DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 23 de febreiro de 2004 Páx. 2.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 18 de febreiro de 2004 polo que se fai pública a comunicación do director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, participando o Plan de cobertura da TVG e RTG, S.A. para a campaña das eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado que se celebrarán o 14 de marzo de 2004, e que inclúe previsión de debates e entrevistas.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE nº 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, participando o Plan de cobertura da TVG e RTG, S.A.

para a campaña das eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado que se celebrarán o 14 de marzo de 2004 e que inclúe previsión de debates e entrevistas.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la dita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, primeiro andar, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que coiden pertinentes.

A Coruña, dezaoito de febreiro de dous mil catro.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña