DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 23 de febreiro de 2004 Páx. 2.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 19 de decembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade do edificio da Casa da Xuventude de Cuntis (Pontevedra) situado na estrada de circunvalación.

Polo Decreto 430/2003, do 27 de novembro (DOG nº 241, do 12 de decembro), desafectouse un inmoble

da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Inmoble situado na estrada de circunvalación, s/n, no municipio de Cuntis (Pontevedra); que ten unha superficie construída aproximada de 274 m. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis a favor da Comunidade Autónoma de Galicia como predio nº 8644, folio 106, libro 120, tomo 689, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA