DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2004 Páx. 2.118

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de febreiro de 2004 pola que se desenvolve o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán.

O Decreto 200/2003, do 20 de marzo, establece no seu artigo 3.3º como rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia as oficinas de rexistro das consellerías, organismos autónomos, entidades de dereito público e demais entes públicos vinculados ou dependentes delas. Cómpre, por tanto, por esta orde, proceder a completa-lo anexo I incluíndo nel o rexistro da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente público vinculado á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, así como o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo autónomo de carácter comercial vinculado á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O Decreto 200/2003, do 20 de marzo, regula tamén, no capítulo II, o funcionamento das oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e fai pública a relación das oficinas propias ou concertadas habilitadas para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde incorpora ó anexo II do mencionado decreto as das novas oficinas da Administración local concertadas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, recollendo aqueles concellos que se incorporaron ó convenio de colaboración entre a Consellería da Presidencia e Administración Pública e a Fegamp desde a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia o 4 de abril de 2003.

Por outra banda, o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, crea o rexistro telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 200/2003 os novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e disposicións adicional primeira e derradeira primeira, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comu

nidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Engádense ó anexo I, oficinas de rexistro da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, e quedan, pois, habilitadas cos efectos previstos no seu artigo 3.3º, as seguintes:

-Rexistro da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) sito na avenida do Camiño Francés, 10-baixo, Santiago de Compostela, A Coruña, como rexistro do ente público, vinculado á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Agader.

-Rexistro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), sito no Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, 15703 Santiago e Compostela, A Coruña, como rexistro do organismo autónomo de carácter comercial, vinculado á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, IGAEM.

Artigo 2º

1. Engádense ó anexo II, oficinas de rexistro da Administración local concertadas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, e quedan pois habilitadas cos efectos previstos no seu artigo 2.2º, as seguintes:

ProvinciaConcelloPublicación

no DOG

Inicio

de rexistro

A CoruñaMesía14-7-200315-7-2003

A CoruñaSomozas, As14-7-200315-7-2003

A CoruñaToques3-2-20044-2-2004

LugoSarria14-7-200315-7-2003

LugoFriol3-2-20044-2-2004

OurenseAmoeiro14-7-200315-7-2003

OurenseCarballeda de Avia14-7-200315-7-2003

OurenseCualedro14-7-200315-7-2003

OurensePadrenda14-7-200315-7-2003

OurensePunxín14-7-200315-7-2003

Ourense Consorcio Contraincendios

e Salvamento de Valdeorras

3-2-20044-2-2004

PontevedraCampo Lameiro14-7-200315-7-2003

PontevedraEntidade Local Menor

de Bembrive

14-7-200315-7-2003

PontevedraArbo3-2-20044-2-2004

PontevedraMondariz3-2-20044-2-2004

Artigo 3º

1. Inclúense no anexo VII do Decreto 200/2003, do 20 de marzo (procedementos para os que está habilitado o rexistro telemático da Xunta de Galicia), e quedan pois hablilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:

-Reencontros das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro coas súas familias e a súa terra. Modalidade acción directa.

-Reencontros das persoas de orixe galega residentes no estranxeiro coas súas familias e a súa terra. Modalidade axudas para viaxes.

-Axudas asistenciais individuais a emigrantes galegos.

-Actividades de campamento do «Rutas Coñece Galicia».

-Programa de prestación por fillo a cargo.

-Solicitude do título de familia numerosa.

-Bolsas de colaboración para proxectos de Investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

-Bolsas para estadías de persoal de centros de estudios galegos de fóra no centro Ramon Piñeiro para Investigación en Humanidades.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA