DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 23 de febreiro de 2004 Páx. 2.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 17 de febreiro de 2004 polo que se fai pública a comunicación do Consello de Administración de Radio Televisión Española, en reunión do día 5 de febreiro sobre as entrevistas programadas na Radio I Galicia, os días 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11 e 12 de marzo de 13.10 a 13.30 horas.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da Instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de febreiro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación do Diario Oficial de Galicia da comunicación do Consello de Administración de RTVE, en reunión do día 5 de febreiro sobre as entrevistas programadas en Radio I Galicia os días 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11 e 12 de marzo de 13.10 a 13.30 horas.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la dita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta primeira, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do presente acordo e formula-los recursos que estimen pertinentes.

A Coruña, dezasete de febreiro de dous mil catro.

Cándido Curiel Fernández

Secretario da Xunta Electoral Provincial

da Coruña