DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 13 de febreiro de 2004 Páx. 1.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de xaneiro de 2004 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2004, cómpre face-las oportunas correccións.

No anexo I na base 2. Destinatarios do curso xestor de bases de datos relacionais, onde di: «Funcionarios de Administración local pertencentes ós grupos A e B», debe dicir: «Persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega».

No anexo I na base 2. Destinatarios do curso folla de cálculo avanzado. Microsoft excel, onde di: «Funcionarios da Administración local pertencentes ós grupos A e B», debe dicir: «Persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega».

Deberá aparecer unha base sexta.-Valoración, que diga: para os efectos do establecido na resolución do INAP, do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a estes cursos outorgaráselles unha puntuación de 0,20 puntos.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL