DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 13 de febreiro de 2004 Páx. 1.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de xaneiro de 2004 pola que se declara como benéfico-social a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 14, do 22 de xaneiro de 2004, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 986, no parágrafo 4º onde di:

«Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego».

Debe dicir:

«Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese

galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego».