DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 24 de febreiro de 2004 Páx. 2.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de febreiro de 2004 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 18 de febreiro de 2004, cómpre realiza-la seguinte corrección:

No artigo 47º.1.c), no programa Encontros con Galicia, onde di: «(...) organizado polo INSERSO en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación das Migracións (...)», debe dicir: «(...) organizado polo IMSERSO en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación das Migracións (...)».

No artigo 64º.1., relativo ó lugar de presentación, onde di: «En Arxentina: Oficina delegada da Consellería de Emigración no Centro Galicia de Buenos Aires», debe dicir: «En Arxentina: Centro Galicia de Buenos Aires».