a súa transición á fotografía dixital, practicando todo o percorrido ata o seu almacenamento nos distintos formatos dixitais.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia relacionado co patrimonio cultural, técnicos, restauradores, conservadores de museos, xestores do patrimonio que utilizan a fotografía como complemento ó seu labor.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24, 25, 26, 27, 31 de maio e 1 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 24.

5. Contido.

Introducción e antecedentes: principios xerais. A cámara. Elementos. Fundamentos da fotografía dixital. A imaxe dixital, definicións, equipamentos, formatos, estándares, soportes, calidade e conservación. Analóxico fronte a dixital: vantaxes e inconvenientes de cada un, intercambio de soportes. A preservación do patrimonio fotográfico en formato dixital. Mecanismos para o control da calidade da imaxe dixital. Programa de tratamento da imaxe: photoshop.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director xeral de Patrimonio Cultural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: turismo e territorio do litoral.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos sobre o turismo e a súa relación co territorio. Analizar as principais competencias e medidas de intervención administrativa sobre o litoral. Compartir experiencias e proxectos de desenvolvemento do litoral a partir de actividades turísticas sostibles.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral con competencias en materias vinculadas ó turismo, pesca e, en xeral, o desenvolvemento do espacio litoral da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal da Axencia Galega do Litoral e da Dirección Xeral de Turismo e, en xeral, aquel que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21 e 22 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Tendencias actuais da oferta e demanda turística. Novos productos. Conceptos de desenvolvemento turístico sostible e interpretación do territorio. Normativa e principais medidas de intervención das administracións públicas sobre o litoral nas materias de turismo, costas, pesca e ambiente. Programas de dinamización sobre zonas do litoral. Instrumentos de cooperación interadministrativa e interrexional.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á directora xeral de Turismo e presentaranse no rexistro auxiliar da devandita Dirección Xeral de Turismo no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: actividades de difusión en museos e arquivos.

1. Obxectivos.

Establecer unhas pautas de programación, preparación e desenvolvemento das actividades de difu

sión levadas a cabo nos arquivos e museos dependentes da Xunta de Galicia. Compartir experiencias entre distintos centros e coñecer exemplos concretos deste tipo de actividades. Avaliar e comparar os resultados segundo os destinatarios destas actividades coa finalidade de dinamizar os museos e arquivos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal técnico, funcionario ou laboral, dos arquivos e museos xestionados pola Xunta de Galicia

3. Criterios de selección

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), os días 10, 11, 12 e 13 de maio.

4.3. Horarios: día 10: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.30 a 18.30 horas; día 11: das 10.00 a 14.00 horas; día 12: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.30 a 18.30 horas; día 13: das 10.00 ás 14.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Programación de actividades didácticas. Tipoloxía de actividades didácticas. Análise das distintas actividades. Criterios de avaliación das actividades.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director xeral de Patrimonio Cultural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: anatomía patolóxica aplicada ó diagnóstico de matadoiros.

1. Obxectivos.

Reciclaxe-repaso das lesións anatomopatolóxicas principais, sobre todo aquelas que se presentan esporadicamente, dada a toma de decisións inmediata que hai que realizar ó respecto.

2. Destinatarios.

Veterinarios funcionarios / interinos da Consellería de Sanidade.

3. Criterios de selección.

Terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Sanidade.

4.Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Lugo, os días 10, 11 e 12 de maio.

4.3. Horarios: das 9.00 ás 15.00 horas as dúas primeiras xornadas e das 10.00 ás 13.00 horas a terceira.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Diagnóstico diferencial de lesións aparentemente semellantes. Patoloxías máis frecuentes e as súas lesións anatomopatolóxicas. Remisión de mostras ó laboratorio: cándo é necesario, qué mostra recoller e cómo e ónde enviala.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ós servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública. Zona de Lugo. Ronda de Fingoi, nº 170 - Lugo, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: identificación e inspección sanitaria de cogomelos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Distinguir entre a gran diversidade de especies de cogomelos, que hoxe existen no mercado debido ó aumento de importacións, co fin de realizar unha correcta inspección dos establecementos onde se comercializan estes productos á hora de levar a cabo alertas alimentarias, intervención de productos, etc. Distinguir diferentes especies de cogomelos que se atopan habitualmente nos mercados, prazas de abastos e froiterías en concepto de venda a granel. Normativas legais aplicables ó respecto.

2. Destinatarios.

Veterinarios funcionarios / interinos da Consellería de Sanidade.

3. Criterios de selección.

Terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co con

tido básico e obxectivos do curso, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Sanidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Lugo, os días 18, 19, 20, 21 e 22 de outubro (1ª edición) e 25, 26, 27, 28 e 29 de outubro (2ª edición). A Coruña, os días 27, 28, 29 e 30 de setembro; 1 de outubro.

4.3. Horarios: das 11.00 ás 14.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Relación das principais especies de cogomelos e a súa diferenciación. Dictame organoléptico de salubridade. Normativa aplicable.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ós servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública. Zona de Lugo. Ronda de Fingoi, nº 170 - Lugo, ou ós servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública, r/Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: etiquetaxe de productos alimenticios (2 edicións).

1. Obxectivos.

Reciclaxe-repaso das normas aplicables á etiquetaxe das distintas clases de productos alimenticios.

2. Destinatarios.

Veterinarios funcionarios/interinos e laborais da Consellería de Sanidade.

3. Criterios de selección.

Terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Sanidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Lugo, os días 18, 19, 20 e 21 de maio (1ª edición) e os días 7, 8, 9 e 10 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 11.00 ás 14.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Etiquetaxe obrigatoria e facultativa. Etiquetaxe de carnes e productos cárnicos. Etiquetaxe de peixes e productos pesqueiros. Etiquetaxe de leites e productos lácteos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ós servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública. Zona de Lugo. Ronda de Fingoi, nº 170 - Lugo, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: VI curso para o recoñecemento de especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos por instancia de parte.

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal do Centro de Control de Medio Mariño (CCMM). Outro persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase entre o persoal destinatario que está desenvolvendo tarefas directamente relacionadas co contido do curso, segundo a orde prevista de destinatarios establecida no punto anterior. A prioridade establecerase tamén segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. De producirse empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e se non houbera prazas para todos, a selección resolveríase mediante sorteo entre os afectados.

Absteranse de solicitar o curso os seleccionados en edicións anteriores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 24, 25, 26, 27 e 28 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Coñecemento das especies obxecto de explotación na pesca, no marisqueo e na acuicultura, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización. Artes e aparellos autorizados en Galicia. As embarcacións de pesca e auxiliares na acuicultura: límites do exercicio na actividade da pesca. Permisos de explotación. Plans de explotación. Alternancia de artes. A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentarse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións territoriais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos xurídicos e administrativos dos títulos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo e os cultivos mariños.

1. Obxectivos.

Formar o persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en aspectos xurídicos e administrativos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo e os cultivos mariños.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que xestione procedementos en relación cos títulos administrativos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo ou os cultivos mariños.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 10, 11, 12 e 13 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Títulos administrativos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo ou os cultivos mariños, autorización, concesión, permiso de actividade, permiso de explotación. Dominio público, utilización e réxime de protección, competencias no dominio público. Réxime mercantil, titularidade, rexistros,

hipotecas, seguros, escrituras notariais. Réxime tributario, cánones, taxas, fianzas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Mariños e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ou en calquera das súas delegacións territoriais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: lexislación pesqueira autonómica (3 edicións).

1. Obxectivos.

Dar a coñecer ós funcionarios de confrarías a lexislación pesqueira que se está aplicando día a día no seu ámbito de traballo.

2. Destinatarios.

Funcionarios das confrarías de pescadores.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. De producirse empate na puntuación entre dous ou mais áspirantes e se non houbera prazas para todos a selección resolveríase mediante sorteo entre os afectados

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Ribeira, os días 22, 23, 24, 25 e 26 de marzo (1ª edición); Pontevedra, os días 19, 20, 21, 22, 23 de abril (2ª edición); A Coruña, os días 3, 4, 5, 6 e 7 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Lexislación de confrarías. Planos de explotación. PERMEX de marisqueo a pé. PERMEX de embarcacións. Planos de portos. Axudas á pesca costeira artesanal. Organización sectorial.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 13 de marzo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ou en calquera das súas delegacións territoriais, así como de

conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: establecementos e espectáculos públicos: procedemento sancionador e licencias.

1. Obxectivos.

Profundar nos aspectos máis problemáticos do outorgamento de licencias e do procedemento sancionador a establecementos e espectáculos públicos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Persoal que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 21, 22, 26 e 28 de abril.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Licencias. A instrucción do procedemento sancionador. Resolucións e recursos. Análise da xurisprudencia máis recente. A execución das sancións: cláusulas e multas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Eido Local.

1. Obxectivos.

Dotar o persoal destinatario dos cursos de formación necesaria para o manexo e coñecemento do novo instrumento de traballo, que permitirá mellorar a xestión diaria da actuación administrativa propia do traballo que deben desenvolver.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que vaia realizar tramitacións a través do portal informático Eido Local

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 8, 11, 13, 14 e 15 de outubro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 15.

5. Contido.

Utilización do portal Eido Local.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Administración Local, Praza de Europa, 5 A - 4ª - Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: informática aplicada á medicina forense.

1. Obxectivos.

Formación na moderna tecnoloxía informática posta ó servicio da información do médico forense.

2. Destinatarios.

Médicos forenses en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando a Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Informática aplicada á medicina forense. Manexo de Medline. Busca de datos médicos. Internet e a medicina forense.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, Praza de Europa, 5 A - 4ª - Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: habilidades de relación e atención ó público (11 edicións).

1. Obxectivos.

Desenvolver pautas eficaces e satisfactorias de comportamento ante o público, tanto en presencia como por teléfono.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de xustiza destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (3 edicións), Vigo (2 edicións), Pontevedra (1 edición), Ferrol (1 edi

ción), Santiago de Compostela (1 edición), Lugo (1 edición) e Ourense (2 edicións), abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando a Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

O momento da acollida. Os espacios na relación. Importancia do clima na atención. Suposto básico que dificulta as relacións. A imaxe e os seus condicionamentos. Os esquemas mentais que dificultan as relacións e a solución dos problemas. A comunicación e a escoita, especialmente en situacións difíciles.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión administrativa (11 edicións).

1. Obxectivos.

Proporciona-los coñecementos xerais sobre xestión orzamentaria e contabilidade pública, así como sobre contratación administrativa.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de xustiza destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (3 edicións), Vigo (3 edicións), Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

Módulo I. Orzamentos xerais: concepto, contido e estructura; elaboración dos orzamentos xerais; os créditos e as súas modificacións, execución e liquidación do orzamento.

Módulo II. A contratación administrativa: regulación da contratación nas administracións públicas, o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas; o contrato administrativo; o expediente de contratación; a execución do contrato administrativo; os contratos de obras, de xestión de servicios públicos, de subministración, de consultoría e asistencia e servicios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de recursos humanos (11 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar os coñecementos precisos para a xestión dos recursos humanos ó servicio da Administración de xustiza e afondar nos coñecementos sobre o seu Estatuto xurídico.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de xustiza destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (1ª edición), Vigo (1ª edición), Lugo (1ª edición), Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Ourense, abril, maio e xuño. De setembro a novembro: A Coruña (2ª edición), Vigo (2ª edición), Lugo (2ª edición) e A Coruña (3ª edición). As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

A regulación do procedemento administrativo. O Estatuto xurídico do persoal ó servicio da Administración de xustiza e procedementos en materia de xestión de persoal. Modernización das administracións públicas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: valoración do dano nos traumatismos cranoencefálicos.

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos sobre traumatismos craneoencefálicos e avaliación das secuelas que se poidan producir, con criterios científicos.

2. Destinatarios.

Médicos forenses en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Traumatismos craneoencefálicos e as súas causas. Secuelas máis frecuentes. Valoración dos traumatismos. Reparación xusta e equitativa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de riscos laborais (3 edicións).

1. Obxectivos.

Facilitar coñecementos básicos de prevención de riscos laborais ó persoal da Administración de xustiza.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de xustiza destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección farase mediante aplicación dos seguintes criterios de preferencia:

3.1. Os que non participaran nos cursos desde o ano 2000, organizados pola Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente ou a través da convocatoria da Escola Galega de Administración Pública.

3.2. Titulares respecto ós interinos.

3.3. Aspirantes que menos cursos realizaran no ano 2000.

3.4. Antigüidade na Administración de xustiza, 1 punto por cada mes de traballo.

A información cotexarase cos datos que están en poder da Dirección Xeral de Xustiza. Non se poderá realizar no Plan de Formación anual máis dun curso, agás que non houbera solicitantes suficientes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Pontevedra, Ourense e Lugo, abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

Módulo I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo: traballo e saúde; danos derivados do traballo; marco normativo básico.

Módulo II. Riscos xerais e a súa prevención: riscos ligados ás condicións de seguridade; riscos ligados ó ambiente do traballo; carga de traballo, fatiga e insatisfacción laboral; sistemas elementais de control de riscos e protección colectiva e individual, plans de emerxencia e evacuación; control da saúde dos traballadores.

Módulo III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade de empresa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude.

1. Obxectivos.

Formar o persoal dos servicios de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre a información e as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 20, 21, 22, 27, 28, 29 e 30 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 15.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Estructura e deseño dun Servicio de Información Xuvenil. Xestión dunha Oficina de Información Xuvenil. Servicios de orientación e asesoramento nunha Oficina de Información Xuvenil. Habilidades sociais na información xuvenil. A comunicación na información xuvenil.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: educación e adolescencia en centros de menores.

1. Obxectivos.

Examinar, cuestionar e consensuar os valores e contravalores que retratan a adolescencia en España e en Galicia. Estudiar e valorar como profesionais da educación a veracidade dos binomios mediáticos «Adolescencia e Violencia» e «Adolescencia e Consumismo». Coñecer e recoñecer as limitacións da institución de menores como contextos educativos. Aprender e practicar técnicas de traballo en grupos que favorecen e reforzan a adquisición de valores. Presentar programas europeos alternativos á convivencia institucional. Reforzar o rol da familia como catalizadora da intervención educativa na institución. E obxectivar a interdependencia entre roles e xénero na profesión de educador en institucións de menores.

2. Destinatarios.

Persoal que traballe en centros de menores da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada centro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13 e 14 de maio

4.3. Horarios: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas os días 12 e 13, e das 9.00 ás 13.00 horas o día 14.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Adolescencia/s e educación/s nas institucións de menores. Valores e contravalores na educación no formal. Dinámica de actuación con grupos e con menores en institucións de menores. Os espacios/contextos como marcas para a intervención. Proxectos e programas europeos alternativos ás institucións o/a educador/a de menores: roles e xénero.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e presentaranse no rexistro xeral de dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: marco teórico-legal en materia de igualdade de oportunidades.

1. Obxectivos.

Achegar ó traballo cotián os contidos referentes á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como contidos transversais.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 7, 10, 11 e 12 de maio.

4.3. Horarios: os días 3 e 4 das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas. Os días 5, 6, 7, 10, 11 e 12 das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Ámbito internacional: a declaración universal dos dereitos humanos das Nacións Unidas. Ámbito europeo: estratexia marco-comunitaria sobre a igualdade

entre mulleres e homes 2001-2005. Ámbito nacional: plans e leis de igualdade. Ámbito autonómico: IV Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas. Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Servicio Galego de Igualdade e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: calidade na atención á xuventude desde os servicios de información xuvenil.

1. Obxectivos.

Aumentar a calidade da prestación de información nas oficinas de información á xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade o persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 25, 26, 27 e 28 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 15.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A calidade na prestación da información nas OMIX e SIX. Características básicas da xuventude. Indicadores de calidade en información xuvenil. Técnicas de investigación social no ámbito da información xuvenil. Dinámica de grupos. Asociacionismo xuvenil. As novas tecnoloxías na información xuvenil. A documentación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou

nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: colectivos de difícil inserción e o efecto diferencial por xénero.

1. Obxectivos.

Incorporar a perspectiva de xénero á atención ó público, en particular a colectivos en situación de exclusión social.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia con funcións de atención ó público.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 7, 8, 9, 10 e 11 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Colectivos en situación de dificultade. Atención ás mulleres e homes en exclusión. A exclusión e o seu efecto segundo o xénero. Recursos: acceso e funcións. Casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó Servicio Galego de Igualdade e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: adopción, vinculación afectiva e transtornos da vinculación.

1. Obxectivos.

Dotar os equipos psicosociais de adopcións dunha formación básica en vinculación afectiva e transtornos da vinculación. Proporcionar ferramentas para a avaliación da vinculación afectiva entre pais e fillos na construcción familiar a través da adopción, como instrumento de detección precoz de risco social e/ou crise familiar.

2. Destinatarios.

Persoal das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado e

dos servicios centrais que traballen na área de adopcións.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal que ocupe postos de traballo relacionado co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3 e 4 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas, os días 2 e 3, e das 9.00 ás 13.00 horas o día 4 de xuño.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Apego, vinculación afectiva, adopción. Estilo de apego: tipoloxía e avaliación. Transtornos da vinculación. A avaliación da vinculación afectiva entre pais e fillos adoptivos. Apego adulto e adopción. Análise da intervención dos técnicos e profesionais que interveñen nos procesos de adopción.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e presentaranse no rexistro xeral desta consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: programación e elaboración de proxectos desde os servicios de información xuvenil.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ás persoas que traballan na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como os interesados nesta temática, uns coñecementos teórico-prácticos para organizar, programar ou deseñar xornadas informativas dirixidas á mocidade do seu ámbito de actuación.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 15, 16, 17 e 18 de xuño.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 15.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A programación: obxectivos, contados, métodos, actividades, recursos materiais e medios didácticos e a avaliación no ámbito da xuventude.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: especialización en defensa contra incendios forestais.

1. Obxectivos.

Estudio da estructura organizativa e funcionamento dos distritos forestais. Plan Infoga e procedemento operativo. Planificación, organización, control e xestión de medios tanto aéreos como terrestres situados nun distrito forestal. Afondar no coñecemento na loita contra os incendios forestais, referido ás particularidades da Comunidade Autónoma galega.

2. Destinatarios.

Xefes de garda dos centros de coordinación central, provincial e de distrito.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase na Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais entre todos os xefes de gardas dos distintos centros de coordinación do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

a) Funcionarios.

b) Persoal interino

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21 e 22 de abril

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.30 horas e das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

O Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, O Plan Infoga e o Procedemento Operativo. Análise,

comportamento do lume nun incendio forestal. Métodos de extinción. Operacións con motobombas e maquinaria pesada. Operacións con medios aéreos. Planificación, organización, control e xestión de medios tanto aéreos como terrestres. Aplicación informática para a supervisión de medios aéreos. Vixilancia preventiva. Rede de vixilancia. A utilización de satélites para a detección e monitorización de incendios forestais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión do curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, e, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de proxectos. Control e dirección de obra.

1. Obxectivos.

Programación e control de proxectos. Avaliación dos contidos dun proxecto.

2. Destinatarios.

Técnicos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente dos servicios provinciais e servicios centrais.

3. Criterios de selección.

Técnicos da Consellería de Medio Ambiente coa seguinte priorización:

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais e nos servicios centrais entre todos os técnicos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que nas súas tarefas de desempeñen traballos relacionados co contido do curso.

3.1. Funcionarios.

3.2.Persoal interino.

3.3. Persoal laboral.

3.4. Técnicos doutras direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente que teñan entre as súas tarefas temas relacionados co curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 10, 11, 12, 13, 14, 18 e 19 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 13.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Utilizando o programa informático PRESTO: estimación de custos, seguridade e saúde; crear unha

obra a partir dunha obra modelo. Estructura, capítulos dunha obra. Informes. Axuste de prezos. Modificación de prezos. Control de obra.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión do curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente, e presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de residuos industriais.

1. Obxectivos.

Analiza-la lexislación aplicable á xestión de residuos industriais, as súas características tanto xurídicas como técnicas, así como os procedementos administrativos que soporta, as modificacións que introduce en relación coa lexislación existente, o seu cumprimento, vixilancia e control por parte da Inspección Ambiental, así como as responsabilidades e o réxime sancionador.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

a) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Este persoal será titulado superior de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.)

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 10, 11 e 12 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Lexislación aplicable: autonómica, estatal e comunitaria. Ámbito de aplicación. Residuos industriais: clasificación. Tipos de residuos industriais xerados en Galicia e principais actividades industriais xeradoras destes residuos. Xestión dos residuos industriais segundo o tipo de residuo: a súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Plan de xes

tión de residuos industriais e solos contaminados de Galicia. Caso práctico: visita a unhas instalacións de xestión de residuos industriais. A experiencia doutras comunidades autónomas e outros países na xestión e control dos residuos industriais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701. Santiago de Compostela.

As instancias presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións o en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: desenvolvemento sustentable e integración ambiental.

1. Obxectivos.

Dar a coñecer o concepto de desenvolvemento sustentable e o reto que representa para unha Administración autonómica a súa aplicación práctica. Formar a persoal no seguimento que se fará da Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible, en particular na integración da variable ambiental nas diferentes políticas sectoriais. Explicar o papel da autoridade ambiental e a súa participación na avaliación dos criterios ambientais dos fondos europeos. Dar a coñecer a futura avaliación ambiental estratéxica a que deberán someterse os plans e programas elaborados polas consellerías

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e laborais fixos dos grupos I e II, preferiblemente dos servicios centrais da Xunta de Galicia das diferentes consellerías.

3. Criterios de selección.

O persoal será seleccionado de acordo o seguinte orde de preferencias: persoal que participe directamente na Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible. Persoal da Consellería de Medio Ambiente. Persoal que estea interesado en formarse nestes temas e participe na definición de plans e programas nas diferentes consellerías.

Serán preferentes os funcionarios de carreira, persoal interino, laborais fixos, maior antigüidade, maior titulación.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 14 e 15 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O concepto de desenvolvemento sustentable: antecedentes e situación actual. As estratexias de desenvolvemento sustentable: Administración europea, estatal, autonómica e local. A Estratexia Galega de Desenvolvemento Sustentable Integración da variable ambiental nas políticas sectoriais. A autoridade ambiental de Galicia e a avaliación do programa operativo. A estratexia de cambio climático e a implicación das políticas sectoriais. O proceso de transposición da avaliación ambiental estratéxica e as súas implicacións practicas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral de Planificación e Promoción do Desenvolvemento Sostible, Centro de Desenvolvemento Sostible, Consellería de Medio Ambiente, 15781- Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados referentes ós criterios de selección, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: explotación de EDAR en Galicia.

1. Obxectivos.

Difundir o coñecemento actualizado da explotación das estacións de tratamentos de augas residuais desde o punto de vista normativo e técnico-práctico, ademais de explicar os criterios de deseño dos diferentes tipos de plantas de tratamento

2. Destinatarios.

Enxeñeiros de camiños, canais e portos e enxeñeiros técnicos de obras públicas da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, é dicir, persoal da Administración Hidráulica de Galicia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 18 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 18, 23, 25 e 30 de marzo; 1 de abril.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 19.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Plan de saneamento, normativa, control e problemática das EDAR. Deseño e construcción de EDAR. Dimensionamento e anteproxectos. Construcción. Instalacións: bombeos e tanques de tormenta. EDAR biolóxicas. Deseño, construcción e explotación. Biodiscos e desinfección. EDAR físico-químicas e compactas. Xestión e lamas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de marzo.

6.2. As instancias dirixiranse ó organismo autónomo Augas de Galicia (Praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento en defensa contra incendios forestais.

1. Obxectivos.

Estudio da estructura organizativa e funcionamento dos distritos forestais. Plan Infoga e procedemento operativo. Planificación, organización e control dos medios tanto aéreos como terrestres situados nun distrito forestal. Afondar no coñecemento na loita contra os incendios forestais, referido ás particularidades da Comunidade Autónoma galega.

2. Destinatarios.

Técnicos dos servicios centrais e provinciais de defensa contra incendios forestais, e técnicos dos distritos forestais da Consellería de Medio Ambiente.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase na Subdirección Xeral de D.C.I.F. entre tódolos técnicos dos servicios centrais e provinciais de defensa contra incendios forestais, e técnicos dos distritos forestais da Consellería de Medio Ambiente, que nas súas tarefas desempeñen traballos relacionados co contido do curso.

3.1. Funcionarios.

3.2. Persoal interino.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5 e 6 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.30 e das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

O Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, O Plan Infoga e o procedemento operativo. Análise, comportamento do lume nun incendio forestal. Méto

dos de extinción. Operacións con motobombas e maquinaria pesada. Operacións con medios aéreos. Planificación, organización e control de medios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a atención ó cidadán en espacios protexidos (2 edicións).

1. Obxectivos.

Coñecer os métodos e medios para dar a coñecer os valores dos espacios protexidos ós visitantes e á poboación nativa destes espacios. Métodos de colaboración entre os xestores dos espacios protexidos e a poboación que reside no espacio protexido ou no seu contorno.

2. Destinatarios.

Pola seguinte orde de preferencia, entre o persoal que non teña realizado o mesmo curso en edicións anteriores:

1. Técnicos que realicen o seu traballo en parques naturais.

2. Axentes forestais destinados en parques naturais.

3. Resto de persoal do parque natural.

4. Resto da gardería.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase segundo a orde establecida no punto anterior nos servicios provinciais nos que estea destinado o persoal, ata completar a cota de asistentes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 4, 5 e 6 de outubro (1ª edición) e os días 18, 19 e 20 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 40 por edición.

5. Contido.

Métodos e medios para dar a coñecer os valores dos parques. Métodos de colaboración entre os xestores e a poboación do parque.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente. As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: emisión e inmisión atmosférica.

1. Obxectivos.

Analizar a lexislación comunitaria e a súa transposición á lexislación estatal, así como os procedementos administrativos que soporta, as modificacións que introduce en relación coa lexislación existente, o seu cumprimento, vixilancia e control por parte da Inspección Ambiental, así como as responsabilidades e o réxime sancionador

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

O curso dirixirase a:

a) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Este persoal será titulado superior de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 25, 26 e 27 de outubro.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Lexislación aplicable: autonómica, estatal e comunitaria. Ámbito de aplicación.

Emisión: puntos de mostraxe. Exemplo de instrucción técnica do modelo catalán. Verificación e calibración de monitores en continuo.

Inmisión: norma EN 12341 para partículas. A súa trazabilidade. Modelos de dispersión.

Emisión-inmisión: exemplo de adaptación dunha gran instalación galega á lexislación de atmosfera. Mesa redonda cos organismos de control da Administración que realizan autocontrois de atmosfera. A experiencia doutras comunidades autónomas e outros países.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701. Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación á meteoroloxía.

1. Obxectivos.

Dar a coñecer os fundamentos básicos en climatoloxía e meteoroloxía coa finalidade de interpretar os fenómenos que teñen lugar na atmosfera.

2. Destinatarios.

Técnicos da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

1. Persoal que teña relación directa coa rede de estacións meteorolóxicas da Consellería de Medio Ambiente.

2. Titulados superiores e titulados de grao medio dos corpos especiais e persoal laboral da Xunta de Galicia que realicen tarefas que estean relacionadas coa meteoroloxía, con preferencia do persoal pertencente á Consellería de Medio Ambiente. Seleccionaranse segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da consellería correspondente, polo que será imprescindible a presentación do citado certificado xunto coa solicitude

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5 e 6 de maio.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Fundamentos de meteoroloxía. Análises de sistemas meteorolóxicos. Meteoroloxía observacional. Predicción meteorolóxica. Clima e cambio climático.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Centro de Desenvolvemento Sostible, San Lázaro, s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados e as referencias ós criterios de selección, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Sistema de Información Xeográfica (SIX). Manexo e aplicación.

1. Obxectivos.

Introducción ó manexo dun SIX e a súa aplicación á xestión de recursos naturais.

2. Destinatarios.

Técnicos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente dos servicios provinciais e servicios centrais.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais e nos servicios centrais entre todos os técnicos que nas súas tarefas desempeñen traballos relacionados co contido do curso.

3.1. Funcionarios.

3.2. Persoal interino.

3.3. Persoal laboral.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24, 25, 26, 27, 31 de maio e 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 19.30 horas

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción os SIX de conceptos xerais, creación de mapas e bases de datos, consulta da información. Impresión e deseño de mapas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e presentaranse no

seu rexistro, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: políticas activas de emprego. Incentivos á promoción de emprego.

1. Obxectivos.

Afondar no coñecemento das medidas de políticas activas de emprego, en especial dos programas de incentivos dirixidos á promoción do emprego.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Administración autonómica, preferentemente destinados en unidades relacionadas coa xestión das políticas activas de emprego.

3. Criterios de selección.

1. Formar parte das unidades relacionadas coa xestión das políticas activas de emprego.

2. Formar parte de unidades xestoras de incentivos á contratación e mellora da empregabilidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 19 ó 22 e do 26 ó 29 de abril e do 3 e 4 de maio.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Módulo I: o Servicio Público de Emprego de Galicia: normativa, competencias e planificación.

Módulo II: programas de cooperación-programas de mellora da empregabilidade: programas mixtos de formación-emprego e programas experienciais. Programas de cooperación: concepto, finalidade e liñas de axuda. Programas mixtos de formación-emprego: escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego. Programas experienciais: tipoloxía, beneficiarios e principais características. Rede de técnicos de emprego: finalidade, funcións e composición da rede. Programa «Labora: Xuventude con experiencia». Programa de fomento da integración laboral de mulleres víctimas de violencia doméstica.

Modulo III: incentivos á contratación por conta allea. Breve análise das modalidades de contratación laboral. Incentivos á contratación temporal. Incentivos á contratación indefinida. Incentivos á integración laboral das persoas con discapacidade.

Modulo IV: incentivos ó autoemprego e á economía social. Características das principais formas xurídicas das empresas. Incentivos ó autoemprego: autónomos-S.L.N.E. Incentivos á economía social: cooperativas e sociedades laborais. Incentivos á promoción da iniciativa empresarial no ámbito local

e rural. Iniciativas empresariais de base tecnolóxica: IEBT. Incentivos á integración laboral das persoas con discapacidade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Promoción do Emprego. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: as prestacións e a inclusión social: modificación da Lei da renda de integración social de Galicia. O Plan galego de inclusión social. Iniciativas comunitarias.

1. Obxectivos.

Estudio da nova regulación da renda de integración social de Galicia e das axudas para situacións de emerxencia social. O plan de inclusión social de Galicia: medidas de coordinación horizontal e vertical. A iniciativa comunitaria Equal: o novo período de acción 2004-2006. O proxecto Stella: a igualdade no acceso ó mercado de traballo.

2. Destinatarios.

Profesionais dos centros e delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais con funcións relacionadas co contido do curso.

3. Criterios de selección.

Funcionarios dos grupos A e B da Administración xeral da Xunta de Galicia e persoal laboral dos niveis I e II da Xunta de Galicia que presten os seus servicios nos servicios centrais, centros e delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e preferentemente os que realicen tarefas de tramitación da Risga e/ou axudas para situacións de emerxencia social.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 18 ó 21 e do 25 ó 27 de outubro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas, excepto o 27 que rematará ás 19.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Modificación da Lei da renda de integración social de Galicia (Risga). O Plan galego de inclusión social. Iniciativas comunitarias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 17 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: estranxeiros, contratos, prestacións por desemprego.

1. Obxectivos.

Facilitar un coñecemento xeral e integrado ó persoal que traballa no ámbito da formación e a colocación sobre as materias obxecto do programa.

2. Destinatarios.

Persoal das oficinas de emprego e das unidades que teñan relación coa promoción do emprego e a formación e colocación.

3. Criterios de selección.

Persoal que desempeñe funcións directamente relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 18 ó 22 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Módulo I. Estranxeiros. Permisos de traballo: concepto e tipoloxía. Continxente de estranxeiros. Emigrante retornado. Inscrición no Servicio Público de Emprego.

Módulo II. Contratos. Concepto e requisitos de formalización. Modalidades de contratación. Contratos bonificados.

Módulo III. Prestacións por desemprego. Tipos de prestacións: contributivas e asistenciais. Situacións protexidas, requisitos, contido e duración. Exportación das prestacións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 3 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Colocación. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: intervención práctica coas persoas con discapacidade (3 edicións)

1. Obxectivos.

Capacitar os profesionais dos centros para realizar plans de coidados individualizados ás persoas con discapacidade. Motivar os profesionais dos centros para mellorar os coñecementos sobre a implementación dos plans de coidados individualizados.

2. Destinatarios.

Educadores/as, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, ETAR, coidadores/as de residencias e auxiliares coidadores/as e centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa, por antigüidade e, se é o caso, en función das necesidades de cada centro

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: CAPD de Sarria, do 25 ó 29 de outubro, CAPD de Redondela, do 4 ó 8 de outubro e Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol A Coruña, do 28 de xuño ó 2 de xullo.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Mobilización de persoas con discapacidade física/psíquica. Habilidades de prevención de lesións na manipulación de persoas con discapacidade. Habilidades na implantación de conductas (AVD). Habilidades na modificación de conductas. Primeiros auxilios.Técnicas de animación sociocultural. Hábitos hixiénicos/prevención de contaxios. Nutrición e hábitos alimenticios. Lexislación: responsabilidade civil/penal da Administración e do coidador de persoas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 17 de setembro (CAPD de Sarria); o 28 de maio (Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo) e o 30 de xuño (CAPD de Redondela).

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da que dependa o centro onde se imparta o curso. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da delegación provincial da que dependa o centro ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: capacitación no uso da clasificación internacional do funcionamento da discapacidade e da saúde.

1. Obxectivos.

Facilitar a formación e capacitación dos membros dos equipos técnicos de valoración de minusvalidez para unha correcta utilización da nova clasificación internacional do funcionamento da discapacidade e da saúde.

2. Destinatarios.

Membros dos equipos técnicos de valoración de minusvalidez.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 18 ó 22 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A familia de clasificacións internacionais da OMS. Antecedentes da CIF. O proceso de revisión. Modelo da CIF e contidos xerais. Estructura da CIF e áreas. Cuestións taxonómicas e terminolóxicas achegadas pola CIF. Aplicacións da CIF na valoración psicolóxica e laboral. Aplicación da CIF para a determinación das actividades de vida diaria. A CIF como marco de referencia na valoración de capacidades laborais. Aplicacións da CIF para a determinación da necesidade do concurso de terceira persoa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 17 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela ou en calquera das

oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: práctico de valoración en neuroloxía, neoplasias, oftalmoloxía.

1. Obxectivos.

Formación e capacitación dos profesionais das valoracións de minusvalidez.

2. Destinatarios.

Profesionais médicos e psicólogos dos equipos de valoración e dos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade.

3. Criterios de selección.

Preferentemente médicos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 3 ó 6 e o 10 de maio

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Exploración neurolóxica. Nocións básicas de neuroimaxe. Exploración oftalmolóxica. Criterios de valoración das neoplasias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 3 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: estratexias ergonómicas para os usuarios das pantallas de visualización de datos.

1. Obxectivos.

Coñecer a normativa e elementos necesarios para o traballo con pantallas de PVD.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que poida considerarse usuario de PVD.

3. Criterios de selección.

Tratándose sempre de traballadores usuarios de PVD, terán preferencia aqueles traballadores que empreguen máis horas diarias no traballo con PVD

e en caso de empate, dirimirase segundo a antigüidade no posto de traballo.

As solicitudes deberan incorporar o tempo diario de utilización real da PVD e mailo tempo de antigüidade no posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: A Coruña, os días 21, 23, 28 e 30 de setembro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Lexislación ó redor das PVD. Nocións de biomecánica. Deseño do posto con PVD. Avaliación do posto con PVD.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 9 de xullo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Delegación Provincial da Coruña ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: as sociedades cooperativas galegas e outras formas de economía social.

1. Obxectivos.

Formar o persoal da Administración autonómica nas características e regulación legal das sociedades cooperativas galegas e nas posibilidades de promoción e fomento das fórmulas empresariais de economía social.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que preste servicios nas áreas relacionadas co cooperativismo ou realice funcións de orientación de proxectos na área de emprego, ou nas áreas relacionadas co mar, co agro ou co desenvolvemento rural.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 25 ó 27 de maio e do 1 ó 3 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas, excepto o día 3 que será das 16.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Regulación legal da sociedade cooperativa galega. Aspectos económicos e sociais. Vantaxes competitivas. Outras formas de economía social. As sociedades laborais. Medidas de apoio. Análise de experiencias galegas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procedementos en materia de relacións laborais.

1. Obxectivos.

Formar o persoal adscrito ós órganos con competencia en procedementos en materias de relacións laborais

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III y IV da Xunta de Galicia, adscritos ós departamentos con competencia de actuación en procedementos en materias de relacións laborais.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 24 ó 27 e 31 de maio e do 1 ó 3 e 7 e 8 de xuño.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Regulación de emprego. Expedientes de infraccións e sancións na orde social. Negociación colectiva. Folgas e peches patronais. Conflictos colectivos e individuais. Empresas de traballo temporal. Sindicatos e asociacións empresariais. Eleccións sindicais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: violencia e maltrato contra as persoas maiores.

1.Obxectivos.

Crear un foro de reflexión sobre unha problemática social case oculta, pero grave coa finalidade de reducila.

2. Destinatarios.

Profesionais dependentes da Xunta de Galicia que traballen na xestión e intervención de programas de persoas maiores.

3. Criterios de selección.

Persoal que desempeñe funcións relacionadas coa temática do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 24 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Concepto e tipoloxía. Indicadores e factores de risco. Xestión dun caso de presunta situación de maltrato detección e protocolo. Prevención primaria e secundaria. Alternativas de intervención. Plan de actuación integral.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 23 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: necesidades das persoas maiores dependentes: carteira de servicios.

1. Obxectivos.

Promover a análise e a adecuación das políticas sociais actuais, para unha correcta atención do fenómeno da dependencia. Capacitar os profesionais de servicios sociais de base e das delegacións provinciais no diagnóstico, valoración social e busca de recursos na atención dos maiores dependentes.

2. Destinatarios.

Persoal que desempeña funcións relacionadas coa atención das persoas maiores.

3. Criterios de selección.

Preferentemente, persoal que desenvolve tarefas de orientación e información da carteira de servicios.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 4 ó 8 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Estudio e diagnóstico da situación sociodemográfica da poboación de maiores dependentes na Comunidade Autónoma galega. Definición. Conceptos: independencia versus dependencia. Tipoloxía das persoas dependentes. Perfís. Marco legal. A incapacidade e tutelaxe dos maiores. Bioética.

Valoración xerontolóxica integral. Intervención multidisciplinar (equipo de valoración xerontolóxica). Comprende: factores físicos, factores psíquicos, factores sociais. factores funcionais. A valoración social a cargo do traballador social. Sistemas de información e valoración social. Programas de apoio familiar. Atención ó coidador.

Carteira de servicios: rede de recursos e programas de prevención e atención á dependencia na Comunidade Autónoma galega. Plan galego das persoas maiores 2001-2006: servicios e programas comunitarios. Servicios e programas especializados. Unha aposta por afrontar a dependencia. Programa de Atención Sociosanitario: Plan galego de atención ó enfermo de alzheimer e outras demencias.Programa de interconsulta especializada en psiquiatría.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Láza

ro, s/n, Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: coidar o coidador: técnicas para o tratamento do estrés nos coidadores (2 edicións).

1.Obxectivos.

Análise da comunicación humana e da relación interpersoal desde diferentes paradigmas. Técnicas de afrontamento do estrés. Análise sistemática de conflictos de grupo.

2. Destinatarios.

Auxiliares de enfermería, ATS/DUE e coidadores de residencias e centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de ser o caso, en función das necesidades de cada centro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Lugo (Residencias das Gándaras), do 31 de maio ó 4 de xuño. Ourense (Residencia da Terceira Idade Nosa Señora dos Milagres), do 14 ó 18 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas (Lugo) e das 16.00 ás 20.00 horas (Ourense).

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O manexo do paciente cunha deterioración importante e progresiva: como manter a ilusión. Aprender a vivir coa morte e coas perdas repetidas. As relacións cos familiares. As dificultades do traballo en grupo e a relación cos compañeiros. Traballar na marxinalidade: a vivencia do illamento

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 19 de abril para o curso das Gándaras e o 15 de maio para o de Nosa Sra. dos Milagres.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da que dependa o centro onde se imparta o curso. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da delegación provincial da que dependa o centro onde se imparta o curso ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería (4 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar o desempeño profesional do auxiliar de enfermería mediante a súa capacitación e perfeccionamento. Establecer orientacións respecto do rol e función do auxiliar de enfermería dentro do equipo interdisciplinario. Humanizar as relacións interpersoais, favorecendo o crecemento e o desenvolvemento persoal. Achegar recursos e habilidades de manexo de problemas e síndromes orgánicas e psicopatolóxicas nas persoas.

2. Destinatarios.

Auxiliares de enfermería das residencias do maior dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e de ser o caso en función das necesidades de cada centro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Residencia do Maior Torrente Ballester), do 18 ó 22 de outubro; Pontevedra (Residencia de Campolongo), do 4 ó 8 de outubro. Oleiros, do 8 ó 12 de novembro. Vigo (Residencia Asistida), do 25 ó 29 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 20.00 horas (A Coruña, Pontevedra e Oleiros) e das 16.30 ás 20.30 horas (Vigo).

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Sociodemografía e dependencia de coidados. Socioloxía do avellentamento. Epidemioloxía da vellez. Síndrome de inmobilidade. Caídas e accidentes. Medidas físicas de contención: problemática. Transtornos do sono. Incontinencias. Hidratación e transtornos metabólicos. Programas de prevención non farmacolóxicos. Tratamentos básicos para AVD nas persoas con síndrome demencial en centros. Transtornos psiquiátricos. Depresión e pseudodemencias. Alucinacións e delirios. Intervención non farmacolóxica. Coidados paliativos e traballo en equipo. O Burn-Out ou «estar queimado» no profesional xerontólogo. ¿Podemos evitalo? Técnicas. Pautas e respostas positivas. Axudas técnicas á discapacidade. Utilidades domiciliarias e en institucións. Novas tecnoloxías. Valoración funcional xeriátrica. Enfermidade infecto-contaxiosa. Técnicas de traballo para a protección do doente e do profesional. Programas de psicoestimulación útiles nas residencias. Urxencias e emerxencias. Medidas básicas en centros

xerontolóxicos. Futuro dos coidados a maiores en Galicia. Novos programas de axudas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución no DOG e rematará o 8 de outubro para o curso da Residencia de Oleiros, o 17 de setembro para os cursos das residencias de Torrente Ballester e Asistida de Vigo e o 3 de setembro para o curso da Residencia de Campolongo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da que dependa o centro onde se imparta o curso. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da delegación provincial da que dependa o centro onde se imparta o curso ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: nutrición e alimentación na terceira idade. Menús adaptados. Opcións dietéticas. A psicoloxía do maior ante as súas limitacións alimentarias (2 edicións).

1. Obxectivos.

Calidade de asistencia e coñecemento profesional

2. Destinatarios.

Persoal do departamento socio-sanitario, de gobernantía e de cociña.

3. Criterios de selección.

Persoal do departamento socio-sanitario, de gobernantía e de cociña, con representación equilibrada dos departamentos afectados e por antigüidade e, de ser o caso, en función das necesidades de cada centro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (Residencia Porta do Camiño) os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de maio e o 1 e 2 de xuño. Vigo (Asistida do Meixoeiro), do 18 ó 22 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.00 ás 18.00 horas (Santiago) e das 16.30 ás 20.30 horas (Vigo).

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Primeiro módulo: nutrición e alimentación na terceira idade. Menús adaptados. Opcións dietéticas. Necesidades basais. Dietas recomendadas.

Segundo módulo: aspectos psicolóxicos e reaccións do maior ante as limitacións da súa dieta. Respostas ante o problema do maior e interacción psicolóxica co maior. Problemática sanitaria e importancia ante o incumprimento da dieta. Excepcións posibles á dieta e posibilidade de flexibilidade en relación á psicoloxía do maior. Factores educativos, sociais, de recursos e a súa incidencia na cultura do maior.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 3 de

abril para o curso da Residencia da Porta do Camiño e o 17 de setembro para o curso de Asistida de Vigo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da que dependa o centro onde se imparta o curso. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da delegación provincial da que dependa o centro onde se imparta o curso ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o asociacionismo dentro e fóra do territorio español. A Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

1. Obxectivos.

Coñecer as características básicas das asociacións e os principios polos que se rexen. Afondar no dereito español de asociación a partir da nova Lei 1/2002.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Administración autonómica.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes que realicen nos seus postos de traballo tarefas relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración : 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 7, 9 e 14 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O asociacionismo: características e principios xerais. A situación a partir da Lei 191/1964. Os cambios introducidos coa Lei 1/2002: a súa incidencia nas novas entidades e asociacións galegas no resto do Estado español. A súa incidencia nas entidades e asociacións galegas xa constituídas.

Nota comparativa coa situación doutros países (Alemaña, Arxentina, etc).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Emigración e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: inmigración e mediación intercultural.

1. Obxectivos.

Acadar a formación necesaria do persoal para o desenvolvemento do seu traballo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Administración autonómica.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes que teñan entre as súas funcións a atención directa do colectivo de inmigrantes, que deberá ser convenientemente acreditado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20 e 21 de abril.

4.3. Horarios: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Política migratoria e programas de intervención coa poboación inmigrante. Marco legal da inmigración. Situación social da poboación inmigrante. Habilidades para a relación de axuda con persoas inmigrantes. Prevención de conflictos: a sensibilización intercultural. A mediación intercultural como alternativa en contextos interculturais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Emigración e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á Unión Europea.

1. Obxectivos.

Familiarización co vocabulario e conceptos básicos do acervo comunitario. Coñecemento do entramado institucional europeo e o seu funcionamento. Aprendizaxe do manexo de ferramentas, bases de datos e recursos que faciliten a busca de información comunitaria.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario dos grupos C e D ou laborais asimilados ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 25, 26, 27, 28 de outubro; 2, 3, 4 e 8 de novembro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Historia e construcción europea. Sistema institucional da Unión Europea. Política de información, documentación e as súas fontes. Caso práctico. Acceso á documentación e lexislación europea. O sistema xurídico europeo. As liberdades fundamentais. A protección dos dereitos humanos na Unión Europea. Política ambiental e política común de pesca. Política de cohesión económica e social.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: as redes informáticas: a rede Internet.

1. Obxectivos.

Divulgar as posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 14, 15, 16, 20, 21 e 22 de decembro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 21.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O acceso á Internet. As conexións. As redes. As páxinas web e as canles de información.As canles de diálogo. O correo electrónico. Os foros de discusión (news).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de persoal.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13, 14, 15, 19, 20 e 21 de abril.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción ó tema. O persoal ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas,

Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o expediente administrativo e os documentos administrativos.

1. Obxectivos.

Indicar os aspectos teóricos e prácticos involucrados na tramitación dos expedientes administrativos, así como estudiar o documento administrativo desde o punto de vista xurídico e as principais formas documentais, todo iso relacionado cos dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos e abordando a problemática xurídica dos rexistros, certificacións e compulsas.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario dos grupos C e D ou laborais asimilados ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27, 28, 29 e 30 de setembro; 4, 5 e 6 de outubro.

4.3. Horarios: das 17.00 ás 20.00 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Custodia, formación e ordenación do expediente. Clases de documentos, formalidades documentais. Dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos. Rexistros, certificacións e compulsas. Acceso ó expediente administrativo e ós arquivos e rexistros.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.