DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 13 de febreiro de 2004 Páx. 1.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 5 de febreiro de 2004 pola que se modifica a composición da Comisión de Selección de Investigación.

O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, (DOG do 6 de febreiro), creou a Comisión de Selección de Investigación e por orde desta consellería do 11 de marzo de 2003, nomeáronse os seus membros.

A necesidade de que a comisión inicie as reunións que lle permitan elaborar propostas de resolución das accións do Programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, esixe realiza-las modificacións que se consideran necesarias na composición da dita comisión.

Polo que antecede, e atendendo á proposta do director xeral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

O cesamento como membros da Comisión de Selección de Investigación dos vocais que a seguir se relacionan, agradecéndolle-los servicios prestados:

Vocais:

-Francisco Javier Cuadrado Aranda.

-José Manuel Sánchez Santos.

-José Luis Veira Veira.

Artigo 2º

Nomear como vocais da Comisión de Selección de Investigación as persoas que de seguido se relacionan:

Vocais:

-Ignacio Colominas Ezponda. Área de ensinanzas técnicas.

- Ángel Santiago Fernández Castro. Área de ciencias económicas.

-Jorge Torres Santomé. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL