A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas, e entidades ou organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, e en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O nomeamento dos seguintes vocais do Consello de Administración das Autoridades Portuarias e, en representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan:
Autoridade Portuaria da Coruña.
1. En representación da Confederación de Empresarios da Coruña:
-Juan Chas Rodríguez.
Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.
1. En representación do Concello de Vigo:
-Corina Porro Martínez.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2004.
Alberto Núñez Feijóo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA