DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2004 Páx. 2.230

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de febreiro de 2004 pola que se dispón o cesamento de vocais do Consello de Administración das Autoridades Portuarias da Coruña e de Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vocais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vocais do Consello de Administración das Autoridades Portuarias e en representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan, agradecéndolle-los servicios prestados:

Autoridade portuaria da Coruña.

1. En representación da Confederación de Empresarios da Coruña:

-Severino Ares Lago.

Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

1. En representación do Concello de Vigo:

-Ventura Pérez Mariño.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2004

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA