DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 13 de febreiro de 2004 Páx. 1.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral de Xustiza, de convocatoria de bolsas de traballo de funcionarios interinos dos corpos xerais ó servicio da Administración de xustiza en Galicia.

A Lei orgánica do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, establece que os órganos competentes das comunidades autónomas que recibiran os traspasos de medios persoais para o funcionamento da Administración de xustiza, poderán nomear funcionarios interinos, por necesidades do servicio, cando non sexa posible, coa urxencia esixida polas circunstancias, a prestación de servicios por funcionario de carreira, de acordo cos criterios obxectivos que se fixen por disposición da Comunidade Autónoma.

Polo Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza, funcións que foron asumidas por Decreto 438/1996, da Xunta de Galicia, e asignadas a esta consellería.

Por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local do 4 de febreiro de 2004 regúlase a selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios nos corpos xerais ó servicio da Administración de xustiza en Galicia.

Esgotada a vixencia das bolsas convocadas por Orde do 25 de xaneiro de 2001, procede efectuar nova convocatoria.

Con base no anteriormente exposto, e aplicación das funcións que corresponden a este centro directivo segundo o Decreto 226/2003, do 11 de abril, polo que se aproba a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local,

DISPOÑO:

1. Convócase proceso de formación de bolsas de traballo para desempeñar interinamente os postos de funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial nos órganos da Administración de xustiza en Galicia.

2. Esta convocatoria regúlase polo establecido na orde da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local do 4 de febreiro de 2004 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ó servicio da Administración de xustiza en Galicia.

3. Formarase unha bolsa de traballo por cada corpo de funcionarios; cada bolsa estará integrada polos candidatos seleccionados, ordenados nunha listaxe en función da puntuación que obtivesen de conformidade co previsto no punto 8 desta resolución. Seguindo a orde

da lista produciranse os nomeamentos como funcionarios interinos para desempeña-los postos de traballo.

4. Só se poderá estar incluído nunha bolsa de traballo; se é o caso, o interesado deberá optar por unha bolsa

de conformidade co previsto no artigo 12.3º da orde mencionada anteriormente.

5. O número de integrantes das bolsas de traballo serán como segue:

CorpoA CoruñaLugoOurensePontevedra

Bolsa de traballoCota de reservaBolsa de traballoCota de reservaBolsa de traballoCota de reservaBolsa de traballoCota de reserva

Xestión procesual e administrativa301584732412

Tramitación procesual e administrativa61321681695027

Auxilio xudicial20106353179

6. Reservarase o 5 por cento dos postos de cada lista para persoas cun grao de minusvalidez recoñecido superior ó 33 por cento, sempre que acrediten a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias dos funcionarios dos corpos mencionados no punto 1 desta resolución.

7. As bolsas de traballo terán unha vixencia de dous anos, agás que se esgote algunha das súas listaxes ou que, por modificacións lexislativas ou por circunstancias especiais, sexa necesario realizar unha nova convocatoria.

8. Os candidatos á inclusión nas bolsas de traballo deberán reunir, na data en que remate o prazo de presentación de instancias, as condicións xerais e específicas previstas nos artigos 7 e 8 da orde de selección e nomeamento mencionada no punto 2 desta resolución. A valoración de méritos rexerase polo establecido no artigo 10 da devandita orde.

9. As solicitudes para a inclusión nas bolsas de traballo deberán formularse no modelo que figura no anexo I desta resolución no prazo de quince días naturais seguintes ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

10. Coa solicitude para a inclusión nas bolsas de traballo deberanse achega-los seguintes documentos:

a) Documento nacional de identidade vixente.

b) Certificado de empadroamento ou residencia cando non sexa coincidente co que figura no DNI.

c) Documento acreditativo de estar inscrito no servicio público competente como demandante de emprego ou para mellora de emprego.

d) Documentación académica acreditativa de estar en posesión da titulación prevista no artigo 8.1º da orde sobre selección e nomeamento anteriormente dita. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá achegarse a documentación que acredite a súa homologación.

e) No caso de persoas con minusvaliez achegarase un certificado acreditativo do grao de minusvalidez, así como unha certificación de compatibilidade para o desempeño das funcións do corpo de funcionarios ó que se refira a solicitude, expedido polo equipo de valoración de minusvalideces.

12. No caso de prestar con anterioridade servicios na Administración de xustiza como funcionario interino, farase constar na solicitude especificando o corpo, o órgano xudicial e os períodos de tempo. Só se terán

en conta os períodos alegados na solicitude. Están exentos de presenta-la certificación de servicios as persoas inscritas nas anteriores bolsas de traballo de oficiais, auxiliares e axentes interinos formadas por esta consellería. As demais persoas poderán acreditar estes servicios por medio da certificación do xefe do Servicio de Xerencia ou xerente territorial correspondente. No seu defecto, poderán achegar un certificado do fiscal xefe, do director do instituto ou do secretario xudicial dos órganos ou servicios onde se prestasen, ou ben copias das actas de toma de posesión e cesamento en cada un deles.

13. Non é necesario achega-la certificación acreditativa da participación nas últimas probas realizadas para o ingreso nos corpos de funcionarios da Administración de xustiza; sen embargo, esta circunstancia debe ser alegada polo solicitante no modelo de instancia.

14. As solicitudes de inclusión nas bolsas de traballo dirixiranse o Servicio de Xerencia de Xustiza sito na avenida Alfonso Molina, 1, baixo, 15006 A Coruña, e poderán presentarse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou de calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse por correo certificado, para o cal se presentarán nas oficinas de correos en sobre aberto co obxecto de ser datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os solicitantes deberán remiti-la solicitude que teña o selo da oficina de correos, sen que poidan admitirse as instancias que non cumpran este requisito pasado o prazo de presentación.

De conformidade co previsto no artigo 38.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a achega da documentación mencionada no punto 10 anterior poderá realizarse presentando os orixinais na oficina de rexistro xunto cunha copia. A oficina de rexistro realizará o cotexo dos documentos e copias, comprobando a identidade dos seus contidos, devolverá os orixinais ó solicitante e unirá a copia, unha vez dilixenciada cun selo ou acreditación de compulsa, á solicitude para a súa remisión ó Servicio de Xerencia de Xustiza.

Santiago de Compostela, 4 de febrero de 2004.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza