DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 16 de febreiro de 2004 Páx. 1.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de transporte público de viaxeiros por estrada.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de transporte público de viaxeiros por estrada, con nº de código 3602145 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-1-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Servicio de Transporte de Viajeros por Carretera en Autocar (Servicar), Asociación Provincial de Empresarios de Transportes de Servicios Discrecionales de Viajeros (Asemvidi) e Apotrans, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data 19-12-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación

provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de xaneiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o transporte público de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a tódalas empresas de transporte público por estrada nas actividades de transporte regular e discrecional de viaxeiros, que radiquen na provincia de Pontevedra e que, aínda residindo fóra desta, teñan establecemento dentro dela no que respecta ó seu persoal.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración de dous anos e nove meses, contados desde o 1 de abril de 2003, rematando os seus efectos o 31 de decembro de 2005. Entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro período de vixencia do convenio (1-4-2003 ó 31-12-2003) se retraerán ó 1 de abril de 2003.

Entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes, con tres meses de anticipación,

cando menos, á data do seu remate. Esta denuncia deberá facerse por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, agás unicamente aquelas persoas ás que cita o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentariamente poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos acrecentamentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as condicións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan ó abeiro deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, haberá de se rexer para o primeiro período de vixencia do convenio (1-4-2003 ó 31-12-2003), pola táboa salarial anexa.

Para o período de vixencia do convenio, do 1 de xaneiro de 2004 ó 31 de marzo de 2004, a devandita táboa acrecentarase no IPC do ano 2003 máis o 1%.

Para o período de vixencia, 1 de xaneiro de 2005 ó 31 de decembro de 2005, a táboa salarial anterior incrementarase no IPC do ano 2004 máis o 1%.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e marzo, e faranse efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

A gratificación extraordinaria de marzo, con independencia do seu aboamento, devengarase entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de cada ano.

Artigo 9º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de 30 días naturais, que se collerán nun ou dous períodos. No caso de fraccionamento, será de 31 días naturais. En calquera caso, garántese que os devanditos períodos comprenderán 25 días hábiles, ou 26 días hábiles, no caso de fraccionamento.

No caso de fraccionamento, un dos períodos non será inferior a 8 días naturais. Un deles collerase preferentemente nos meses de verán. As datas de vacacións acordaranse entre empresario e traballadores.

O traballador terá dereito a que a retribución do período vacacional que lle corresponde se lle aboe antes do seu inicio.

Artigo 10º.-Traballos nocturnos.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10.00 da noite e as 6.00 da mañá terán unha retribución específica acrecentada nun 25% sobre o salario base.

Exclúense do cobro do expresado complemento os traballadores que, coa categoría de serenos, gardas e vixilantes, así como coa de lavacoches e mecánico de taller (co límite nos dous últimos casos dun de cada dez vehículos por empresa), fosen contratados especificamente para traballar no período nocturno.

Tamén se exclúen do cobro deste complemento os demais traballadores que realicen traballos nocturnos, cos que se pactaran condicións salariais máis favorables e/ou reducción de xornada laboral, na proporción antes dita.

Artigo 11º.-Conductores-perceptores.

O conductor-perceptor, cando desempeña ó mesmo tempo as funcións de conductor e cobrador, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial polo posto de traballo igual ó 20% do seu salario base, por cada día no que se realicen ámbalas dúas funcións.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servicio terá dereito ó cobro dunha indemnización polos gastos que se lle orixinen, que recibirá o nome de axudas de custo.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira, se a viaxe fose nocturna.

O importe das axudas de custo para o primeiro ano da vixencia do convenio será o que a continuación se reflicte:

1. Galicia: 31,57 euros axuda de custo completa, repartidas en 8,61 euros o xantar, 8,61 euros a cea e 14,36 a durmida.

2. Territorio nacional e Portugal: 37,91 euros axuda de custo completa, repartidas en 10,34 euros o xantar, 10,34 a cea e 17,23 euros a durmida.

3. Restantes países europeos: 69,48 euros axuda de custo completa, repartidas en 18,95 euros o xantar, 18,95 euros a cea e 31,59 euros a durmida.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento do aloxamento e comida do traballador en substitución das axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas no presente artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade que o precedente parágrafo lle recoñece á empresa.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das 12.00 horas e regresen despois das 0.00 horas.

Percibirase a parte da axuda de custo correspondente ó xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das 12.00 horas e regrese despois das 14.00 horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea, cando a saída se faga antes das 20.00 horas e a chegada despois das 22.00 horas.

A durmida correspóndelles ós que cheguen á residencia despois das 0.00 horas.

En viaxes superiores a 3 días de duración, o traballador terá dereito a unha axuda de custo adicional de 2,57 euros, que devengará a partir do 4º día.

O persoal de movemento que comece a súa xornada laboral antes das 6.00 da mañá e que non devengase axuda de custo de durmida, terá dereito a unha axuda de custo de almorzo por importe de 2,27 euros.

Para os períodos de vixencia do convenio, dos anos 2004 e 2005, as cantidades anteriores incrementaranse na mesma porcentaxe da táboa salarial.

Artigo 13º.-Complemento de distancia.

Co fin de compensa-los gastos que se lles producen ós traballadores para incorporarse ós seus postos de traballo habituais, dadas as características desta actividade, as empresas aboarán a cantidade de sesenta e seis céntimos de euro (0,66) por día efectivo de traballo.

Este complemento terá natureza extrasalarial e non cotizable á Seguridade Social, de acordo co establecido na lexislación vixente.

A cantidade antes dita acrecentarase para os anos 2004 e 2005 na mesma porcentaxe da táboa salarial, segundo o establecido no artigo 7º do convenio.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal ordinaria de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores. A xornada anual ordinaria será de 1.816 horas de traballo efectivo. Cando a súa distribución a nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual antes dita.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995 e demais disposicións específicas para o sector de transportes.

Sen prexuízo da aplicación das normas nesta materia para o transporte por estrada, os conductores de vehículos de transporte regular de uso xeral e especial terán dereito, como norma xeral, a un descanso entre xornadas de 12 horas.

Excepcionalmente, o dito descanso poderá ser de 10 horas durante un máximo de 3 días á semana, compensándose as diferencias de menor número de horas de descanso na semana seguinte, engadíndoas ó descanso semanal correspondente.

Por outra banda, o traballador terá dereito como mínimo a unha hora para realiza-la comida do mediodía, no período comprendido entre as 12.30 e as 16.30 horas.

No caso de que por necesidade do servicio non fora posible realiza-lo xantar nese período, o traballador terá dereito a unha axuda de custo adicional de 2,36 euros.

A contía antes dita acrecentarase para os anos 2004 e 2005 na mesma porcentaxe da táboa salarial, segundo o establecido no artigo 7º do convenio.

Artigo 15º.-Traballos en domingos y festivos.

Os conductores que realicen servicios discrecionais cobrarán un complemento de 27 euros, con independencia do descanso compensatorio.

No caso de conductores que presten servicios regulares en domingos e festivos percibirán o citado complemento coas seguintes excepcións:

a) No caso de que dentro dos sete días posteriores á realización do servicio en domingo ou festivo, o conductor afectado descanse dous días non percibirá o complemento, debendo quedar ben claro que, nos dous referidos días, vai incluído o descanso compensatorio correspondente.

b) No caso de realizar o servicio citado sen librar dous días dentro dos sete días seguintes e a súa xornada de traballo efectivo sexa inferior a catro horas, percibirá o 50% do dito complemento. Para estes efectos, a xornada de catro horas efectivas computarase dentro dun período ininterrompido máximo de seis horas.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e a Orde do 1 de marzo de 1983, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e premantes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes.

Artigo 17º.-Cartilla de control.

Todo o persoal, traballe ou non horas extraordinarias, será provisto dunha cartilla individual ou de ficha de control, na cal se irán anotando aquelas, así como as sucesivas liquidacións que se fagan.

Artigo 18º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou morte de fillos ou cónxuxe. O traballador terá dereito a 1 día máis de licencia, se con tal motivo tivera a necesidade de desprazarse a unha distancia mínima de 80 quilómetros, ida e volta, contados desde o núcleo do concello onde o traballador teña o seu domicilio.

No caso de falecemento de cónxuxe e fillos, o traballador terá dereito a un día máis.

c) Dos días nos casos de enfermidade grave ou morte dos demais parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

d) Un día por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un

período determinado aplicarase o que esta dispón en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes dito supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido, en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no número 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivera dereito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Asuntos propios: o traballador terá dereito a gozar dunha licencia dun día ó ano por asuntos propios, que poderá acumular ós descansos legalmente establecidos no artigo 37.3º a), b) e c) do Estatuto dos traballadores. Eta licencia deberá ser solicitada, por escrito, cunha antelación mínima de sete días.

Artigo 19º.-Cesamentos.

Nos casos de extinción do contrato de traballo de duración determinada e agás despedimento, o empresario estará na obriga de lle notifica-la denuncia ó traballador coa anticipación ó seu remate a seguir se determina, 15 días se a duración é superior a un ano, e 8 días no caso de ser inferior e superior a un mes.

No caso de contratos de interinidade, sexa cal sexa a causa que a motiva, e nos temporais con duración ata un mes, non se esixirá notificación de denuncia con carácter previo.

No caso de non realiza-la denuncia coa devandita anticipación, a empresa aboaralle ó traballador o importe dun día de salario por cada día que falle para completa-los prazos sinalados no parágrafo primeiro.

Por outra banda, todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa a data do seu cesamento, cunha anticipación mínima de 15 días, agás para o persoal non cualificado, para o cal o aviso será de 8 días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do seu contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados neste artigo.

O abandono do posto de traballo sen que transcorresen os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data na que, cumprido o trámite do aviso, lle correspondería o cesamento.

Artigo 20º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para ó cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O rein

greso deberá solicitarse dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só o seu dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou semellante categoría á súa que houbera ou se producisen na empresa.

Artigo 21º.-Uniformes.

Cumprirán a empresa e o traballador canto se refire ós uniformes, conforme o que se determine na vixente ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

As empresas que dispoñan de taller facilitaranlle ó seu persoal calzado adecuado, tendo en conta para iso o traballo específico que o dito persoal desenvolva no taller.

Artigo 23º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo en favor dos seus traballadores, de 21.035,42 euros por cada un, de xeito que en caso de falecemento, invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez por accidente laboral ó servicio da empresa, a devandita cantidade sexa cobrada polo cónxuxe supérstite ou, no seu defecto, polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2004, amplíase a cobertura do devandito seguro, de xeito que as empresas contratarán un seguro a favor dos seus traballadores, por un capital asegurado de 27.045,54 euros, que cubra os riscos de morte, invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez, de acordo coa normativa da Seguridade Social, que se deriven de accidente de traballo ó servicio da empresa.

Artigo 24º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de accidente de traballo, as empresas completarán ata o importe íntegro do salario do convenio e por un máximo de tres meses, contado desde a data da baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

Se ocorrido o accidente de traballo se hospitalizase o traballador, as empresas deberán completar, durante a hospitalización e por un máximo de seis meses, incluído o período de tres meses dito no parágrafo anterior, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Por outra banda, nas situacións de incapacidade transitoria derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, as empresas completarán durante a hospitalización e ata un máximo de seis meses, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 25º.-Retirada do carné de conducir.

No caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a seis meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un vehículo da empresa para a que preste os seus servicios, esta comprométese a facilitarlle ó productor afectado o posto de traballo máis axeitado, de acordo coa súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a 90 días.

Artigo 26º.-Pagamento de multas.

As multas por infraccións de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. No caso de que a infracción non se deba á culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 27º.-Obtención do carné escolar.

Cando un conductor, non contratado para realizar transporte escolar, sexa requirido pola empresa para obter, por primeira vez, a autorización administrativa correspondente para conducir vehículos dedicados a este tipo de transporte, a empresa estará obrigada a aboa-las taxas e demais gastos necesarios para a súa obtención perante os organismos competentes da Administración.

Artigo 28º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os conductores que realicen ó mesmo tempo labores de cobrador, polo menos dúas horas no día, percibirán a cantidade de 0,80 euros por cada día no que leven a cabo estas tarefas.

Para calcula-lo devandito mínimo de dúas horas, realizando servicios como cobrador, estas computaranse tendo en conta os horarios e tempos correspondentes ás expedicións autorizadas pola Xefatura Provincial de Transportes.

Por outra banda, o persoal de facturación e de despacho de billetes que realice labores de cobros en metálico, percibirá a contía de 0,80 euros por cada día efectivo que realice o devandito labor.

As cantidades anteriormente mencionadas incrementaranse para os anos 2004 e 2005 na mesma porcentaxe da táboa salarial, de conformidade co establecido no artigo 7º do convenio.

Artigo 29º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de probas que non poderá exceder de catro meses para os mandos e encargados, e de dous meses para os demais traballadores, cos efectos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 30º.-Licencias sen soldo.

Os traballadores terán dereito a unha licencia dun día sen soldo, por necesidade debidamente xustificada de acompañar fillos menores de idade á consulta médica, ó non existir cónxuxe do traballador ou, no caso de separación ou divorcio, se o traballador tivera a custodia do fillo menor, ou cadre cos días de visita.

Artigo 31º.-Desprazamentos temporais.

Cando por razóns de servicio a empresa desprazase temporalmente os seus traballadores, por tempo superior a tres meses, que esixa residencia en localidade distinta do seu domicilio habitual, os traballadores terán dereito a acumula-los medios días do descanso semanal non desfrutados, ata un total de 6,5 días, sendo por conta do empresario os gastos do desprazamento do traballador ata o seu domicilio para colle-lo devandito descanso.

No caso de o traballador retornar ó seu domicilio antes de chegar a acumula-los 6,5 días de descanso, segundo o disposto no parágrafo anterior, terá dereito a desfruta-lo tempo acumulado de descansos a partir do primeiro día do retorno.

Artigo 32º.-Xubilación forzosa.

Establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade dos traballadores que cumpran cos requisitos esixidos para iso pola Seguridade Social.

Artigo 33º.-Xubilación anticipada.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos, ó tempo do seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no devandito real decreto.

Artigo 34º.-Xubilados e pensionistas.

Os xubilados, pensionistas de longa enfermidade, viúvas e orfos de menos de 18 anos dos traballadores falecidos en activo, das empresas de liñas regulares, terán dereito a viaxar nas liñas das súas respectivas empresas, como se o traballador estivese en activo.

Artigo 35º.-Aprendices.

Os traballadores contratados en formación terán dereito a unha retribución equivalente ó 90% do salario base dun oficial de 3ª, no primeiro ano de duración do contrato, e do 95%, durante o segundo ano de vixencia deste.

Artigo 36º.-Indivisibilidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, consideradas na súa totalidade.

Artigo 37º.-Categoría de azafata.

Nas táboas salariais anexas aparece como nova categoría profesional a de azafata.

Entenderase por tal aquela traballadora encargada de prestar asistencia ós viaxeiros naqueles servicios que así o requiran, por imposición legal ou por decisión da empresa, tanto por razóns de seguridade como de atención ó cliente.

Artigo 38º.-Complemento de circulación.

Co nome de complemento de circulación, créase un complemento de posto de traballo para as azafatas que desempeñen os labores a que se refire o artigo anterior, por un importe de 1,46 euros por cada día no que efectivamente realicen tal cometido.

A devandita cantidade acrecentarase para os anos 2004 e 2005 na mesma porcentaxe da táboa salarial, de acordo co establecido no artigo 7º do convenio.

Artigo 39º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral para entender en cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, integrada por un número igual de representantes económicos e das centrais sindicais asinantes do convenio, a razón dun membro por cada central sindical. A devandita comisión elixirá o presidente, que non poderá ser membro do devandito órgano.

A comisión paritaria deberase reunir nun prazo de mes e medio desde a petición cursada por unha das partes.

Artigo 40º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, aplicarase o disposto na lexislación vixente, así como na ordenanza laboral de transportes por estrada, aínda que esta sexa derrogada polo Goberno e ata a súa substitución por convenio colectivo.

Disposicións adicionais

Primeira.-As diferencias salariais debidas polas empresas como consecuencia da entrada en vigor deste convenio, con posterioridade ós seus efectos económicos do 1 de abril, serán aboadas no prazo máximo de 60 días, contado desde a súa entrada en vigor.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio son as seguintes:

En representación dos traballadores, as centrais sindicais UGT e CC.OO.

En representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios de Servicio de Transporte de Viaxeiros por Estrada en Autocar, Servicar, a Asociación Provincial de Empresarios de Transportes de Servicios Discrecionais de Viaxeiros, Asemvidi e Apotrans.

Vigo, 19 de decembro de 2003.

Táboas salariais

(Vixencia 1-4-2003 ó 31-12-2003)

Euros

-Grupo I. Persoal superior e técnicos:
Subgrupo A)
I. Xefe de servicio1.031,53 mes
II. Inspector principal902,58 mes

Subgrupo B)
I. Enxeñeiros e licenciados946,91 mes
II. Enxeñeiros técnicos e aux. titulados725,30 mes
III. Axudantes técnicos sanitarios660,86 mes

-Grupo II. Persoal administrativo.
I. Xefe de sección788,98 mes
II. Xefe de negociado732,62 mes
III. Oficial de primeira682,56 mes
IV. Oficial de segunda625,63 mes
V. Auxiliar administrativo593,43 mes

-Grupo III. Persoal de movemento:
Subgrupo A) Estacións ou administracións:
Sección 1ª. Persoal de estacións:
Clase 1ª
I. Xefe de estación de primeira779,05 mes
II.Xefe de estación de segunda743,19 mes

Clase 2ª
I. Xefe de administración de primeira779,05 mes
II. Xefe de administración de segunda743,19 mes

Clase 3ª
I. Xefe de administración en ruta707,39 mes

Euros

II. Despachadores de billetes605,91 mes
III. Factor605,91 mes
IV. Encargado de consigna605,91 mes
V. Repartidor de mercadorías20,11 día
VI. Mozo20,11 día

Subgrupo C) Transporte de viaxeiros en autobuses, icrobuses e trolebuses interurbanos.
Subgrupo D) Transporte de viaxeiros en autobuses urbanos:
I. Xefe de tráfico de primeira779,05 mes
II. Xefe de tráfico de segunda743,19 mes
III. Xefe de tráfico de terceira707,39 mes
IV. Inspector22,39 día
V. Conductor22,28 día
VI. Conductor-perceptor22,28 día
VII. Cobrador18,97 día
VIII. Azafata610,68 mes

-Grupo IV. Persoal de talleres:
I. Xefe de taller853,78 mes
II. Encargado ou contramestre731,19 mes
III. Encargado xeral714,31 mes
IV. Encargado de almacén686,77 mes
V. Xefe de equipo24,42 día
VI. Oficial de primeira23,47 día
VII. Oficial de segunda22,45 día
VIII. Oficial de terceira21,58 día
IX. Mozo de taller19,27 día
X. Traballadores en formaciónSegún artigo

35º convenio

-Grupo V. Persoal subalterno:
I. Cobrador de facturas565,72 mes
II. Telefonista565,72 mes
III. Porteiro565,72 mes
IV. Vixilante565,72 mes
V. Limpadora (por horas)2,24 hora
VI. Mozos dos recados de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo idade