DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 24 de febreiro de 2004 Páx. 2.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan cento setenta e nove cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios para agricultores.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

A finalidade principal destes cursos é conseguir unha formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa propia explotación, sen empregar persoal auxiliar, co obxecto de que poidan obte-lo carné de aplicador/manipulador para eses productos, de nivel básico, que os capacite para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de cento setenta e nove cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clases de cursos que se van impartir.

Cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios, nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos dos cursos.

Que os agricultores efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas para poder garantir así unha correcta dosificación, respecto dos prazos de seguridade obrigatorios para cada praguicida e o cumprimento das esixencias legais en vigor en canto a límites de residuos nos alimentos.

Que o aplicador utilice o equipo de protección adecuado para evita-los posibles danos á súa saúde e á doutras persoas.

Que o agricultor coñeza os primeiros auxilios que se deben prestar en caso de que se produza unha intoxicación con praguicidas.

Que as técnicas de aplicación dos praguicidas se realicen de forma que se reduza no posible a contaminación do ambiente.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: agricultores que realicen tratamentos na súa explotación con productos fitosanitarios non clasificados como moi tóxicos e persoal auxiliar de tratamentos.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter, alomenos, 18 anos, e as solicitudes seleccionaranse tendo en conta a súa orde de presentación en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Realización.

Os lugares e datas de realización dos cursos son os que figuran como anexo IV desta resolución.

Duración e horario:

Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 clases prácticas.

O horario de cada curso será das 15.30 ás 19.30 horas de luns a xoves e das 9.00 ás 14.00 horas do venres.

Os coordinadores de cada curso poderán modifica-lo horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo III.

7. Coordinación técnica do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación dos cursos será realizada a través do persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e supervisada polo Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: as persoas que desexen participar neste curso deberán presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I ou anexo II, segundo corresponda, xunto cunha fotocopia do DNI, o xustificante do pagamento da taxa de inscrición e dúas fotografías tamaño carné dentro dun sobre pechado no que se indicará o nome, apelidos e DNI do solicitante.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural das 9.00 ás 14.00 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do primeiro día hábil do mes anterior ó sinalado para a realización do curso. Para os cursos que se realicen no mes de marzo, o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do centro onde se impartirá o curso, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Superación do curso.

O alumno debe asistir a tódalas sesións do curso, e ter superada a proba de avaliación que confirme os

coñecementos adquiridos. Unha vez obtida a cualificación de apto, o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia expedirá de oficio e sen máis trámites o certificado e o carné de manipulador de productos fitosanitarios de nivel básico, que lle será remitido ó interesado. O carné é o único documento

válido para poder exerce-la actividade conforme as esixencias dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2004.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO III

Programa do curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios

Nivel básico:

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicación.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

ANEXO IV

Curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios. Nivel básico.

A impartir por oficinas agrarias comarcais.

Oficinas agrarias comarcaisLugar de realizaciónCódigo cursoMes

Oficina Agraria Comarcal de ArzúaArzúaCO-0064Marzo

Oficina Agraria Comarcal de ArzúaArzúaCO-0067Outubro

Oficina Agraria Comarcal de MelideMosteiro de SobradoCO-0071Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OrdesOrdesCO-0081Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OrdesOrdesCO-0085Outubro

Oficina Agraria Comarcal das PontesA Capela-CalzadosCO-0088Marzo

Oficina Agraria Comarcal das PontesAs PontesCO-0093Novembro

Oficina Agraria Comarcal de CedeiraCedeiraCO-0101Abril

Oficina Agraria Comarcal de CedeiraMoecheCO-0104Outubro

Oficina Agraria Comarcal de FerrolFerrolCO-0105Marzo

Oficina Agraria Comarcal de FerrolValdoviñoCO-0108Marzo

Oficina Agraria Comarcal de FerrolNarón-O ValCO-0111Abril

Oficina Agraria Comarcal de FerrolFerrolCO-0118Outubro

Oficina Agraria Comarcal de FerrolAs SomozasCO-0121Novembro

Oficina Agraria Comarcal de OrtigueiraOrtigueiraCO-0122Outubro

Oficina Agraria Comarcal de PontedeumeMonfero-AltoCO-0124Marzo

Oficina Agraria Comarcal de BaioZas-BaioCO-0129Marzo

Oficina Agraria Comarcal de CambreSadaCO-0135Marzo

Oficina Agraria Comarcal de CarballoCoristancoCO-0142Abril

Oficina Agraria Comarcal de CarballoCoristancoCO-0144Outubro

Oficina Agraria Comarcal de CarballoA Laracha-MontemaiorCO-0145Outubro

Oficina Agraria Comarcal de CorcubiónDumbríaCO-0146Marzo

Oficina Agraria Comarcal de CorcubiónMuxía-MuíñosCO-0147Abril

Oficina Agraria Comarcal de CorcubiónCee-A PereiriñaCO-0148Maio

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraNegreiraCO-0151Marzo

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraNegreiraCO-0152Novembro

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraA BañaCO-0153Novembro

Oficina Agraria Comarcal de NoiaOutesCO-0160Xuño

Oficina Agraria Comarcal de PadrónRoisCO-0168Abril

Oficina Agraria Comarcal de PadrónDodro-ImoCO-0169Maio

Oficina Agraria Comarcal de PadrónTeo-CaloCO-0170Maio

Oficina Agraria Comarcal de PadrónTeo-RamallosaCO-0172Novembro

Oficina Agraria Comarcal de PadrónPadrónCO-0173Novembro

Oficina Agraria Comarcal de RibeiraRibeiraCO-0175Marzo

Oficina Agraria Comarcal de RibeiraRibeiraCO-0176Marzo

Oficina Agraria Comarcal de RibeiraRibeiraCO-0177Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Sta. CombaSta. CombaCO-0181Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Sta. CombaMazaricos-A PicotaCO-0184Novembro

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de CompostelaVedra-SarandónCO-0187Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de CompostelaSantiago de C.-EixoCO-0188Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de CompostelaVedraCO-0191Abril

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de CompostelaVedra-SarandónCO-0193Maio

Oficina Agraria Comarcal de Santiago de CompostelaVal do Dubra-BembibreCO-0197Outubro

Oficina Agraria Comarcal da FonsagradaA FonsagradaLU-0100Marzo

Oficina Agraria Comarcal de CastroverdeCastroverdeLU-0104Xuño

Oficinas agrarias comarcaisLugar de realizaciónCódigo cursoMes

Oficina Agraria Comarcal de FriolFriolLU-0106Marzo

Oficina Agraria Comarcal de FriolFriolLU-0107Abril

Oficina Agraria Comarcal de FriolFriolLU-0108Abril

Oficina Agraria Comarcal de LugoLugoLU-0110Abril

Oficina Agraria Comarcal de LugoLugoLU-0111Novembro

Oficina Agraria Comarcal de MonterrosoMonterrosoLU-0114Maio

Oficina Agraria Comarcal de MonterrosoMonterrosoLU-0115Outubro

Oficina Agraria Comarcal de SarriaSarriaLU-0116Abril

Oficina Agraria Comarcal de SarriaParadelaLU-0117Abril

Oficina Agraria Comarcal de SarriaSamosLU-0118Maio

Oficina Agraria Comarcal de ChantadaChantadaLU-0120Maio

Oficina Agraria Comarcal de ChantadaChantadaLU-0121Outubro

Oficina Agraria Comarcal de QuirogaQuirogaLU-0131Abril

Oficina Agraria Comarcal de FozValadouroLU-0133Maio

Oficina Agraria Comarcal de FozFozLU-0136Novembro

Oficina Agraria Comarcal de MondoñedoMondoñedoLU-0139Marzo

Oficina Agraria Comarcal de MondoñedoAbadínLU-0146Outubro

Oficina Agraria Comarcal de ViveiroXoveLU-0150Marzo

Oficina Agraria Comarcal de ViveiroOurolLU-0151Maio

Oficina Agraria Comarcal de ViveiroCeleiroLU-0152Outubro

Oficina Agraria Comarcal de GuitirizBegonteLU-0154Abril

Oficina Agraria Comarcal de GuitirizGuitirizLU-0155Maio

Oficina Agraria Comarcal de MeiraMeiraLU-0159Maio

Oficina Agraria Comarcal de MeiraCastro de ReiLU-0160Setembro

Oficina Agraria Comarcal de VilalbaMurasLU-0164Marzo

Oficina Agraria Comarcal de VilalbaVilalbaLU-0165Abril

Oficina Agraria Comarcal de BandeBandeOU-0004Novembro

Oficina Agraria Comarcal de CelanovaCelanovaOU-0006Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OurenseOurenseOU-0009Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OurenseN. Ramuín-CarballeiraOU-0010Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OurenseVilamarínOU-0011Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OurenseOurenseOU-0012Marzo

Oficina Agraria Comarcal de OurenseA PeroxaOU-0013Setembro

Oficina Agraria Comarcal de RibadaviaRibadaviaOU-0021Marzo

Oficina Agraria Comarcal de AllarizAllarizOU-0034Marzo

Oficina Agraria Comarcal de AllarizX. Ambía-PazosOU-0035Outubro

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerínOU-0042Marzo

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerínOU-0045Abril

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerínOU-0050Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaSarreausOU-0052Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaXinzo de LimiaOU-0053Xuño

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaXinzo de LimiaOU-0056Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de LimiaXinzo de LimiaOU-0057Novembro

Oficina Agraria Comarcal da GudiñaA GudiñaOU-0059Abril

Oficina Agraria Comarcal da RúaPetínOU-0062Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Castro CaldelasCastro CaldelasOU-0067Marzo

Oficina Agraria Comarcal do Barco O Barco de ValdeorrasOU-0072Maio

Oficina Agraria Comarcal do BarcoO Barco de ValdeorrasOU-0074Outubro

Oficina Agraria Comarcal da Pobra de TrivesA Pobra de TrivesOU-0075Marzo

Oficina Agraria Comarcal da Pobra de TrivesManzaneda-San MiguelOU-0077Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Viana do BoloViana do BoloOU-0078Abril

Oficina Agraria Comarcal da EstradaA Estrada-ToedoPO-0065Marzo

Oficina Agraria Comarcal da EstradaA Estrada-ToedoPO-0069Maio

Oficina Agraria Comarcal de ForcareiCerdedoPO-0078Outubro

Oficina Agraria Comarcal de SilledaSilledaPO-0082Marzo

Oficina Agraria Comarcal de SilledaSilledaPO-0083Setembro

Oficina Agraria Comarcal da CañizaA CañizaPO-0085Marzo

Oficina Agraria Comarcal da CañizaA CañizaPO-0086Marzo

Oficina Agraria Comarcal da CañizaA CañizaPO-0092Xuño

Oficina Agraria Comarcal de PonteareasPonteareasPO-0100Marzo

Oficina Agraria Comarcal de PonteareasSalvaterraPO-0106Maio

Oficina Agraria Comarcal de RedondelaRedondelaPO-0115Marzo

Oficinas agrarias comarcaisLugar de realizaciónCódigo cursoMes

Oficina Agraria Comarcal do PorriñoVigo-ValladaresPO-0118Marzo

Oficina Agraria Comarcal do PorriñoMos-CelaPO-0120Xuño

Oficina Agraria Comarcal do PorriñoMos-TorrosoPO-0122Setembro

Oficina Agraria Comarcal do RosalTomiño-TebraPO-0127Marzo

Oficina Agraria Comarcal do RosalO RosalPO-0128Marzo

Oficina Agraria Comarcal do RosalTomiño-GoiánPO-0129Marzo

Oficina Agraria Comarcal do RosalO RosalPO-0130Marzo

Oficina Agraria Comarcal do RosalO Rosal-A GuardaPO-0132Abril

Oficina Agraria Comarcal do RosalO RosalPO-0139Outubro

Oficina Agraria Comarcal de TuiAreasPO-0143Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Caldas de ReisPortasPO-0147Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Caldas de ReisPortasPO-0148Abril

Oficina Agraria Comarcal de Caldas de ReisMorañaPO-0153Setembro

Oficina Agraria Comarcal de Caldas de ReisCaldas-XaiarPO-0155Outubro

Oficina Agraria Comarcal de Cangas MorrazoCangasPO-0159Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Cangas MorrazoMoañaPO-0163Abril

Oficina Agraria Comarcal de Cangas MorrazoMarínPO-0168Maio

Oficina Agraria Comarcal de Cangas MorrazoBueuPO-0173Setembro

Oficina Agraria Comarcal de Ponte CaldelasVilaboaPO-0181Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Ponte CaldelasPontevedra-MarcónPO-0185Novembro

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0186Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-CastreloPO-0187Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0188Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0189Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-CastreloPO-0190Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0191Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaRibadumia-CabanelasPO-0192Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0197Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-CastreloPO-0198Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados-VilariñoPO-0199Abril

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambadosPO-0200Marzo

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambadosPO-0204Abril

Curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios. Nivel básico.

A impartir en centros de formación e experimentación agraria.

CENTROS DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGRARIALUGAR

DE REALIZACIÓN

CÓDIGO

CURSO

DATA

GUÍSAMOGUÍSAMOCO-0007MARZO

GUÍSAMOCO-0008ABRIL

GUÍSAMOCO-0014MAIO

GUÍSAMOCO-0026SETEMBRO

GUÍSAMOCO-0034OUTUBRO

GUÍSAMOCO-0038NOVEMBRO

SERGUDESERGUDECO-0053MAIO

BECERREÁBECERREÁLU-0003MARZO

BECERREÁLU-0004MARZO

BECERREÁLU-0018OUTUBRO

BECERREÁLU-0019OUTUBRO

MONFORTE DE LEMOSO INCIOLU-0025MARZO

LÁNCARALU-0026MARZO

ESCAIRÓNLU-0029MARZO

MONFORTE DE LEMOSLU-0030MARZO

FERREIRALU-0033ABRIL

SAN CLODIOLU-0037ABRIL

O PÁRAMOLU-0038ABRIL

TRIACASTELALU-0039ABRIL

MONFORTE DE LEMOSLU-0054OUTUBRO

PEDRO MURIASVILAFRAMILLU-0065MARZO

VILAFRAMILLU-0066MARZO

VILAFRAMILLU-0067MARZO

VILAFRAMILLU-0073ABRIL

VILAFRAMILLU-0088ABRIL

VILAFRAMILLU-0089ABRIL

CENTROS DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGRARIALUGAR

DE REALIZACIÓN

CÓDIGO

CURSO

DATA

VILAFRAMILLU-0090ABRIL

VILAFRAMILLU-0092ABRIL

LOURIZÁNLOURIZÁNPO-0001MARZO

LOURIZÁNPO-0008ABRIL

LOURIZÁNPO-0025OUTUBRO

LOURIZÁNPO-0026NOVEMBRO

RIBADUMIALEIROPO-0032ABRIL

LEIROPO-0036OUTUBRO

SALCEDA DE CASELASENTENZAPO-0032MARZO

ENTENZAPO-0039ABRIL

ENTENZAPO-0049XUÑO

ENTENZAPO-0057OUTUBRO

CERNADASCERNADASCO-0039ABRIL

CERNADASCO-0041MAIO