DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 23 de febreiro de 2004 Páx. 2.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2004, conxunta da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e o Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se fai público o contido da addenda ó convenio de colaboración do 17 de outubro de 2001, entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Consellería de Economía e Facenda e o Instituto Galego de Promoción Económica, para apoia-la posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais de maiores asistidos de iniciativa privada.

Con data do 2 de febreiro de 2004 a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape asinaron a addenda ó convenio de colaboración, do 17 de outubro de 2001, para apoia-la posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada (DOG nº 220, do 14 de novembro).

Polo que antecede, e no uso das facultades conferidas á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, así como polo Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, modificado polo Decreto 7/2004, do 8 de xaneiro, e á directora xeral do Igape pola Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESÓLVESE:

Facer público o texto da addenda ó convenio de colaboración do 17 de outubro de 2001 entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para apoia-la posta en marcha na Comu

nidade Autónoma de Galicia de centros residenciais de maiores asistidos de iniciativa privada, que figura como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2004.

Mª José Cimadevila CeaMargarita Rodríguez Rama

Conselleira de Asuntos Sociais,Directora xeral do Instituto

Emprego e Relacións LaboraisGalego de Promoción Económica

ANEXO I

Addenda ó convenio de colaboración do 17 de outubro do 2001 entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para apoia-la posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais de maiores asistidos de iniciativa privada.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2004.

Reunidos dunha parte:

Mª José Cimadevila Cea, conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, nomeada polo Decreto 20/2003, do 18 de xaneiro, en uso das facultades que lle veñen atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como no Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Doutra parte:

José Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Instituto Galego de Promoción Económica, actuando ó abeiro das facultades que lle veñen conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente e o artigo 11 da Lei 5/1992, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ámbalas dúas partes, no nome e representación que teñen e coa capacidade legal para este acto,

EXPOÑEN:

1. Que con data do 17 de outubro de 2001, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (na actualidade, e en adiante, Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais) e a Consellería de Economía e Facenda e o Igape asinaron un convenio para apoia-la posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada.

2. Que o referido convenio prevé a construcción de centros residenciais naquelas comarcas que presentan maiores insuficiencias en canto a dotacións e ratios de cobertura de prazas asistenciais para maiores asistidos.

3. Que neste sentido, no Plan de Maiores de Galicia se recollen sinaladamente 21 comarcas de atención e actuación preferente, no ámbito da comunidade autónoma, en tanto que o referido convenio do 17

de outubro de 2001, só prevé a atención e actuación sobre 20 proxectos comarcais.

4. Por conseguinte, coa finalidade de abrangue-la totalidade de comarcas definidas no Plan de Maiores como de actuación e atención preferente e

5. Vista a existencia dun interese coincidente, as partes acordan modifica-lo convenio do 17 de outubro de 2001, exclusivamente de acordo coa seguinte

CLÁUSULA

Única.-Pola que se lles dá nova redacción ás cláusulas segunda, sexta e sétima punto dous, que quedarán do seguinte xeito:

Segunda.-No período 2001-2006, poderanse beneficiar das axudas establecidas neste convenio ata 21 proxectos de centros residenciais para maiores asistidos, promovidos pola iniciativa privada, que se van instalar no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co mapa de prioridades establecido pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sexta.-A contribución do Igape elevarase ata un máximo de 11.359.128,77 euros que será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 02.01 10.03.01 656700, nos seguintes exercicios:

Ano 2001: 2.704.554,47 A.

Ano 2002: 2.704.554,47 A.

Ano 2003: 2.704.554,47 A.

Ano 2004: 3.245.465,36 A.

Sétima.-Estes concertos financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 16.01.212B.228, nos seguintes exercicios:

Ano 2003: 4.543.651,51 A.

Ano 2004: 7.572.752,52 A.

Ano 2005: 10.601.853,52 A.

Ano 2006: 12.721.939,02 A.

E en proba de conformidade e para a debida constancia do pactado, asinan esta addenda, por triplicado exemplar, e en tódalas follas, no lugar e data no principio indicados. Asinado: José Antonio Orza Fernández, pola Consellería de Economía e Facenda e o Instituto Galego de Promoción Económica e Mª José Cimadevila Cea, pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.