DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 23 de febreiro de 2004 Páx. 2.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 19 de febreiro de 2004 polo que se fai designación da Comisión de Radio e Televisión en relación coas eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado convocadas polo Real decreto 100/2004, do 19 de xaneiro.

A Xunta Electoral Provincial, en reunión do día da data, á vista da delegación efectuada pola Xunta Electoral Central por medio de Instrucción do 10 de febreiro en curso (BOE número 37, do 12 de febreiro), acordou designa-la Comisión de Radio e Televisión en relación coas eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado convocadas polo Real decreto 100/2004, do 19 de xaneiro, que se celebrará o 14 de marzo, á que conforme dispón o artigo 65.5º da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, lle corresponde, baixo a dirección desta Xunta Electoral Provincial, efectua-la proposta de distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública de ámbito rexional ou provincial e daqueloutros medios de ámbito similar, que teñan tamén o carácter de públicos.

A Comisión de Radio e Televisión, que se constituirá o vindeiro día 20 dos correntes, ás 17.00 horas, na secretaría desta Xunta Electoral Provincial, estará formada polas seguintes persoas:

Presidente: José Luis Iravedra Lestal, proposto polo Partido Popular.

Vocais: Francisco Suárez Fernández, proposto polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e Lois Obelleiro Piñón, proposto polo Bloque Nacionalista Galego.

A Coruña, 19 de febreiro de 2004.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS

LABORAIS